lundi, septembre 10, 2007

BLOGOMERÓN: A MULLER DE NEVE

Preséntome: Son o anano Simenón das terras de Xarial, situadas nun recuncho metidiño nas montañas, á beira do río. Fun elexido Guerreiro de 1ª Orde polo maxestuoso Señor da Montaña e dende entón levo un vida axitada, sempre en movemento. Non me queixo porque era o que eu quería dende pequeno... Quero dicir dende neno xa que pequeno sereino sempre, coma todos os da miña raza. Eu debo ser dos máis altos. Mido exactamente un metro e dez centímetros, isto facilitoume a entrada no mellor corpo de guerreiros e, claro, síntome moi orgulloso. Estou casado con Nanasar, unha das ananas máis fermosas do meu pobo, Anamark. Agora mesmo ela está esperando un neno, así que nun par de meses serei pai por primeira vez. Supoño que así , polo meu nome a secas, Simenón, ninguén saberá quen son pero... Se vos digo que eu fun quen lle prestou a carreta a Lancelot, como se vos queda o corpo? Si, eu fun quen lle deixou a famosa carreta que inxustamente podería desprestixialo por ser dun anano. Sobre este asunto tería eu e todos os ananos ballesteros de Anamark moito que dicir. Porque vamos a ver, que culpa temos nós de ter cargos pouco prestixiosos, como levar nunha carreta aos condeados? Ningunha. É o que nos ofrecen pola nosa condición de pequenos e nada puidemos facer a ese respecto polo de agora debido ao medo que lle temos ao Señor da Montaña. Porén as cousas cambiaron moito nos últimos tempos dende que Sisibel acadou o posto de Anana Maior. Esta muller puxo as cousas no seu sitio, nada de superioridades ridículas derivadas da estatura e nada de traballos vexatorios como consecuencia deste aspecto que tanta hilaridade provocamos polas nosas pernas tortas. Sisibel plantoulle cara ao Señor da Montaña e dende aquela tamén podemos ser guerreiros, adicarnos ás artes e as letras ou simplemente seguir facendo o que facemos: rexentar granxas de ratos destinados ao consumo dos reises e raíñas da rexión.

No pasado mes de xaneiro tiven que realizar unha viaxe longa cara a terra das minas para investigar un asasinato moi estraño: o dunha rapaza fermosísima e branca coma a neve, que apareceu morta enriba das camas dos setes ananos cos que cohabitaba. O caso tiña pinta de crime pasional pero as cousas non sempre son o que parecen ... Ou si?

Ao chegar repasei a lista de familiares e coñecidos e todo parecía apuntar cara a madrastra...

Segundo confirmou o forense, a autopsia indicaba que a muller de neve fora envelenada cunha mazá redonda coma unha pelota mais quen lle dera tal froito á rapaza? Pensamos en tres persoas:

A madrastra, o anano machista e unha bruxa que andaba polos bosques. A seguinte pregunta que nos faciamos era porque, é dicir, desexabamos averiguar o mobil deste crime retorcido e escuro.

O máis fácil, por suposto, era pensar que foi a madrastra, unha muller envexoxa da beleza incomparable da muller de neve pero non foi así. Contóvolo rapidiño para que non vos metan máis cousas raras na cabeza ao respecto de Brancaneves. Aí vai:

Brancaneves chegou a casiña dos ananos e en cuetión dun par de semanas revolucionou a casa toda: metéuselle nas súas cousas, estrampou o ferro de pasar e colleu cartos do peto do anano máis pequeniño para mercar vestidos cos que pasear polos xardíns do castelo . Neses paseos deu con Tristadora, unha dama da corte, a quen lle confiou o desexo de entablar relacións co príncipe Carolus. Tristadora presentoullo pero ocultoulle algo moi importante: Carolus tiña apetencias íntimas diferentes ás de Brancaneves pero non confesables nesta época medieval de fervor relixioxo e predominio do concepto do pecado... Casaron mais non tiveron fillos. Imposible se non daban consumado... Logo chegou a separación e a volta á convivencia cos mineiros pequeniños. Estes comentaron que Brancaneves comportábase dun xeito raro pois sempre andaba pola casa como retorcéndose. Cando os collimos un a un foron cantando: A muller de neve era unha comeananos, matábaos, logo deitaba con eles e finalmente comíaos. Os sete entrevistados confesaron ter coñecementos destas tendencias necrófilas da morta e nos seus rostos puidemos intuír unha cólera enferma que os devoraba.

