Para o vindeiro fin de semana temos unha natureza coma esta, artificial e efémera, unha proposta na diáspora, nos puntos máis alonxados do sistema, algo luminoso que non pode irse sen que a visitedes. Nace na Casa das Palmeiras o 16 de febreiro, un sábado no que moitas veces non sabemos moi ben que facer e que nos presta un pouco de aire fresco para o noso cómodo e correcto universo tranquilo, un soporte bravo e DIFERENTE, algo que se inicia para estenderse toda unha semana neste mes ata o día 23. Gustavo Sequeiro, AS IMAXES, Serxio Sequeiro, A MÚSICA, convocaN a todos os animais indomabeis para que gocen desa construción vexetal artificiosa. Preparádevos e ide indo.Weblog de Rosa Enríquez Para o repouso teño palabras coma esferas, redondas e suaves. Para a loita, finas poutas de lanza e este bravo corazón infatigábel.
samedi, février 09, 2008
EXPOSICIÓN DE SERXIO E GUSTAVO SEQUEIRO
Para o vindeiro fin de semana temos unha natureza coma esta, artificial e efémera, unha proposta na diáspora, nos puntos máis alonxados do sistema, algo luminoso que non pode irse sen que a visitedes. Nace na Casa das Palmeiras o 16 de febreiro, un sábado no que moitas veces non sabemos moi ben que facer e que nos presta un pouco de aire fresco para o noso cómodo e correcto universo tranquilo, un soporte bravo e DIFERENTE, algo que se inicia para estenderse toda unha semana neste mes ata o día 23. Gustavo Sequeiro, AS IMAXES, Serxio Sequeiro, A MÚSICA, convocaN a todos os animais indomabeis para que gocen desa construción vexetal artificiosa. Preparádevos e ide indo.mercredi, février 06, 2008
AMIGOS
QUERIDOS BLOGGERS:Esta carta é para vostedes. Levo tempo sen andar moito pola blogosfera e quería agradecer os ánimos a tod@s e esas visitas que recibín malia a miña breve retirada deste ciberespacio. Elexín esta imaxe porque penso que nos representa perfectamente, así tan pegadiños, tan preto mesmo que pareza que estamos tan lonxe. Dende esta páxina moito máis non podo facer pero desexo que conste en acta o meu agradecemento á vosa fidelidade a este humilde valdeorosa.
Un bico a todas/os:
AUTOMATOR
RIFO
NTLV
OERIUS
O RAPOSO
SILVANA
SEYMOUR
TORREIRA
RA
A CONXURADA
PAIDELEO
ZEROVACAS
VERMELLA
APÁTRIDA
ANTONIO OLIVES
X
TORREDEBABEL
NÁCHOK
LOURIXE
NENO
SUSOLISTA
MARINHA ALLEGUE
MOUCHO BRANCO
ARQUEIRA
RAINHA VERMELLA
MODERNO DE MERDA
LÚA
CHOUSA DA ALCANDRA
ANGELES MALLO
HORMIGA
FRANÉTICO
BRAIS...............................................................................................................
Unha aperta ENORME
lundi, janvier 28, 2008
lundi, janvier 14, 2008
POEMA A PETICIÓN DO RAPOSO

Ninguén chega á nosa vida
ansiando permanencias.
Ninguén aplaude a profundidade
que sentimos no cristal dos ollos
cando amamos…
Ao caer a noite,
cae o vestido
caen as miserias
e a voracidade toda.
A escuridade desvirtúa as formas
e bebemos océanos de medo e sal
fotografando un aillamento
discordante,
unha promesa de vesania e liberdade.
A ausencia mete todo o mar nunha caixa
e parece que quedamos xordos,
enfermos de silencio,
coa dúbida instalando
ansiando permanencias.
Ninguén aplaude a profundidade
que sentimos no cristal dos ollos
cando amamos…
Ao caer a noite,
cae o vestido
caen as miserias
e a voracidade toda.
A escuridade desvirtúa as formas
e bebemos océanos de medo e sal
fotografando un aillamento
discordante,
unha promesa de vesania e liberdade.
A ausencia mete todo o mar nunha caixa
e parece que quedamos xordos,
enfermos de silencio,
coa dúbida instalando
este rosario de incertezas.
Unha luz rara apaga cada instante
e as sombras viran enormes,
como montañas de diamantes rotos.
Ficamos sós.
Nós ante a inmensidade,
ante a insignificancia,
ante ese misterio
de consciencia
colectiva e única …
Porén sempre esta respiración,
este pánico terríbel de ser,
e todos os lazos …
Nós ante o periplo de infortunios,
ante esta recorrencia de baleiros,
ante a inexistencia derramándose.
A bailarina xira sobre si mesma,
na caixiña marrón,
cada vez máis lentamente.
Entón un eco profundo de lasitudes
tira das lembranzas
e pensamos no exército perdido,
na eternidade.
Queremos amar,
ser conscientes,
vivir dentro e fóra,
existir.
A inexistencia é unha liña
de orfandade e desencanto,
unha soidade de mil anos,
unha espera inútil.
Estamos co sexo en branco
e as carnes frías.
O mosaico roto.
Ninguén máis.
Unha luz rara apaga cada instante
e as sombras viran enormes,
como montañas de diamantes rotos.
Ficamos sós.
Nós ante a inmensidade,
ante a insignificancia,
ante ese misterio
de consciencia
colectiva e única …
Porén sempre esta respiración,
este pánico terríbel de ser,
e todos os lazos …
Nós ante o periplo de infortunios,
ante esta recorrencia de baleiros,
ante a inexistencia derramándose.
