vendredi, février 16, 2007

ARTIGO PUBLICADO NA REXIÓN

ESTA NOVA GUERRA…

Punto de partida? Machala, Ecuador. Destino? España, Europa. Obxectivo? Calidade de vida. Futuro? Non existe.

Así de negra é a situación dalgunhas persoas que, crendo morrer de injustiza social, saen de América Latina para vir a este paraíso artificial, a este Vello Continente de grandes personaxes e historias da historia, coa finalidade de sacar da miseria a súa familia e, finalmente, o único que atopan é a morte, esa que non dá segundas oportunidades, a que nas sabias palabras de Manrique achega aos pobres e aos ricos.

Seguro que Armando Estacio e Carlos Alonso Parate tiñan un soño: facer fortuna e voltar ao seu país. Cumpriron o seu desexo. Regresar regresaron, pero de que maneira:

nun avión e no seu cadaleito, cunha morea de xente esperándoos. En canto a fortuna pois si, a súa familia recibirá unha importante indemnización que, de seguro non compensará esta perda. Esto do terrorismo é complicado, e, cando un non sabe de que vai o rollo, o de ETA soa terríbel, e case pode parecer a todas as víctimas deste atentado que os familiares e amigos residentes en España poderían morrer igualmente. Que isto non é así, sabémolo nós ,que vivimos aquí, pero os ecuatorianos que viven nunha situación paupérrima e, cuxa lóxica e primordial preocupación é o alimento, non teñen nin idea, nin falta que lles fai porque esto do proceso de paz, non o entenden nin os propios políticos. Agora trala vida cercenada de dous emigrantes, aspirantes a seres humáns cunha vida digna, os voitres van á prea e as críticas ao Goberno non se fan esperar. Na procura do ben de todos? Dubídoo. Eu penso que sobre todo por intereses electorais porque o poder ten unha erótica de muros impenetrábeis que parece meter brétemas nos ollos da clase política que remata facendo causa da división no canto de facer causa da paz. Así que todas as análisis sobre á negación dun posíbel diálogo cando a organización non avisa nin sequera de que rompe a tregua, parécenme obvias. ETA promete e promete pero,señores, non cumpre, e aínda por riba parece que considerara que o atentado da T4 non fose tal porque non tiña previsto mortes, é decir que cada bomba que estoupe non será considerada como un atentado senon hai víctimas ou se estas son as mínimas por un fallo técnico nas previsións da banda? Foi Armando un fallo técnico? Pregúntome isto polo feito de que eles parecen pensar que non se interrompeu o proceso de paz . O que nos corresponde a nós? Non facer como as mulleres maltratadas e perdoar todo o tempo.

As armas por riba da mesa primeiro. Hai demasiada dor e demasiada morte para obviar ese detalle. E senón que lle pregunten a Armando Estacio que se non quedara no coche estaría vivo. Mala sorte.



Rosa Enríquez

7 commentaires:

Anonyme a dit…

anónimamente! hola

Anonyme a dit…

ó fin, a gora xa non é necesario ter unha conta no blogger, nin en ningures para escribirmos unha mensaxe.

Chega con pulsar co rato no circuliño de "anónimo", e logo de poñer a mensaxe premer en "publicar comentario" ; que sinxelo :D

Anonyme a dit…

Rosa creo que fas unha acertada análise do que supón o fenómeno terrorista. Agrádame comprobar que a base do nacionalismo galego é firme na loita contra un dos problemas do noso País. Gostame a prosa e como desenvolves a idea e a claridade de ideas. Oreius

Anonyme a dit…

Estoy totalmente de acuerdo contigo en todo lo que escribes y como lo escribes, con respecto a este tema del atentado de la T4. Lo expresas de una manera que llega al corazón de cualquiera. Enhorabuena por tu escrito!.Zepol

Anonyme a dit…

"...os voitres van a prea e as críticas ó goberno non se fan esperar...eu penso que sobre todo por intereses electorais"
Esto é o máis triste e decepcionante dos que se adican a política neste país de paises multicultural, políglota e de riquezas infinitas. Non lles importa nada, so conseguir o poder e asentarse nel canto máis tempo mellor, e isto a costa do que sexa e de quen sexa.
Non vos parece que esto do terrorismo é un mal necesario que o goberno de turno manexa a súa conveniencia?

Rifo I de Zeuquirne

rosa enriquez a dit…

GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS. O TEMA É DELICADO E POLO DE AGORA PARECE QUE NON DAMOS ACABADO CON EL. PARA OREIUS: AGRADEZO A TÚA APRECIACIÓN AO RESPECTO DO MEU ARTIGO.PENSO QUE NINGÚN NACIONALISMO CUNHA BASE RACIONAL E DEMÓCRATA (NIN VASCO, NIN CATALÁN, NIN,NIN GALEGO)PODE ESTAR DACORDO COA VIOLENCIA E MAILO TERRORISMO. PARA RIFO: SI CREO QUE A OPOSICIÓN UTILIZA OS ERROS DO GOBERNO CO GALLO DE ACADAR O FAVOR DOS VOTANTES.

Anonyme a dit…

Esto que has escrito es algo que todos sabemos, pero si profundizamos un poco más en todo lo que ocurre, llegaremos a la conclusión que todo es un negocio, hasta el terrorismo, y los que pagan esto son siempre, los currantes de turno, aquellos que lo único que hacemos es trabajar para poder vivir en una sociedad en la que trabajamos cada vez más, con problemas de estrés, y con el único fin de poder sobrevivir, con una administración que nos invade a impuestos de los cuales la mayor parte de estos impuestos recaudatorios son para pagar los salarios desorbitados o los presupuestos inflados para salir del gobierno con los bolsillos bien llenos. POLITICOS INÚTILES!!!! PARÁSITOS!!!! Practican la política destructiva es decir echarle la culpa al adversario. ¡Señores lo que queremos son soluciones! o en su caso propuestas claras que sean un hecho, y dejense de tanta demagogia. Si esto sigue así deberíamos de hacer como en la revolución francesa, no os dais cuenta de que nos estan manejando por todos lados y que lo que hacemos es trabajar, y trabajar sin ningún resultado positivo? Creo que se deberían endurecer las leyes contra esos corruptos, y regularizar los salarios de eses politicuchos e investigar esos presupuestos desorbitados, pero claro...., que pasa? que son ellos mismos los que hacen y deshacen a su antojo, pero eso sí porque se lo permitimos. La solución seria, creo yo es que el pueblo se levantara en su totalidad contra todos ellos y ser nosotros y no ellos los que tuviesemos la sarten por el mango, no nos dejemos llevar, y no seámos unos conformistas, la unión hace el poder.