Si señor, a Brancaneves matárona os ananos. Isto enfadoume moito porque xusto cando a nosa condición de ananos comenzaba a ser repectada van eles e se cargan a Brancaneves... Vaia cos ananos. Ben pois esta é a historia desta muller branca coma neve, fermosa coma unha mazá fresca e viciosa ata o máis profundo das adentras. O consello? Si, claro:

Sempre haberá quen desfaga o camiño que nos levou tanto esforzo e tanto tempo máis quen tira seguidiño todo dereito non leva máis que sono e paz íntima ao leito.

23 commentaires:

vermella a dit…

Vaia con Brancaneves,eu de nena pensaba que era "unha mosquiña morta".............
bico.

Raposo a dit…

Carallo, si que cambiou o conto, si.

rosa enriquez a dit…

Benvida Vermella¡ Resulta moi agradable tela de novo por aquí¡ Si, Brancaneves aquí fixo de todo pero os ananos tamén lles chega ben¡ Un bico JRANDE¡

Suso Lista a dit…

Bicos, bicos, bicos, que decir�a Shakespeare.

rosa enriquez a dit…

Benvidos os dous¡
RAPOSO: este anano está a pasalo mal con todo isto...Brancaneves xa non é a que era, os ananos son uns asasinos... Leva razón que o conto cambiou¡ Un bico¡
SUSO LISTA: Bicos tamén para vostede e cuidadiño con Brancaneves¡ :)

Anonyme a dit…

¡Como cambian as cousas!Brancaneves non é o que eu pensaba. Como te pillen na factoría Disney...
Oerius

paideleo a dit…

Dende logo que unha rapaza fermosa facendo os labores da casa de sete homes, ananos pero homes...esa situación ten que rebentar por algún lado.

torredebabel a dit…

pois mira, se ás rapazas nos contaran os contos asi de nenas, moitas teríamos menos problemas na vida.

Anonyme a dit…

Velaí un dos problemas ( e un dos menores) que resultan de non ter relacións prematimoniais...
Concordo con Torredebabel, mais nunca é tarde.
Un saúdo.

Marinha de Allegue a dit…

Hai contos que moito dano fan...

Unha aperta e agradecida pola visita.
:)

Anonyme a dit…

Está ben este blog no que tod@s @s que escriben comentarios están de acordo co que di a autora. Non hai porta aberta ao debate nin á polémica. Todo é paz e orde. Da gusto. Moi formaliños tod@s, claro que para iso está a CENSURA, que a autora activou ben oportunamente cando a alguén se lle ocorriu estar "na contra de ela". É que hai cousas que aprender dos fachas, si, ho. A que este tampouco pasa? Lista ti, Rosiña, xa o vexo.

rosa enriquez a dit…

Benvidos¡
A DOUTORA:Concordo con vostede en todo. Non sabe ata que punto¡Estes contos prometían un final tan feliz... Demasiado creo eu, e logo, claro,descubrimos que non todo sae sempre ben na realidade. Moitos bicos doutora¡
A OERIUS: Supoño que á tan grande factoría estas fabuliñas non lle gustarán nada pero, eles teñen xa todo o camiño andado conque non lles precocupará moito¡ Un bico para vostede tamén.
A PAIDELEO: Eu tamén prefiro prestar atención aos ananos¡ Mira ti para eses pequeniños con cariña de non romper nunca un prato¡ Bicos cabaleiro¡
A TORREDEBABEL: Benvida dende tan lonxe¡ Si que deberíamos ter lido contos, senon exactamente así, polo menos non tan cursis. Concordo con vostede¡
A MARINHA DE ALLEGUE: Benvida¡ Repito o mesmo que dixen máis arriba: para fomentar valores como a paz, o respecto e a amizade ou o amor non era precisa tanta ñoñería. Creo que os nenos poderían gostar doutro tipo de historías. As fábulas de animais de Samaniego ou Lafontaine, por exemplo, parécenme moito mellor.Un bico¡
Grazas a todo@s polas vosas visitas¡