A bailarina xira sobre si mesma,
na caixiña marrón,
cada vez máis lentamente.
Entón un eco profundo de lasitudes
tira das lembranzas
e pensamos no exército perdido,
na eternidade.
Queremos amar,
ser conscientes,
vivir dentro e fóra,
existir.
A inexistencia é unha liña
de orfandade e desencanto,
unha soidade de mil anos,
unha espera inútil.
Estamos co sexo en branco
e as carnes frías.
O mosaico roto.
Ninguén máis.
VESTÍBULO DA DEVASTACIÓN, ESPIRAL MAIOR
jeudi, janvier 03, 2008
TEMPO PARA ESTAR

Cando contemplou a inmensidade caeu na conta do absurdo de facer contas cara á adiante ou cara á atrás pois, se cadra, pensou, o aspecto da dimensión na que vivía era unicamente unha consecuencia dese tempo redondo, desa especie de cúmulo que derivou no teatro interestelar. Que é o tempo?, preguntábase. Un xeito de tasar o espacio que nos rodea? Un modo de contabilizar a existencia desta aquitectura que actúa como soporte para ser?
Brazos, mans, pernas e todo o que pon cara á consciencia depende do tempo.
Tempo-tic, tempo-tac, tic-tac, tic-tac, tic-tac...
O córporeo habitáculo celebraba a súa orixe, sita na liña cronolóxica dun ano que fai trinta e nove: un, dous, tres, catro.... vinte, trinta...
Porén non soubo contar moito máis. Ficou nese estado de éxtase voluntario e para dentro involucionou nove anos como nove puntos, como nove ansias. Quixo pensar que todas as semanas e anos teñen puntas recortabeis polos lados para suavizar o propio ámbito, un ámbito no que atoparse ben, como Orión, que debe ser quen ten máis datos sobre si mesma. Saber cousas dun mesmo é unha trampa-estéril, unha fundacióndeimperiosíntimos que nada poden dicir sobre nós, capa etérea suspendida no éter, figura con forma de botella ou de triángulo escaleno, operación matemática desgastada nun recipiente que envellece polos tabiques ata desaparecer... Eu non quero desaparecer, pensou con ansia de perturbarda... Pero Orión continuaba alí, inmóbil en apariencia, esperando a súa chegada...
mardi, décembre 18, 2007
VANSE, MARCHAN TODOS...

Virán pola noite, aproximadamente ás doce e cuarto, xusto cando todos esteamos nos postres. Levarán un traxe azul eléctrico ben axustadiño ao corpo e falarán...
Todos os que esperan son habitantes dun lugar situado moi lonxe de nós, mínimas partes dun sistema que de cando en vez lles dá esmola para vivir. Son os que sempre están esperando... Se cadra este ano, polo nadal, moitos deles desaparezan. Quizás atopen un bo punto de apoio neses seres procedentes do espacio. A esperanza ten para eles aspecto de naves esmagadas coma un chicle no chan cun decorado austero de luz poderosa. Levan anos esperando resposta as súas demandas e, por fin este ano, os que chamamos desfavorecidos, collerán o seu tique para ser feliz, farán cola e serán conducidos a través do hiperespacio ao espectacular estadio do repouso. Alí non existen prebendas, nin elexidos. Alí hai alimento para todos porque todos teñen iso que aquí chaman moitos alma. Eles chámanlle conciencia. Eu tamén querería ter un tique deses para coñecer o equilibrio interno, a bendita xustiza e, sobre todo, a honestidade.
vendredi, décembre 07, 2007
ANIMAIS E ANIMAIS...

Eu non teño ningún animal na casa, agás meu irmán pero el é un animal tranquilo e repousado. Non esixe nada que non sexa realizábel e anda ao seu, coma os gatos. Os gatos son algo precioso, con certo aire de nostalxia nos ollos, ou alomenos iso me parece a min. Non sabería explicalo ben pero é como se puidesen percibir o que para nós pasa inadvertido, se cadra é a enerxía que circula dentro das casas e ese cheiro que desprendemos os seres humáns cando nos cremos superiores a eles. Fascínanme. Ás veces creo que nos observan, que reflexionan sobre o que facemos... Temos que parecerlles idiotas, sempre correndo dun lado ao outro, intentando capturar o tempo.
Saben todo sobre nós e nos perdoan.
Eu non sei se podería.
vendredi, novembre 30, 2007
ANIVERSARIO

Un ano metida na rede... Enredada neste lío de escribir cousas e ler tantas outras que hai por aí soltas e que son tan chulas¡
Os meus animais fictícios queren dar as grazas á blogosfera por lelos, comentalos e facelos ser:
ASOR I DE ZEUQUIRNE: Dende Aretx quero dar as grazas a todos os visitantes de valdeorosa por que aí foi onde nacín, entre bloggers e teclados.
O CABALEIRO DO INFINITO: Con esta elegancia propia que me caracteriza direivos MERCI e seguirei pensando que sodes o mellor público.
GOBERTRAND: No nome do meu pobo envío un saúdo a todos os lectores da nosa historia. Estamos moi contentos.
SENNAR, O GATO ALADO: Miañando por aquí estiven o tempo que ela nos deixou e... Como me gustaba¡ Son o gato máis poético de todos¡ Son un ser completamente gato e completamente feliz¡
NABETSE: É incríbel pensar que a comedora de conchos e bullotes puidera construír un cibermundo dentro doutro¡ É estupendo saber que lle destes tanto ánimo, día a día, para que Asor tomara corpo e trascendese fóra da rede¡ Os deliberantes queremos mostrar o noso agradecemento a esta causa e felicitar aos bloggers pola súa importante presenza.
