mardi, juin 05, 2007

NENO CONGOXA

Mensaxe para Neno Congoxa:


POETA, durmes nas páxinas desta rede que tecemos entre todos coma un paxariño pequeno habitado de riquezas inmensas, de tesouros como baleas inchadas de anémonas, e todavía non che demos as grazas por prestarnos as imaxes da túa CONGOXA entre liñas, baixo os tapices que luces verso a verso con tantas tormentas como che asedian na poza infinita que brúa dentro. Amamos a sutileza escrita entre ladrillos,
con veleno e acedumes de desastre...
Isto é para ti, rapaz .

5 commentaires:

Son Unha Xoaniña a dit…

ESQUECINME
"Conmoveu ás pedras
e ós charcos secos de bágoas
absorberon a súa tristeza...
Camiñou anos en soidade
polo senda estúpida do desengano
e un día ergueuse espida entre follas secas
tinguida do erotismo que emanaba do monte húmido,
tirouse á terra,
ás pólas máis fermosas e belidas,
tirouse polo universo enteiro
a rodar sen tempo para atoparse."



Este é un poema dos moitos que ten no seu blog o neno congoxa e que tanto me gustan.
Vexo que a ti tamén, valdeorosa, che gusta.

neno a dit…

Non sei que dicir...
Penso que ninguén falara tan ben dos meus poemas.
Fermosas as túas palabras.
Moi suxerinte imaxe.
Neno é un ser contraditorio que sorrí cando a congoxa crava segredos na súa sen miúda.
Neno viste un xersei vermello, o seu parapeto. Alí rematan os anzois que se lle cravan ao longo do día. Logo, cando chega á súa casa de madeira verde, o sacude enriba de follas e a la que protexe o seu peito debuxa os poemas que vos leedes.
Agradezo moito o detalle e valoro o voso apoio (o teu, Rosa, e o de Rifo), as vosas visitas incondicionais, as miradas vosas reflectidas nos comentarios cos que me agasallades.
Unha aperta xigante.
Obrigado

Moralla a dit…

Rosa: é unha homenaxe moi linda e delicada. Parabén neno congoxa, para que sexas neno ledicia.
Bicos, Asor

Anonyme a dit…

Benvidos tod@s. Sobre todo TI Neno Congoxa: esta é a miña humilde homenaxe a ese proxecto poético teu cimentado sobre a honestidade. Aconsello visitar este blog de poesía a TODAS E TODOS.
Grazas Ofir por escribir este poemiña.
Boas Moralla. Grazas pola visita. Estou contenta con esta homenaxe. bICOS( rosa-valdeorosa)

Anonyme a dit…

[url=http://cpcheat.org/]Club Penguin Codes[/url] gives you a [url=http://cpcheat.org/club-penguin-money-maker/]Club Penguin Money Maker[/url] that allows you to make a lot of coins in Club Penguin.
[url=http://cpcheat.org/]Club Penguin[/url] also provides you with [url=http://cpcheat.org/club-penguin-trackers/]Club Penguin Trackers[/url] such as a [url=http://cpcheat.org/club-penguin-aunt-arctic-tracker/]Club Penguin Aunt Arctic Tracker[/url], a [url=http://cpcheat.org/club-penguin-cadence-tracker/]Club Penguin Cadence Tracker[/url], a [url=http://cpcheat.org/club-penguin-gary-tracker/]Club Penguin Gary Tracker[/url], a [url=http://cpcheat.org/club-penguin-band-tracker/]Club Penguin Band Tracker[/url], a [url=http://cpcheat.org/club-penguin-rockhopper-tracker/]Club Penguin Rockhopper Tracker[/url], and a [url=http://cpcheat.org/club-penguin-sensei-tracker/]Club Penguin Sensei Tracker[/url].
Finally,[url=http://cpcheat.org/]Club Penguin Codes[/url] provides you with [url=http://cpcheat.org/club-penguin-bots/]Club Penguin Bots[/url] and [url=http://cpcheat.org/]Club Penguin Mission Cheats[/url] and [url=http://cpcheat.org/]Club Penguin Coin Cheats[/url]