rosa enriquez a dit…

AO ANÓNIMO: Eu non censuro a ninguén. En primeiro lugar, RESPECTADA anónima, o comentario que suprimín non era unha crítica a ningún aspecto da historia que se contaba, eran INSULTOS E FALTAS DE RESPECTO cheos de VULGARIDADE e ALUSIÓNS PERSOAIS do tipo: "mátate a pallas no teu piso de soidades e solteirías" ou "(...)unha frustrada coma ti", ou "falas da beleza interior e TI ESTÁS A DIETA TODO O PUTO DÍA" ou "podes atacar todo o que queiras porque estou gorda con VERBAS FRIQUIS.ESTOU PROTEXIDA POLA MIÑA GORDURA DELAS"... sIGO? Respectada anónima, parécelle que debo aguantar iso de alguén que ten a oportunidade de falar comigo directamente? Non cré vostede que este non é o sitio para falar destas cousas? Explícolle todo isto para que non volva a repetir a inxuria de que censuro á xente. FALSO FALSO FALSO E TRES VECES MÁIS FALSO¡¡¡¡ Se non lle gustan os contos, nin como están escritos RESPECTO PROFUNDAMENTE O SEU PARECER.Eu intentarei sempre defender o que escribo, comprenda que se o fago e porque penso que pode resultar divertido e entretido para quen o lea. Ademais, non me gusta demasiado a xente que oculta a súa identidade porque a VALENTÍA é, dende o meu punto de vista, algo que honra as persoas. Insisto, non vou permitir que ninguén me insulte por cousas que se lle meten na cabeza e que nada teñen que ver coa realidade. Por outro lado ENDEXAMAIS ALGUÉN COMA MIN, QUE LOITA CONTRA O SOBREPESO, SE LLE OCURRIRÍA RIRSE DALGUÉN QUE ESTÁ UN POUCO GORDO OU GORDA¡ XAMAIS. TAMPOUCO ESCRIBO AS HISTORIAS PARA ATACAR A NINGUÉN¡ NUNCA. ESCRIBO O QUE ME APETECE E SÓ PRETENDO QUE A XENTE O PASE BEN.
Finalmente creo que non debe vostede dicir que todos os que veñen aquí fan "comentarios formaliños", paréceme iso un INSULTO ao criterio dos visitantes deste blog, pero se tanto lle disgusta o que fago e os meus visitantes, non debería perder o seu tempo pasando por estes lares. Dígollo con todo o respecto do mundo.Seguro que ten cousas máis interesantes que facer que ler estas historias.Por certo, non prostitúa a palabra facha pois aplicado a este blog paréceme pouco serio. Ah, por certo, tambén lle enviarei un bico JRANDE con gHeada. Porque? Pois porque si. Contenta coa publicación do seu comentario? Aquí a pluralidade sempre será un valor, sempre e cando non se insulte.

Anonyme a dit…

A Brancaneves do blogomerón atraeme máis que a da factoría de soños de cartón-pedra. Aínda que para os cativos sexa mellor que coñezan primeiro á "ñoña".

Non permitas que o teu blog se convirta en desafogo de barcas á deriva que botan chapapote pola rede. Contra os insultos, que son violencia verbal, "censurar" é facerlle un favor á lingua e ós teus lectores. ¿E por qué non da a cara? Si xa o dí o himno,
"Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
mais só os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non nos entenden, non."

Nese anónimo que insulta sí que vexo o auto-odio.

NTLV.

Anonyme a dit…

Esta Brancaneves atráeme máis que a do mundo de cartón-pedra. Aínda que para os cativos mellor sexa que coñezan primeiro á "ñoña".

Apoio que non permitas no teu blog a entrada de anónimos que botan chapapote pola rede en forma de insultos. A censura da violencia verbal é un favor á lingua e ós teus lectores. A quen confunde "críticas" con insultos persoais adicaríalle eu a estrofa do himno que dí:
"Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
mais só os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles i escuros
non nos entenden, non."

Neste caso do anónimo agachado sí que percibo o auto-odio.