OS BLOGGOMERÓNS: Dende o noso retorcimento e estadía de verán en valdeorosa queremos felicitar aos bloggers pola súa simpatía e sentido do humor.
ROSA HENRÍQUEZ, ALIAS VALDEOROSA: O meu blog cumpre un ano na rede e debo dicir que estou ben contenta. Invítovos a este anaquiño de pastel cun riso grande GRANDE.
mardi, novembre 13, 2007
HELIÓPOCENS : OS CINCO CÍRCULOS CENTRAIS

Coa finalidade de organizar debidamente a existencia, os Seres Superiores determinaron construír unha cidade circular. Imaxinaron que así todo estaría ben, que non habería problemas de espacio pois as áreas de cada círculo quedarían fixadas pola súa potestade conque os futuros circulantes non terían ningún tipo de enfrontamento derivado das ansias de ocupación. Decidiron que cada ámbito sería un área, así que concretaron o espacio do que dispuñan en dez zonas.
Na ZONA PRIMEIRA instalaron aos circulantes de primeira orde, é dicir, aos máis destacados por algunha razón, normalmente de tipo intelectual. Vamos, que os pertencentes a esta zona da cidade eran os máis listos e como tales foron bautizados como UNOS.
Na ZONA DÚAS colocaron aos que disfrutaban dun maior atractivo físico, tendo en conta que para eles o canon estético estaba directamente relacionado coas figuras redondas ou grosas, como a eles lles gustaba chamalos. Estes recibiron o nome de BOLICÓNS e, a dicir verdade, parecían ben contentos.
Na ZONA TRES preparon todo para situar aos homes e mulleres que existían por triplicado, é dicir, que tiñan tres mans, tres pernas e tres cabezas ben redondiñas. Déronlles o sobrenome de TRINIS e a eles parecía gustarlles pois non puxeron xamais ningunha pega.
Vexamos a continuación quen vivía na ZONA QUATRO e, de seguro que nos sorprendemos, pois polo que parece alí estaban OS NINGUÉN. Estes seres carecían de rosto e unicamente contaban cunha boca que só abrían para comer ou iso era o que se dicía deles ou o que interesaba crer dende os círculos máis poderosos...
Vaia, como vedes estas cousas resultan algo estrañas para nós, ou se cadra non tanto...
Pasemos agora a zona ecuatorial, a intermedia, a ZONA ZINIKIS. Aquí os Seres Superiores decidiron ubicar aos ZINICÓNS, homes e mulleres moi noviños que cos anos ían diminuíndo de tamaño, virando cada vez máis pequenos ata desaparecer. Nese momento morrían. Isto parece moi duro pero non o é tanto se pensamos que estes individuos son os causantes de todo o malestar que se crea en Heliópocens conque o propio medio os aniquila arricándolles anacos de vida tras cada insidia que provocan.
Como vedes, nesta cidade de círculos concéntricos as miserias e as riquezas distribúense cunha orde estricta.Alomenos así é nestas cinco primeiras zonas...
Como será todo nas cinco restantes?
samedi, novembre 03, 2007
MEME DAS 8 COUSAS

Recibín un convite da arqueira para facer unha mini-lista das oito cousas que son importantes para min... Vaia, non é doado escoller entre tantas cousas que me gustan pero intentareino...
A ver, eu empezaría pola amplitude do concepto de familia. Sí, gústame pensar que existen outros referentes que incorporan á miña vida ese calor familiar aparte dos meus pais e irmáns aos que quero moito. Polo tanto aí queda unha desas cousas favoritas, a primeira.
Para continuar ... a ver, ah si, o criterio propio e libre para non convertirme xamais nunha integrista do que sexa e saber ir pola vida sen seguir a ningún líder.
Tamén me gusta aprender de todo o mundo, por exemplo, no meu traballo, aprendo moito da señora da cafetería, Mary, que é boa e xenerosa con todo o mundo e estame animando a traer un neno saharaui. Este mememmmm está sendo difícil pero parece que non vou mal. Sigo: a solidariedade. Creo que é necesaria para mellorar este mundo cheo de inxustiza social. Cando digo isto non penso exclusivamente no Terceiro Mundo, diso penso que xa partimos todos, falo da solidariedade aquí, agora, cos do lado, cos que son coma nós e cos diferentes, sen público e condescendencia.
Outra cousa que me parece moi importante para evoluír: o compromiso comigo mesma para non traizoarme e poder aportar algo aos demais sen pecar de insinceira.
Ser muller e galega, isto encántame. Síntome orgullosa de tantas mulleres como hai por aí loitando pola igualdade.
A literatura e, como non, o amor¡¡¡ Case me esquezo deste sentimento depurador, liberador e castrador a un tempo. Marabillosa viaxe de dous comendo do mesmo prato para finalmente desaparecer¡ O amor, esa composición culinaria cerebral tan prosaica, todo química e combustión, que nos fai tolear¡ Vaia isto conta como dúas cousas... mmm OITO¡¡¡
Convido a miña irmá a facer este meme: Rifo.
