

A cera das abellas
sae das orellas dos lobos
sucias e mordidas.
Hai algo nelas que se nos parece.
Viven nunha nación organizada
e non se queixan nunca.
Nós tampouco.
Cando erguen as aletas
o seu tacto semella imperceptíbel
coma se algo dentro as dilatase
e vibran coma nós
caendo
irremediabelmente
sobre
a
terra.
3 commentaires:
Tampouco, Rosa, tampouco...
Castelao dixo algún día "non enterran cadáveres, enterran semente". Agora non nos tapan a boca, sementan a Galiza galegofalante do futuro.
Força, Rosa!!!
Enregistrer un commentaire