jeudi, juillet 05, 2007

BLOGOMERON: RAPUNZEL

Atrás van quedando os días nos que a bruxa Alina meteu a Rapunzel naquela torre circular. Naquel tempo a rapaza non coñecera varón nin outra muller que non fose ela e, claro, Alina non era o que se dí precisamente guapa.


Todos os días eran igual de aburridos e a mociña estremecía naquel fastío sempiterno e claustrofóbico de almena empotrando toda a súa sexualidade nas paredes frías dunha pedra catedralicia e insana. Para entreterse, non se lle ocurreu outra cousa que entoar melodías desinfectantes para purificar a alma da súa carceleira.Nunha desas tardes de calor sofocante EL escoitou a voz de Rapunzel e decidiu facerlle unha visitiña. Entón berrou:Rapunzel,Rapunzel, nena feiticeira bota a túa cabeleira...


Non creo que tardedes moito en imaxinar o que alí pasou... Nos contos que liamos dende nenos pouca cousa máis ala dun bico pudoroso... Pero aquí, neste blogomerón que vos ofrecemos en valdeorosa, poderedes coñecer a realidade: Rapunzel díxolle ao Príncipe" Méteme ben a lingua dentro da boca. Desexo coñecer o sabor da túa realeza"
Ante tal embestida verbal o principiño edulcorado e radiante virou nun animal erótico, bravo. "Levanta eses faldóns" exclamou. Ao pricipiño íalle o sado así que colleu un pauciño que deixara a bruxa enriba da mesa e bateu con el nas cachas da rapaza que ruxía coma unha ogresa no labirinto. Alina escoitou os berros e subiu á torre. Ao abrir a porta e ver a situación cravoulle ao principiño un coitelo e matouno. Rapunzel ficou muda ante o desastre. Entón decidiu non falar máis con Alina na súa vida.


A partir dese día a rapaza, que debía sobrevivir a extenuación do tedio cotiá, comezou a experimentar certos calores en forma de disfrute solitario, onanismo de auto-axuda para "muchachas salidas" ou como vostedes desexen chamalo.


Rapunzel, a lasciva, a mal follada, a insatisfeita, buscou no seu centro de gravidade a propia satisfacción. Esta é a verdadeira historia da muller reprimida polo útero creador da súa propia estirpe, o lado escuro da maternidade representada polo alter ego da nai de Rapunzel, a bruxa. Sen color, nin arcos da vella, mirade que historia contada de boca a orella.

17 commentaires:

Anonyme a dit…

Ai!ai!ai! síntoo Rosa! pero é que non paro de descojonarme! ai que me vai mal! ai!ai! Báteme nas cachas! um! levanta eses pantalóns de mastodonte! méteme o pao viril principiño azul! cabalga !
ai! por favor, que non che pareza mal, pero é que estou imaxinando ó
cabaleiro "bravío" enriba da "dama" loira en acción, e non podo parar de rir! está a
mirarme todo o cyber!
Terceira proposta: adícate ó porno medieval

Un bico enorme (pero inocente)
Yoli
Ioly
moralla
:-):-):-).-):-)

Anonyme a dit…

Eu sempre o sospeitara, o de Rapunzel e todas as demais, é un acougo ver que non era a única que tiña as súas razóns para pedir cada noite,... anda cóntamo outra vez...
Nada de porno, como a vida mesma. Xenial.

Anonyme a dit…

Era unha coña. POr que carallo ninguén entende a miñas bromas e as toma en serio???
Bueno, enténdoas eu, suficiente.
bicos
moralla

Anonyme a dit…

Ola Yoli e Doutora Seymour. Grazas pola visita. É divertido verdade? Este BLOGOMERÓN vaime ter entretida un tempo e agrádame que a vós tamén.
A Moralla-Yoli: creo que non é exactamente porno. Máis ben erótico. De todos os xeitos o importante é que o pasaras moi ben léndoo. Bicos fortes.(por certo en que loira pensaches???)
A Doutora Seymour: Moi boas Doutora. Podemos diagnosticarlle a esta mociña algún psicotrópico que calme esa "desazón sexual"? Un bico moi forte.(valdeorosa-rosa)(valdeorosa)

Moralla a dit…

ROSA: pensaba en ti cunha perruca loira longa e longa e alguén que eu sei...contigo
bicazos, "loira"
moralla ;-)

Anonyme a dit…

Nada,nada, déixea como está que está moi ben así.