Penso que xa están os memes lanzados pola rede conque non daría con oito vítimas novas que non fosen xa convidadas. Un bico para A Rapaza do Arco, a dos ollos brillantes e frechas douradas¡
dimanche, octobre 28, 2007
HELIÓPOCENS : O NASCEMENTO DE GARLANA

Garlana de Moritz naceu no ano 1111 en Heliópocens, a cidade dos círculos concéntricos. O seu nascemento causou bastante espectación nos circulantes (este é o nome que reciben os que alí habitan) entre outras cousas por ser a filla do Circulante Máximo, Garzán de Moritz e da Muller Redonda, Telenar d' Amenoteps.
O esperado día, a Muller Redonda estaba máis redonda que nunca pois levaba consigo dúas vidas: a de Garlana e a súa propia. O gran momento tivo lugar no círculo central, a beira dun río que rodeaba a fortaleza. Había unha morea de persoas: médicos, enfermeiras, o colectivo de Bruxas do círculo exterior e a familia completa... Todo o mundo anhelaba ese nascemento, ata tal punto que se podería dicir que ninguén na sociedade de circulantes fora tan esperado dende a chegada de Imenotar, o menor dos Navegantes.
Ah¡ Que marabilla sentirse tan desexado¡ Pero... podería Garlana percibir esta ansia dende o interior da barraga da súa nai? Pois segundo Bruxana, a Bruxa Maior, si, mais esto é xa outro tema e non ímos entrar agora niso conque voltemos ao momento da saída e saibamos como foi. Polo que eu sei, Garlana de Moritz saltou do útero materno como unha bala. O seu pai colleuna axiña do ar, moi habilidosamente, evitando así que batera no chan. Unha vez no seu van, o bebé botou un riso e chiscou un olliño, como se comprendera todo e, se cadra comprendíao, xa que como filla do Circulante Máximo o don da intuición lle fora concedido polo Seres Superiores.
No que se refire á apariencia física direivos que a súa figura semellaba un círculo perfecto, isto dáballe un aspecto de brava saúde, é máis, resultaba graciosa aos ollos de todos pois parecía un choriciño dos máis sabrosos. Nacera co pelo apelotonado na zona da fronte como se fose un anxiño deses que enchen os templos dos Comedores de Zampallás...
Que gran día para Heliópocens¡ Todas as familias celebrábano cunha ledicia extrema pois tiñan posto nese bebé as súas esperanzas.
dimanche, octobre 21, 2007
VIRTUDES CAPITAIS: XENEROSIDADE
Cando Elianora Buster chegou a Heliópocens, a cidade dos espellos, comprendeu que todas as cousas marabillosas teñen un sentido común, universal e a un tempo propio e particular que de nada serviría fóra dun conxunto motivador e relaxante. Heliópocens era un lugar suspendido no tempo, un sitio inimaxinable, unha extensión enorme de xardíns e árbores frutais que se ofrecían aos que pasaban como un regalo, mais debía ser unicamente algo aparente sabendo todo o que Elianora sentiu e experimentou alí... Pero situémonos un pouco para comprender ben o significado verdadeiro desta historia e como Elianora Buster puido chegar ata eses círculos concéntricos e perder o seu tempo tanto como o perdeu na procura das cereixas.O caso é que esta muller perdeuse sen bousola por un camiño e sen saber como apareceu no medio, en Heliópcens, rodeada de prantas, en aparencia vexetais. Estaba soa e sen memoria, ignoraba absolutamente todo sobre si mesma. O único realmente probable e comprobable era que agora vivía no medio dese círculo de maxia floral e alimenticia coma no medio dun fantástico labirinto. Pasados uns minutos decidiu tomar parte activa, estirou a man e prendeu con ela unha cereixa vermella e brillante. Meteuna na boca e comeuna. Gustoulle. Si, gustoulle moito porque Eleanora Buster, dos Buster de Philadelphia, era unha grande amante das cereixas e demais froitos naturais. Despois comeu outra e outra máis ata encher ben o bandullo e caer desmaiada de satisfacción. Nese momento unha voz potente e tremebunda escoitouse por todo o xardín:
"E TI QUE DÁS?"
Elianora sentiu unha suor fría por todo o corpo, era unha especie de alarma orgánica que a avisaba do perigo pero nada aconteceu durante horas conque foi recuperando a calma e esa sensación de normalidade que lle permitiu erguerse do chan e continuar comendo porque a fame comezara de novo para Elianora e parecía non ter fin: era a fame das cereixas.
Ter fame dalgo en concreto pode resultar moi cómodo se un dispón dese alimento en abundancia pero senon é así resulta tremendamente angustioso de tanto querer comer...
De todos modos, Elianora non estaba para unha metáfisica das vísceras e a súa obsesión non lle deixaba ver cantas froitas máis lucían naquel xardín...
A voz berrou de novo:
"E TI QUE DÁS?"
O corpo de Elianora Buster tremeu todo enteiro e redondo como estaba de tanto tragar e rodou polo círculo sen parar, unha e outra vez. Rodaba e rodaba, rodaba máis e máis. Parecía que non ía parar nunca pero parou.
