
Asor III fixo a súa entrada en
DIES IRAE cun aire de evasión como perdida nun labirinto convulso de ideas e teorías sen rematar sobre a concupiscencia dos arextitas. De todos modos a escuridade estendía a maxia pola navescoteca como purpurina brillante e cegadora... A liña estaba marcada. Asor reinaba entre
OS HÍBRIDOS como unha especie de flor dos encantamentos. Eles queríana coa cotidianidade da mansedume, con cada reflexión exposta mantel a mantel como un grolo de feitizos e liberdades. Ela tamén lles quería ben porque xamais podería esquecer todo o tempo que lle prestaron para coser ben as chagas e bordar proxectos novos de aloumiños e pasteis de arandos. Chegou ata eles por medio de
Ilov de Améndoa Central, o constructor da gargallada e os periplos. Ilov puña música e enchía os brazos e pernas de perfumes e afeites. Era como unha Alicia marabillosa e marabillada. Asor e el paseaban xuntos á beira dese mar da zona de
Noruf, tan verde, tan azul. Ilov conduciuna ata a súa tribu e púxoa en contacto con todos eles:
Esmar, Pigmalion, Gobertrand e Imaj.Antes da Guerra Civil en Noruf, estes eran os dirixentes políticos e a Asor III de Zeuquirne parecíalle ben así. Ao principio foi o silenzo. Observárona con atención. Co tempo puxéronlle un cetro, agasallárona con flores e colmaron todas as súas necesidades de risa e paz.
O ANFIBIO: Vou meter baza. Eu a estes todos non os soporto. (Ela sábeo e faimos tragar sempre que pode. "os híbridos son tan graciosos, son tan bos, son tan listos..." O que son é gilipollas ho¡)Xa está ben. Voulle meter un bramido a Asor que cando vexa saír o lume pola miña boca xa veremos quen é mellor se eles ou eu.
ASOR: Isixxxxxx¡¡¡ Es un anfibio malo e traidor. Díxenche moreiras de veces que non abriras boca. Non tes ningunha razón. Deixa o conto para outra ocasión e mete o lume dentro. Levamos anos xa con esta teima. Ti ao teu. Déixame tranquila que vai empezar
A Gran Escuridade.Pouco a pouco as luces foron caendo e Asor concentrou toda a súa forza para vivir polo menos uns segundos nese magma de liberdades extremas e amar como indica a tradición Rilkeana, pechando as formas, concretando a VERDADE no escuro. Sentindo a pura esencia.