Hai un espazo baleiro entre as cousas e o corazón de Imaj. El é todas as loitas, todas as ganancias , todo o esforzo. Ten no xesto un aire de entrega, como se agasallara cun segredo pequeniño pequeniño cada vez que mira. De cando en vez bota un pouco de lume polos ollos, pero logo o apaga. Asor entrou na súa cova de incertezas e meteu dentro todas as harmonías que este talento evasivo agochaba, como se non tivese nada que dicir... Porén posuía tantas caixas cheas de imaxes cicatrizando...Tiña caixas verdes como se metese dentro mares de amor e xenerosidade, caixas azuis, rebentando frío e soidade, e caixas laranxas como festas abroullando na súa cabeciña ben poblada do que realmente interesa: a patria íntima.
A Imaj caéronlle os raios da dor enriba dos ombros e parecía que se perdese entre a brétema, entón Asor abriu as mans e lle regalou un cetro, asorita e libre, para que repousara nel. Dende as derradeiras tormentas de Komodoro, híbrido e deliberante comparten as horas da tarde que anuncia unha primavera de tempos estourando margaridas caprichosas afundidas polo desexo. A amizade que inauguran ten forma de taza, redonda e capaz de estender a forza en todas as direccións.
Asor está tan contenta de ter este amigo¡ El, coma Esmar, o Cabaleiro do Infinito, enchen a
Comunidade Asorita de orgullo. Rifosor está especialmente contenta con Imaj porque axuda a Asor para que lle poña rosto ás palabras. Preguntarédesvos onde vive pois está claro, a
residencia de Imaj acháse próxima ao templo de Noruf. É un nabungalow pequeno pero nel hai unha porta amarela que se abre para que o híbrido poida atravesar con ela o tempo e recibir o ar que o trouxo ata Noruf porque Imaj é o fillo do vento, do agarimo, da liberdade. Un bo amigo.