Unha mañá levantouse coas mans abertas, os dedos despegados e un morodo ben grande ante ela. Tiña un aspecto fabuloso e as ganas de comelo eran grandes pero Elianora respirou profundamente, colleu o froito, pousouno no medio do xardín e cunha voz firme dixo"EU DOU ESTE MORODO" . Logo marchou, conseguiu saír desa esfera fantasmal rompendo todos os espellos e regresou á súa casa, a dos Buster de Philadelphia, a casa de sempre, ao xardín onde naceran os auténticos morodos, eses que saben a leña fresca e durmiu.
dimanche, octobre 14, 2007
HISTORIAS BREVES: REFEXIÓNS DUN XERANIO INDIGNADO
Dende este lado da xanela vese todo diferente. Ás cousas que preocupan aos de dentro resultan moitas veces aBsurdas cun B maiúsculo e belfudo, tanto e tan grande que ata eu caïo dentro da súa barriga duplicada como un idiota... Non sei que sucede exactamente. Debe ser que de tanto vivir entre eles fago miñas as súas teimas e o meu corpo somatiza esas descargas eléctricas e viscerais e dobro o tallo e me retorzo e sigo retorcéndome, cada día un pouco máis. Así estou chepudo coma unha cunca do revés. E, certamente, isto tenme alarmado pois non desexo ter este aspecto feo e torto. Detestaría parecer unha pranta indecorosa¡ Sobre todo porque eu non son ese que se estrangula entre as frores, son un Pelargonium dos mellores, cun verde matizado en gris como se estila nos da miña saga e luzo ao sol rodeado de pétalas un tanto rosadas que abotoan o meu traxe de verán. Si, eu son un xeranio ben parecido e pretendo seguir así. Non quero que esas dúas que me trouxeron para a súa casa por unhas moedas de prata esquezan a importancia do meu vestido como fixeron o outono pasado cando enfermei a causa das térmites. Foi terríbel¡ Estiven días espido, decolorado, únicamente tiña o meu tronco, que polo demais estaba prácticamente seco... Malditas formigas brancas¡ Non sei como puideron invadir o meu corpo, e, sobre todo ignoro como esas dúas non caeron na conta de que estaba enfermo¡ Por iso creo que dende este lado da vida vese todo distinto. Nós dependemos máis directamente da auga e do sol para sobrevivir. Se cadra por iso valoramos tanto o esplendor vexetal e somos tan respectuosos co resto dos habitantes deste mundo verde multicolor. Non me gusta xulgar a ninguén pero, se estes humanos estropean todo e funden na miseria o sitio que lles foi outorgado para vivir porque pensarán que son tan listos?jeudi, octobre 04, 2007
HISTORIAS BREVES; RADICALIDADE
Si, vivo nun edénico paraíso vexetal rodeada de laranxas, arandos e cogomelos entre outros froitos que a natureza ten a ben proporcionarme para o meu alimento. Aquí son feliz, ben metida na terra, entre o humus do que escoito cada palabra como unha auténtica aprendiza, para non esquecer a miña PROCEDENCIA. Por iso direi de min que si, que son radical porque habito na raíz que me envolve no seu van abrazando cada parte da miña árbore caída, para que non vaia tan abaixo do fondo e me perda... E digo máis, digo que me retorzo e digo ben porque tomei a forma das polas deste mato pequeno que son, ergueito e torto a un tempo. Ouh¡ Cantas veces quixeron afastarme de ti, raíz grande e profunda¡ Tantas como días levo vividos nese sitio estraño onde o gris mediocre estala nos tabiques destripándome cada vez que caïo nese erro tan repetido de ousar meterme nas cabezas que só saben ler nas tapas dos libros¡ Mira que son analfabeta e non aprendo nunca, porque non poderei dicir que non mo avisaron veces: non vaias por corredoiras tan estreitas que non cabe a liberdade... Así que por tal motivo vivo aquí, en Terra de Ningures, onde non se oe máis murmurio co das follas precipitándose no chan, onde o límite racha cada día avergoñado, víctima da súa ignorancia.E para que vos fagades unha idea desta fatiga que sinto ante as herbas que me afogan, direivos que son unha emigrante perpetua, unha fuxitiva, porque non gosto desa conciencia estirada como unha liña fina, como unha tea sutil e aceitosa que se pega a pel e nos mancha e nos manca e nos desborda polo tránsito abisal e descoñecido do egoísmo. Porén, estou a salvo pois achóme rodeada de margaridas e caraveis dos que cada día xorde unha enorme enerxía vital que arrastra e domina, e xa non desexo prescindir da súa voluptuosidade irredenta sobre min. Quero vivir así, exiliada, sen ese cheiro rancio asfixiándome e, certamente, non me preocupa a distancia. Non sinto nada, ningunha mágoa, nada en absoluto que non sexa o alivio de estar fóra, sempre fóra...
(RADICAL PROCEDE DE RADICEM: RAÍZ
PERTENCEN A ESTA FAMILIA LÉXICA OUTRAS COMO: arraigar, raigambre, arraigo, enraízar, radicación...)
samedi, septembre 29, 2007
HISTORIAS BREVES: SOZUMI TINAMÉ
Hai lugares onde non existe a calma. Son sitios perdidos no medio da metralla nos que xa non é posible a tristura porque o medo ocupa demasiado espacio. Suzumi Tinamé tivo a mala sorte de nacer alí pero el non o sabe. Descoñece que detrás das montañas de Zanaï os rapaces non queren comer verduras porque prefiren a pasta ou as hamburguesas. El se alimenta con pouca cousa e endexamais levou á boca un caramelo. Non espera nada pois a palabra esperanza non ten sentido para el. Hai uns días recibiu o seu primeiro agasallo: unha metralleta enorme.Agora lévaa colgada enriba todos os días. Con este regalo Sozumi soubo que xa non era un neno. En Zanaï, a infancia ten unha duración de oito ou nove anos e ninguén protesta. É máis, coma todos os rapaces do lugar, ao abrir o paquete e ver a metralleta sorriu contento porque chegara o tempo de matar, de ir á guerra para defender ao seu pobo. Matar para el era un orgullo, alomenos así llo aprendera Nonju, o seu avó, trala morte do seu pai.