NTLV.

rosa enriquez a dit…

BENIVDO NTLV¡¡¡ Alégrame telo por aquí. Leva razón niso que di de Brancaneves. A dos contos é ñoña de máis pero esta versión tampouco é para os pequenos. De todos modos hai fábulas fantásticas mellor que esas historias de príncipes e princesas que nos contaban canda nen@s... Respecto ao do anónimo... que quere que lle diga? Penso que xa o dixen todo. Creo que cando algo non nos gusta mellor deixalo. Se esta "anónima" deixara o tema viviría máis tranquila. Nun mundo no que loitamos tanto pola defensa da igualdade, da mellora do terceiro mundo e da paz non entendo que se practique a violencia verbal(insultos irracionais) e psicolóxica... O movemento demostráse andando: non hai que ir moi lonxe para defender causas sociais, podemos empezar por nós mesmos e ter RESPECTO e PRUDENCIA buscando os puntos luminosos da xente e non ser tan RETORCID@S. A mensaxe que recbín no post anterior estaba preñada de falacias,paranoia galopante, odio enconado reververando no subconsciente e INSULTOS que considero non merecer. O descrédito non é para min senon para quen mo enviou. Moitas grazas polo seu apoio. BICOS

Anonyme a dit…

Nunca me gustó Blancanieves, siempre fui más de la bruja malvada. La veía muy ñoña, sosa, anodina... Los enanitos eran insoportables. Hoy en día tendrían una pensión por algún tipo de minusvalía y no pegarían golpe en la mina. El príncipe era gay y buscaba una mujer-tapadera. Mantenía relaciones con un leñador de un pueblo cercano, fornido y viril como ninguno.

En el fondo yo quería un espejo mágico de pequeño, que me hablase y dijese lo estupendo que soy. Una especie de videoconsola de la adulación totalmente interactiva.

Respecto a la cretina que afirma haber sido censurada sólo te diría dos cosas. Acudiendo al libro gordo de la RAE, una persona amargada es aquella que guarda algún resentimiento por frustraciones, disgustos, etc. La envidia es el deseo de algo que no se posee. ¿Qué más se puede decir? :D

Espero que pronto tomemos café, con leche desnatada y sacarina. Es estupendo cuidarse. Viviremos más ;)

¡Feliz día!

Antonio Olives a dit…

Xa algún afamado telepredicador, e incluso algúns gobernantes, tiveron a ben advertirnos sobre a mensaxe satánica e pornográfica das pelis de Disney. Comeza a comprobarse a eficacia desta mensaxería subliminal na xuventude ¡isto é Sodoma e Gomera!

Os gardiáns da moral, a ética de das tradicións (vamos, das cousas como teñen que ser). Estarante moi agradecidas por facer emerxer á luz á mensaxe subrepticia introducida no inconsciente dos nosos fillos.

Bromas aparte; recen descubrín este blog, e encántame. Un saúdo

rosa enriquez a dit…

BENVIDOS¡
A AUTOMATOR: Moitas grazas pola visita. Aquí es sempre ben recibido. Concordo con todo con vostede así que non quero repetirme máis. Pronto tomaremos ese café con sacarina, POR SUPOSTO, e un vasiño de auga. Bicos¡
A ANTONIO OLIVES: Sexa vostede benvido por estes lares.Visitarei o seu blog con gusto. BICOS

Lúa a dit…

boas!!!!! PESE A QUEN PESE OS TEUS CONOS SON BOÍSIMOS!!!!

PORCA ENVEXA TEÑEN ALGUNS...
UN BICO

rosa enriquez a dit…

Benvida Lúa¡ Ten aquí un recuncho no que será sempre moi ben recibida. Alégrame que goste dos meus contos e agradezo moito o seu apoio. Un bico Lúa :)

Alexan a dit…

As veces e necesario desfacer o camiño que nos levou tanto esforzo construir, para recuperar o que de verdade importa.
Dende que voltou de vacacions anda vostede enfadada, cousa que me sorprende. Non lle debe dar a chave do seu estado de animo a ningunha persoa que escupe a infelicidade que leva dentro para traspasarlla a vostede.
Unha aperta

rosa enriquez a dit…

bENVIDO APATRIDA: Seguirei o consello e fecharei a caixa de Pandora. Non me gusta estar enfadada, é un estádo realmente incómodo. Moitas grazas pola visita e o apoio.Visitarei o seu GALISIVORG. Bicos.