OSIÁN a dit…
Ce commentaire a été supprimé par l'auteur.
OSIÁN a dit…

Nada teño eu en contra, naturalmente de que Rapunzel busque no seu centro de gravidade a propia satisfacción, nin tampouco de que disfrute cun animal erótico, bravo. Pero sería aconsellable que experimentara con outros amantes que desabotonaran os faldons paseniñamente.
Moi pouca xente ten ás suas capacidades narrativas.
Unha aperta

12:46 PM

Anonyme a dit…

Rapunzel sentíase soa, tamén se aburría.de peitear o seu longo cabelo..buscou un bo divertimento.
¡Cómo contas!
Oerius

Torreira a dit…

Que divertido este Blogomerón...promete,promete.Bicos

Anonyme a dit…

Ola e benvidos a este blogomerón de verán¡¡¡ Acabo de entrar no ciber agora mesmo(pola tarde na praia, lóxico non lles parece?) e vexo que están por aquí.aLÉGROME MOITO.
A Moralla: pois eu non me vexo moito co cabelo loiro... Prefiro esta cor escura que me proporcionou a natureza sobre todo porque é a miña. De todas formas agradezo que imaxines que podería estar ben con outro look. Bicos.
Á Doutora Seymour: dacordo con vostede. Como xa dixen aposto pola naturalidade, a miña e a de calquera. Mellor morena.
A Brais: moitas grazas polas súas palabras Brais. É moi xeneroso. Estou dacordo co de que Rapunzel busque outros amantes. Os praceres compartidos son máis satisfactorios. Un bico grande.
A Torreira: benvido ¡ Non sei porque se me meteu na cabeciña que marchara vostede de vacacións... Alégrome de que estea por aquí. Espero que as historias deste blogomerón lle fagan pasar un bo rato cabaleiro.
A Oreius: tes razón no de que estaba aburrida Rapunzel... O aburrimento non é bo. Sobre todo se dura moito.Como di Brais, mellor buscar outros amantes¡¡¡ Bicos¡(Rosa E.)

moucho branco a dit…

Pero iso do erotismo non era tamén pecado?... enfin, espero que haxa sitio no inferno para todos nós, que eu odio as aglomeracións...
Xenial coma sempre, valdeorosa, ;)

Anonyme a dit…

Tu riqueza lingüística sólo es comparable a tu densidad de pensamiento. Hasta un relato erótico como el de la pobre muchachita rejuvenece en tus palabras.

Creas con tu mente universos peculiares, plagados de galaxias y sistemas planetarios, con heroes, villanos, efetos especiales, colorines y hombrecillos desgarvados.

Quiero un pase VIP. Yo no soy como los otros, anodinos y dejados. Ellos viajan en turista por agujeros de gusano.

Hace días me planteé un nuevo rumbo, alejado de la hoguera, donde priman los cuerpos y el ingenio se relega. Donde en vez de alternar con humanos, uno cree tratar con cabras.

Abre la puerta, marcaré las coordenadas, ya nos vamos mi cuerpo, mi mente, mi espíritu y, por qué no, también mis miradas.

Yo no se escribir, pero intentarlo me hace gracia. Los artistas sois mi droga y a veces, también, mi terapia.

¡Feliz día!

Anonyme a dit…

Miña Asor-Ratpunzel: Con este, Con "AUTOMATOR" era con quen te imaxaba, dándolle á túa cabeleira "loira" e a outras cousas......
jijiji
bicos,
a bruxa
moralla

rosa enríquez a dit…

Ola a tod@s¡¡¡
A Moucho Branco: benvido rapaz¡¡ Conta cun sitio neste inferno particular de valdeorosa. Aquí temos entradas gratis para o cachondeo infinito do Hades. Moitas grazas e alégrame a túa visita.
Automator: Un xesto de revenrencia. Non podo menos ante tanta elegancia e fermosura nunhas palabras que son todo xenerosidade. Tes un pase VIP para este mundo de cores claros e escuros que é un pracer pintar para xente coma ti. Cruza a porta e VEN cando queiras.
a Moralla: Teño que dicirche poeta-AMIGA que eu non son Asor, nin Rapunzel nin nada diso. O que sí é certo é que me gustaría estar, como Asor, noutro planeta distinto e viaxar no tempo e no espacio a grande velocidade. Un bico grande.

Ra a dit…

Ya decía yo que a ese cuento le faltaba algo... ;)
Bico, Doña Rosa, divertida.

Anonyme a dit…

Moito cambiaron o contos dende que eu era pequena...8esta versión gustame moito mais)
Un Saúdo