Quince días andivo Sozumi coa arma ao lombo feito un homiño, esgotado de tanto e tanto camiñar entre as montañas, agochado coma un ourizo. Pesaba tanto a metralleta¡ Porén, unha mañá escoitou un estoupido enorme, como cando todos aqueles homes brancos andaban nas covas traballando duro para coller uns cristais de cores brillantes polos que toleaban... Pouco despois sentiu unha dor intensa na perna dereita. Estaba partida e sangraba moito. Comezou a chorar pero non atopou consuelo. Buscou nervioso a metade da perna perdida pero estaba demasiado lonxe, a tres metros máis ou menos e non tiña folgos para chegar ata ela. Quería gardala con el e levala para a súa palloza. Se cadra Imaxinou que o médico aquel de pelo vermello podería pegarlla... Non puido ser así pero Sozumi Tinamé non quería crelo. El seguiu esperando moitos anos co anaco de perna perdida apodrecendo dentro da súa casa ... Ese foi o seu único soño na vida.
lundi, septembre 24, 2007
HISTORIAS BREVES: O BARCO DE CAROLA
No país de Carola Smith existía un mar inmenso, como unha gran saba trasnparente estendida baixo aquel ceo gris e metálico que cubría todo. Era o mar de Carola Smith, a súa grande casa líquida onde verquer anhelos sen medo de perderse neles, orfa e desorientada como estaba. Carola Smih tiña sete anos cando levou a cabo a súa primeira gran viaxe: unha traxectoria inaudita ao londo daquelas augas salgadas cara un universo de titáns e magnolias, algo así como un sitio no que hibernar igual que un animal pois esa era a maneira que ela tiña de espallar a consciencia e liberarse.Para o seu periplo construiu un barquiño pequeno feito todo de papel. Despois de moito cavilar nun nome para a nau, decidiu chamarlle Memorie.
O Memorie saiu das costas daquel país estrañísimo unha noite de novembro cun só paxaxeiro, Carola Smith. Que grande viaxe fixeron e cantos paraxes descubriron... Unha rexión de peixes alongados cunha cola enorme, de tres metros aproximadamente, tigres de dúas cabezas e un exército de camelios cargados de metralla vexetal. E todo a unha velocidade extrema, exactamente de tres mil quilómetros por segundo. Parecía incrible poder visitar lugares tan remotos en tan pouco tempo pero nada era imposible para Carola e o seu barquiño de papel conque navegaron e navegaron no medio da tormenta reisitindo sempre á furia das augas salvaxes e rotundas. A xove viaxeira mailo seu barco eran como reises poderosos, triunfantes mariños, marabillosos paxaros voadores. Pode resultar raro pero así era Carola Smith e o seu mundo cimentado de posibilidades, a súa morada aberta, e, como sucede case sempre, a viaxe chegou ao seu fin, un punto definitorio e revelador que máis lle valera non ter decuberto porque tanto para Carola como para o súa barca supuso un tránsito tráxico, despiadado e cruel que os deixaría na beira dun lugar común, sen animais xigantescos nin monstros depredadores. Si, Carola Smith voltara a un mar como todos os mares, grande e azul, no que o barquiño, outrora máxico e forte, virou pequeno, practicamente minúsculo ate desparecer. Carola non quixo marchar dalí en moito tempo, tanto que non o creriades... Cecais ansiaba un renascemento ou un oasis no medio da auga, mais, endexamais sucedeu nada. Na superficie só quedaban restos dun papel mollado, derretido e triste. Realmente, con todo o que pasara, podía esperar algo aínda Carola?
samedi, septembre 15, 2007
HISTORIAS BREVES: A FELICIDADE

Nancy chegou á casa de Martina alá polos anos setenta. Levaba posta unha camiseta a raias e un pantalón azul de tergal que abría nos pés ao xeito dunha enorme campana. É o que se leva, dixo a súa tía de Barcelona, e se ela o dicía debía de ser verdade, pensou a nena , porque a tía sabía todo niso da moda. Vaia que a modernidade de Nancy era algo incuestionable. Sen dubidalo colleu satisfeita a boneca nas mans e comezou ese longo periplo interno cara ás marabillas dun mundo fantástico e irreal xerado no seu maxín como unha especie de pequeno teatro no que a felicidade tiña o papel principal. Por imaxinar, imaxinou un castelo de torres estirando a cabeza cara ao ceo, un xardín cheo de camelios cunha orquídea xigante no centro e unha muller de tres cabezas que falaban sen parar. Tanto xogou Martina á felicidade que chegou a pensar que podería acadar ese estado e mesmo mantelo como algo propio, intrínseco e secreto. Co paso dos anos, Nancy foise deteriorando: Martina cortoulle de máis o pelo, pintoulle en exceso os ollos e, claro, a pobre da boneca virou nalgo totalmente diferente. Atrás quedaron os tempos das andanzas pola casa, atrás as cancións ... Un bo día Nancy deixou de falar. Se coñece que xa non tiña moito máis que dicir ou cecais intuiu a distancia da nena, máis interesada noutros asuntos. Que máis ten? O caso é que Nancy, a boneca máis querida, ficou muda, coa mirada triste e quieta como unha santiña enriba do andel da habitación. Martina medrara, virara alta, máis por dentro que por fóra, e xa non quería xogar. A felicidade non estaba onde ela cría, naquel xardín de camelios inventados, cheos de príncipes azul turquesa. Tampouco no artificio das torres tirando ao ceo. Non, a felicidade debía estar noutro sitio. Pero onde?

