jeudi, décembre 28, 2006

PARA NATYARA

Quero envíar os meus mellores desexos para unha persoa que entrou no meu blog e a quen non lle dou contestadoporque ás veces líome con isto da tecnoloxía...
Querida Natyara( creo que é así como te presentas no teu blog que por certo encántame):
Espero que o nadal pase rápido e poidas disfrutar da normalidade do día a día. Eu xa empezo a estar farta deste nadal de compromiso, de bos desexos impostados e da tanta ñoñería...
Ás veces a sociedade fai unha presión tan grande sobre como temos que vivir ou, aínda peor, sobre como temos que sentir que ímos rematar tolos¡¡¡¡¡¡¡
Eu tampouco fago todo o que se esperaría de min neste pequeno mundo burgués pero xa non me sinto culpábel porque os artífices deste constructo son tan humanos coma ti e coma min, polo tanto falibles. Unha aperta moi forte Natyara.

1 commentaire:

Alba Sandá a dit…

Vaia! é a primeira vez que alguén dedicame un post para min soiña! non o podo crer! moitisimas gracias en serio, acabo de quedar realmente sorprendida.Eu tamen a sigo a vostede bastante, ainda que ultimamente estea un pouco "perdida".
Tivo vostede todo un detalle, moitos bicos