lundi, septembre 24, 2007

HISTORIAS BREVES: O BARCO DE CAROLA

No país de Carola Smith existía un mar inmenso, como unha gran saba trasnparente estendida baixo aquel ceo gris e metálico que cubría todo. Era o mar de Carola Smith, a súa grande casa líquida onde verquer anhelos sen medo de perderse neles, orfa e desorientada como estaba. Carola Smih tiña sete anos cando levou a cabo a súa primeira gran viaxe: unha traxectoria inaudita ao londo daquelas augas salgadas cara un universo de titáns e magnolias, algo así como un sitio no que hibernar igual que un animal pois esa era a maneira que ela tiña de espallar a consciencia e liberarse.
Para o seu periplo construiu un barquiño pequeno feito todo de papel. Despois de moito cavilar nun nome para a nau, decidiu chamarlle Memorie.
O Memorie saiu das costas daquel país estrañísimo unha noite de novembro cun só paxaxeiro, Carola Smith. Que grande viaxe fixeron e cantos paraxes descubriron... Unha rexión de peixes alongados cunha cola enorme, de tres metros aproximadamente, tigres de dúas cabezas e un exército de camelios cargados de metralla vexetal. E todo a unha velocidade extrema, exactamente de tres mil quilómetros por segundo. Parecía incrible poder visitar lugares tan remotos en tan pouco tempo pero nada era imposible para Carola e o seu barquiño de papel conque navegaron e navegaron no medio da tormenta reisitindo sempre á furia das augas salvaxes e rotundas. A xove viaxeira mailo seu barco eran como reises poderosos, triunfantes mariños, marabillosos paxaros voadores. Pode resultar raro pero así era Carola Smith e o seu mundo cimentado de posibilidades, a súa morada aberta, e, como sucede case sempre, a viaxe chegou ao seu fin, un punto definitorio e revelador que máis lle valera non ter decuberto porque tanto para Carola como para o súa barca supuso un tránsito tráxico, despiadado e cruel que os deixaría na beira dun lugar común, sen animais xigantescos nin monstros depredadores. Si, Carola Smith voltara a un mar como todos os mares, grande e azul, no que o barquiño, outrora máxico e forte, virou pequeno, practicamente minúsculo ate desparecer. Carola non quixo marchar dalí en moito tempo, tanto que non o creriades... Cecais ansiaba un renascemento ou un oasis no medio da auga, mais, endexamais sucedeu nada. Na superficie só quedaban restos dun papel mollado, derretido e triste. Realmente, con todo o que pasara, podía esperar algo aínda Carola?

12 commentaires:

Antonio Olives a dit…

É certo, o Memorie foi o máis rápido dos vehículos e o máis potente, capaz de chegar a calquera sitio, é curioso que se poida volver tan fráxil, o rápido que se destrúe. Aínda que, Carola sempre pode construír outro barco, ou un avión quizá, seica no ceo tamén hai criaturas moi interesantes, só necesitará unha folla de papel.

vermella a dit…

Quedo pensando en Carola e nos seus restos de "papel mollado",lémbrome de tantas Carolas.........sigo pensando.
bó,moi bó.
bicos.

Anonyme a dit…

Un oasis no medio da auga é posible conquirilo pero para iso necesita de un bon-boa guía que lle marque as cordenadas (se non o atopa pode intentalo cun GPS, a falta doutra cousa).
Sempre encontro un espazo de paz no teu blog. Gracias, amiga
Mona

Mrs.Doyle a dit…

Si hai tantas Carolas...

rosa enriquez a dit…

BENVID@S¡¡¡
ANTONIO OLIVES:A imaxinación é un territorio fértil e como vostede di Carola pode construír outro aparello máis para trasladarse, un avión sería ideal¡ Bicos para vostede e grazas pola súa visita¡
VERMELLA E MRS DOYLE¡ Pois si haille moita Carola quixotesca polo mundo. Como soñar é gratis...
Un bico para as dúas e de novo grazas pola súa visita¡¡¡
MONA: Dende logo o do GPS paréceme unha boa suxerencia para que Carola Smith non se perda por eses recunchos máxicos que ela mesma produce. Sempre é un pracer tela por estes lares tanto polo que apunta como polo que eu lle quero. Pero iso vostede xa o sabe. Despois de tantos anos é máis que evidente. Bicos grandes para vostede e grazas pola súa visitiña¡¡

Marinha de Allegue a dit…

A mín tamén me fixeches lembrarme dunha Carola...