lundi, septembre 10, 2007
BLOGOMERÓN: A MULLER DE NEVE
Preséntome: Son o anano Simenón das terras de Xarial, situadas nun recuncho metidiño nas montañas, á beira do río. Fun elexido Guerreiro de 1ª Orde polo maxestuoso Señor da Montaña e dende entón levo un vida axitada, sempre en movemento. Non me queixo porque era o que eu quería dende pequeno... Quero dicir dende neno xa que pequeno sereino sempre, coma todos os da miña raza. Eu debo ser dos máis altos. Mido exactamente un metro e dez centímetros, isto facilitoume a entrada no mellor corpo de guerreiros e, claro, síntome moi orgulloso. Estou casado con Nanasar, unha das ananas máis fermosas do meu pobo, Anamark. Agora mesmo ela está esperando un neno, así que nun par de meses serei pai por primeira vez. Supoño que así , polo meu nome a secas, Simenón, ninguén saberá quen son pero... Se vos digo que eu fun quen lle prestou a carreta a Lancelot, como se vos queda o corpo? Si, eu fun quen lle deixou a famosa carreta que inxustamente podería desprestixialo por ser dun anano. Sobre este asunto tería eu e todos os ananos ballesteros de Anamark moito que dicir. Porque vamos a ver, que culpa temos nós de ter cargos pouco prestixiosos, como levar nunha carreta aos condeados? Ningunha. É o que nos ofrecen pola nosa condición de pequenos e nada puidemos facer a ese respecto polo de agora debido ao medo que lle temos ao Señor da Montaña. Porén as cousas cambiaron moito nos últimos tempos dende que Sisibel acadou o posto de Anana Maior. Esta muller puxo as cousas no seu sitio, nada de superioridades ridículas derivadas da estatura e nada de traballos vexatorios como consecuencia deste aspecto que tanta hilaridade provocamos polas nosas pernas tortas. Sisibel plantoulle cara ao Señor da Montaña e dende aquela tamén podemos ser guerreiros, adicarnos ás artes e as letras ou simplemente seguir facendo o que facemos: rexentar granxas de ratos destinados ao consumo dos reises e raíñas da rexión.No pasado mes de xaneiro tiven que realizar unha viaxe longa cara a terra das minas para investigar un asasinato moi estraño: o dunha rapaza fermosísima e branca coma a neve, que apareceu morta enriba das camas dos setes ananos cos que cohabitaba. O caso tiña pinta de crime pasional pero as cousas non sempre son o que parecen ... Ou si?

Ao chegar repasei a lista de familiares e coñecidos e todo parecía apuntar cara a madrastra...
Segundo confirmou o forense, a autopsia indicaba que a muller de neve fora envelenada cunha mazá redonda coma unha pelota mais quen lle dera tal froito á rapaza? Pensamos en tres persoas:
A madrastra, o anano machista e unha bruxa que andaba polos bosques. A seguinte pregunta que nos faciamos era porque, é dicir, desexabamos averiguar o mobil deste crime retorcido e escuro.
O máis fácil, por suposto, era pensar que foi a madrastra, unha muller envexoxa da beleza incomparable da muller de neve pero non foi así. Contóvolo rapidiño para que non vos metan máis cousas raras na cabeza ao respecto de Brancaneves. Aí vai:
Brancaneves chegou a casiña dos ananos e en cuetión dun par de semanas revolucionou a casa toda: metéuselle nas súas cousas, estrampou o ferro de pasar e colleu cartos do peto do anano máis pequeniño para mercar vestidos cos que pasear polos xardíns do castelo . Neses paseos deu con Tristadora, unha dama da corte, a quen lle confiou o desexo de entablar relacións co príncipe Carolus. Tristadora presentoullo pero ocultoulle algo moi importante: Carolus tiña apetencias íntimas diferentes ás de Brancaneves pero non confesables nesta época medieval de fervor relixioxo e predominio do concepto do pecado... Casaron mais non tiveron fillos. Imposible se non daban consumado... Logo chegou a separación e a volta á convivencia cos mineiros pequeniños. Estes comentaron que Brancaneves comportábase dun xeito raro pois sempre andaba pola casa como retorcéndose. Cando os collimos un a un foron cantando: A muller de neve era unha comeananos, matábaos, logo deitaba con eles e finalmente comíaos. Os sete entrevistados confesaron ter coñecementos destas tendencias necrófilas da morta e nos seus rostos puidemos intuír unha cólera enferma que os devoraba.
Si señor, a Brancaneves matárona os ananos. Isto enfadoume moito porque xusto cando a nosa condición de ananos comenzaba a ser repectada van eles e se cargan a Brancaneves... Vaia cos ananos. Ben pois esta é a historia desta muller branca coma neve, fermosa coma unha mazá fresca e viciosa ata o máis profundo das adentras. O consello? Si, claro:
Sempre haberá quen desfaga o camiño que nos levou tanto esforzo e tanto tempo máis quen tira seguidiño todo dereito non leva máis que sono e paz íntima ao leito.
