
Veredes, nos tempos do Gran Asedio, as lindísimas damas da corte Do Rei Elionardo fuxiron cara ao monte para protexer a súa integridade física, xa me entendedes. Non é o caso dicilo todo aquí. Ben, pois entre todas estas nobles había unha especialmente fermosa: Giovannellla, con tres eles. Si si con tres eles. Supoño que lle puxeron así porque nacera con tres pernas. Eu que sei, o caso é que esta rapaza instalouse nesta cova da montaña para ocultarse e sobrevivir. Os Guerreiros do Asedio foron marchando pouco a pouco pero durante todo o tempo que permaneceron no castelo do soberano Elionardo, Giovannellla con tres eles viviu como unha anacoreta, soa, triste. Naquel espacio reducido estaba todo suxo así que a moza comezou a limpar. Fregaba día e noite como unha posesa, era como se unha especie de Xenio do Mistol Verde se lle aparecera en soños e lle atribuíra o don do esplendor doméstico
Foron anos moi duros. Especialmente porque ninguén a axudaba. Moitas veces asomaba o corpo fóra e falaba coas árbores e os paxaros establecendo con eles unha epecie de simbiose íntima e secreta pero nada conseguía calmar esa dor. Detestaba esa vida tediosa e repetitiva. Sempre o mesmo. Igual todos os días: varrer, fregar, sacudir o pó... E aínda por riba tiña tres vagalumes psicóticos cantándolle aquelo de " Así limpaba así así, así limpaba así así. Así limpaba que eu a vin". Nese estado de cousas Givannellla con tres eles xa perdera toda esperanza ata que unha noite pareceu o Xenio da cova. Si, neste conto o Xenio non chega nunha lámpara nin nada diso. Aparece porque si, porque lle peta, no medio do pó. Era o Xenio das limpadoras, o curmán de Mistol.

O diálogo foi directo e diáfano: Precisas de axuda e eu vouche conceder tres desexos pero será un por semana.
Giovannellla con tres eles dixo " Unha lavadora"

Ao cabo dunha semana O Xenio convocou á moza outra vez para que fixese outra petición.
Esta vez Giovannellla con tres eles pediu un home. Entón este ser poderoso proporcionoulle un ben fermoso, parecido ao das galletas de chocolate.
Con este tipo a rapaciña compredeu a importancia da retagarda e virou forte como un león. Entendeu o motivo da existencia desta perna de máis e botou un berro de ledicia sodomizante ao penetrar naquela cova escura que este príncipe de melenas lle amosaba, leal e humilde, como ofrecéndose ao xeito dun regalo.

Pasou a semana nese festival de zumes íntimos e nin se enterou. Os bos momentos fan que o tempo transcurra case a velocidade da luz¡
Chegado o día o gran Xenio escuro e verdecente apareceu formulando a consabida pregunta:"Que desexas muller?"
Giovannellla "con tres eles" contestou rexia "A TI"
Inmediatamente o Xenio pasou a formar parte do séquito sexual desta muller-emperador e xa non se aburriu mais. Eles limpaban para ela e a satisfacían plenamente. Por iso a súa vivenda pasou a chamarse TACIÑA DE PRATA.
Está ben que coñezades de todos os contos a verdade