Unha aperta.
:)

rosa enriquez a dit…

BENVIDA MARINHA¡ Pois parece que a Carola esta ten trasuntos en moitas partes deste noso grande teatro do mundo¡ Debe ser que flipadas e flipados hainos por todas partes... Bicos e obrigada pola súa visita¡¡¡(valdeorosa)

Anonyme a dit…

Todos,ou a maioria de nos,temos unha carola dentro refuxiandose a carón da propia imaxinación,memorias e soidades.Todos somos memorias,espellos rotos e incluso memories náufragos que loitan para que o misterio retorne a seducir a imaxinacion.Quizais sigamos vivindo dos restos de papel mollado,quizais teñamos medo de perdernos nos nosos anhelos.As finais dos viaxes son como o despertar dos sonos,sempre tráxicos.
Um bico grande rosa.*********

Anonyme a dit…

Leín o teu artigo no xornal e comparto todo o que dis, porque os EE.UU teñen cousas boísimas (os seus xornais son os mellores para miña opinión) pero está chea de botarates, empezando polo seu presidente (que tipo!!!) e moitos dos seus políticos. Como ti ben reflexionas, unha auténtica pantomima o que fixeron na Universidade de Columbia.
Bicos, amiga
Mona

Anonyme a dit…

Cando un medra ás veces perde a capacidade dese abraiar. E sempre hai algo de que abraiarse, vivimos nun mundo infinito para o que precisamos exercitos de filósofos, científicos, e non sei que máis, mais aínda así nada esta descuberto ata que o descubre un mesmo. Carola non sabe todo o que lle queda por bogar, se quere...

Fermoso, fermoso, texto.

Anonyme a dit…

La capitana Carola no quería abandonar su periplo fantástico. Yo tampoco querría. Sólo de pensar en renunciar a seres y espacios asombrosos me pongo a temblar. La realidad superó a la navegante. Pobre Carola.

rosa enriquez a dit…

BENVID@S¡¡
ALBA VILA: Ola Alba, alegráme moito a túa visita. Coido que si, que ás veces todas e todos somos un pouco carolas e soñamos e anhelamos o que non temos. Soñar non está mal sempre que non perdamos o sentidiño. Un bico grande para ti e moita sorte nos teus estudos¡¡
A Mona: Moitas grazas polas túas palabras sobre o artigo. Eu coido que os americanos xulgan e condean cando eles mesmos teñen moito do que sentir vegoña. Un bico e grazas pola túa visita.
Seymour concordo con vostede niso da capacidade de se abraiar e penso que non é bo perdela por completo. Como lle dixen a Alba Vila, todos temos dentro unha Carola. Se non nos pasamos pois tampouco está tan mal soñar un chisco de máis, iso si, sen perder o norte que logo flipamos moito¡¡ Un bico Doutora e boa fin de semana para vostede. Por certo, o das caixas segue en pé. Non me esquezo¡
Automator: Eu tamén querería vivir nun mundo ideal, cheo de boa xente e alimento para tod@s... Non é así, mágoa. O que podemos facer é implicarmos nunha causa e colaborar con ese mundo no que os soños non existen; Sierra Leona, por exemplo. Roubarlle os soños a África é o noso delito. Niso si paga a pena ser Carola ou Corolo e loitar¡¡¡ Por certo, espero impaciente esa cea que nos ten preparada para hoxe¡¡¡ Bicos bicos bicos¡¡