lundi, août 18, 2008

COLISIONADOR DE HADRONES


Déixovos aquí un vídeo sobre o famoso e polémico acelerador de partículas que van pór en marcha no vindeiro mes de setembro, en CERN, preto de en Xenebra.
Máis de 2.000 físicos de 34 países e centos de universidades e laboratorios colaboraron na súa construcción. Buscan a "partícula de deus" o denominado bosón de Higgs. Amais deste bosón, o LHC podería explicar por qué a gravidade é tan débil comparada coas otras tres forzas. Tamén poderían producirse outras novas partículas para as que se planificou a busca, como os stranxelets, os micro buratos negros, o monopolo magnético ou as partículas supersimétricas.

O novo acelerador usa o túnel de 27 km de circunferencia creado para o Gran Colisionador de Electróns y Positróns.
Observemos o máxico aparello...


YouTube - Acelerador de Particulas - (LHC): "01:25 From: efe
Views: 17,010"

4 commentaires:

A Raíña Vermella a dit…

Estou desexando que se coñezan os primeiros datos. Aínda que estas cousas poden semellar só aptas para iniciados, estamos falando da materia do universo! Como pode haber a quen non lle provoque curiosidade o mundo no que vive?
Cando se anunciou o experimento, lin nalgures que houbo voces en contra porque crían que se podía producir un furado negro que engulira o universo, ou cando menos o noso arrabaldo de Vía Láctea. Supoño que o descoñecido aínda da medo :p

Mararía a dit…

Ufff, só entendín o de partículas e o de acelerador, o demáis é demasiada física para min. Jajjaja. Un saúdo.

Son Unha Xoaniña a dit…

Gustoume moito o artigo que escribiches este Xoves en La Región.
Acabo de ler outro en El País que fala do mesmo tema, O señor George Steiner.
Verdadeiramente, para teren tantos premios e tanta idade (80 anos), presúmeselle un pouco máis de cultura, e por suposto de prudencia á hora de falar de calquer tema.
Non coñecer a Literatura galega, supón non coñecer a historia de España etc. Moitas lagoas me parecen para tan premiado escritor.
Bicos.

Raposo a dit…

O aparello botou a funcionar e polo de agora parece que non se creou ningún buraco negro.