samedi, septembre 01, 2007
BLOGOMERÓN: INTACTA
(Retrato de Aurora antes e despois do sono)Aurora, así me puxeron cando nacín, un fermoso día de principios de outono, xusto cando as follas das árbores comezaban a caer. A caída da folla foi coma un prexaxio dunha caída persoal que unicamente ía comezar ao me poñer ese nome tan gris, cacofónico e incómodo de pronunciar, un pouco coma min, que son tamén dada ás complicacións. Pois ben, como dicía, nese día fatídico, a miña fada madriña, afeizoada á maxia, sentou no salón do palacio cos meus pais e non se lle ocorreu outra cousa que facer vaticinios e dar consellos que ninguén lle pedira. Haiche moita xente así, que gosta de opinar gratuitamente . Eu creo que este mal tan estendido debe ser causado por carencias afectivas na infancia que suscitan un desexo de facerse notar, como para sentirse presentes nos corazóns alleos. Tolerías emocionais en todo caso que dalgún modo estaban a provocar na miña fada madriña unha locuacidade compulsiva en relación co desastre. Vaia, que parecía que se propuxera aguarlle a festa a todos os presentes nun día que debería ter sido glorioso pois eu era a primeira filla dos meus pais tras uns dez anos de conatos de embarazo. No que a predicción se refire, a voz desta estúpida fada madriña que teño sonou ultraterreal( ideal para prediccións catastróficas), suliñada por unha chea de significantes que máis ou menos daban como resultado a mensaxe seguinte: A VOSA FILLA PINCHARÁSE CUN ALFINETE DOURADO E CAERÁ NUN SONO PROFUNDO QUE DURARÁ CEN ANOS. UNICAMENTE ESPERTARÁ SE UN PRÍNCIPE FERMOSÍSIMO DECIDE BICALA NOS PES.
Que che parece? Será filla de puta? Cen anos durmindo e esperando un principiño plasta e cursi cando eu o que desexaría é que viñese a fada do lago, unha tipa loira moi atractiva cuns beizos vermellos marabillosos... E para rematar de fastidiar a cousa o alambicado prícipiño tería que bicarme nos pes que os teño cheos de xoanetes... Levábaa clara. A min nos pes non che me bicou endexamais ninguén nin creo que o fagan nunca. Ao ir medrando, a ameaza do sono pesaba sobre min como unha espada de Damocles así que, para evitar caer rendida no leito como unha parva, decidín tomar precoaucións: en primeiro lugar fíxenme cunhas herbas que estaban nos aposentos da miña nai e grazas a elas mantiven o estado de alerta día e noite, para non pincharme e gañar tempo porque iso de durmir cen anos calquera o resiste pois o máis probable é que morrera sen enterarme de nada. Un par de semanas despois de tomar as herbas famosas decidín porme en contacto coa FADAQUENDEXAMAISREMATA , unha experta no contorno facial, estiramentos da pel e masaxes corporais. Tiña que estar lista para o peor, o sedentarismo provocaríame esa pel de laranxa horrible que ten Brancaneves por estar como morta sen moverse ata que chegou o príncipe... Non ,non non. Eu debía evitar todo iso. Son coñecida como a Bela Durminte¡ Como ía estar fea? Sen pensalo nin un minuto puxen en marcha todo un sistema de ventas por catálogo con pergamiños do mellorciño mailos debuxos dun xoglar que temos na corte, Edelmiro Leviatán. Ao cabo dunhas semanas recibín ás agochadas dos chambeláns unha ducia de compradores que viñan todos vestidos de sacerdotes. Eu dicía que buscaba un confesor ideal que me dera repouso e paz espiritual para os meus cen anos durmindo. Colou sen problema e puiden vendelo todo: as mazairas do meu avó, o xardín das marabillas e o val enteiro, con veciños e todo. Que contenta estaba¡ Contratei un servizo de perruquería, tres masaxistas(dous deles aínda non naceran), catro paquetes de ungüentos para a celulite, algas ao por maior e eu que sei... todas esas cousas que unha sabe que precisa para estar ben. Nada máis. Polo que respecta a absurda da miña fada madriña envieille uns tipos que lle roubaron a variña máxica e xa non pode adiviñar absolutamente nada. Hai xente que é mellor que estea caladiña. Cando chegou o día do pinchazo, a FADAQUENDEXAMAISREMATA díxome: Non esteas preocupada, nestes cen anos terás os sonos felices que contrataches, e todo o frío polar que mercaches encherá o teu aposento. Permanecerás intacta Aurora e non te arrepintas de nada porque ti o mereces ¡ Para iso o paguei lista, pensei eu, e creo que este foi un dos meus últimos pensamentos claros porque ao pouco tempo debínme pinchar co devandito alfinete dourado e adeus consciencia consciente... Todo o tempo que pasei durmida é para min coma unha longa paréntese da que non teño a percepción temporal xusta. Quero dicir que eu sentín, ao espertar, que durmira só unha noite pero xa pasaran ben os cen anos. Fun correndo ao espello e alí estaba, fermosa como unha flor, chea de vitalidade e enerxía. Non envellecera nada¡ Iso si, o príncipe que me bicou nos pes era feísimo, a fada do lago xa non vivía no val e os meus pais e a miña familia desapareceran da face da terra. Porén, aínda quedaba alguén, a miña fada madriña, máis vella que unha uva pasa, fea e torpe, como xa non tiña a variña máxica.... Eu estou soa, sen amigos, nin familia, nin casa... Pero sigo sendo fermosa, radiante coma unha avelaíña. Iso é o que importa.
(A fada madriña cen anos despois na casa da familia coa que vive)
Velaiquí tedes aos seus amigos

Durmir cen anos e facerse vello sucede todo a un tempo, por iso, se vedes un froito fermoso, non o pensedes, collédeo; pero, elexide ben. Non é sempre máis fermoso o que mellor aspecto ten...
samedi, août 04, 2007
Inscription à :
Articles (Atom)
