CANTO TRES
... é que a espiña se movía ao ritmo
da funambulista. vibraba naquela tarde inmorredoira-como vibran as
follas das flores. talvez máis forte. ocorréuselle entón que a
malicia filtrara a negritude da carroña alí dentro. por iso aquela
miniatura-camiñaba pola espiña cos pés en punta.
a peza de fel naceu sobre a mentira. e afogará no seu negror proceloso e fumeante. sen
dúbida. pero aínda queda para iso e as preguntas apremian... como é
que dobra o tempo-orlando? lévame contigo. non desexo máis estar
furiosa. entrar na túa esfera e lanzarme é o que pretendo. dáme
entón un punzón deses e non me deixes tirada neste lamazal-quero
pinchar a barrigada toda a estes cerdos: deixalos co esófago ao aire
fresco: dicirlles sen delicadeza: comede esta bazofia-cabronazos.
comprobad a que sabe toda la mierda que generó vuestra imbecilidad.
... e el foi que a espiña parou en
seco. a miniatura humana asomara a cabeza pola boca para descansar un
anaco. unha vez no cumio da dentamia-comprobou que a flor fecal
erosionaba a beleza-porque todo o que se corrompe rompe rompe rompe...