Weblog de Rosa Enríquez Para o repouso teño palabras coma esferas, redondas e suaves. Para a loita, finas poutas de lanza e este bravo corazón infatigábel.
dimanche, juin 14, 2009
MENTRES AS BOLBORETAS ARDEN
(mentres arden as bolboretas)
de necios
de traumatismo e osteoporose
de burla
de animais gozosos fodendo
de todo aquilo que sucede
/mentres as bolboretas arden.
de arder
/clamorosamente
no cume dos andamios
e andar…
CANDO ANDES ANDA NON CORRAS.
de argumentos
e tamén de correr…
de velocidade
de queimar auga nun caldeiro
para domesticar…
PERO AS BOLBORETAS ARDEN
COMA PAUS ABRAZADOS ENRIBA DA HERBA
MENTRES DURMIMOS.
de durmir
de non espertar nunca
dealertaclaxontorresebrétema
de contemplar
de introducir un sol no espello
de adorar...
MAIS AS BOLBORETAS NIN DORMEN NIN ADORAN
DESORGANIZAN O NOSO MUNDO EN CINCO MINUTOS.
deliberdadementiraseangustia
de esmorecer.
O MUNDO COMUNITARIO VIVE UN LETARGO SOCIAL
E DIVÍDESE.
apodrece no pote do caldo
na embergadura dos idiotas.
(Mentres as bolboretas arden…)
Triptico as Linguas Suman
Inscription à :
Publier les commentaires (Atom)
6 commentaires:
Rosa, estupendo poema de rabia e angustia. Corren malos tempos con poucas fiestras para a esperanza
unha aperta
Mentres haxa amantes haberá amor.
Veleí a esperanza.
Un bico -que nunca será o mesmo que un beso-, abur.
Convén adisidencia que di Pawley?. Un bico enorme Rosa.
S, Suso, disentir, sempre disentir.
Rober, mentres haxa xente xenerosa haberá capacidade de loita, esa que precisa de certo desprendemento.
Grazas Maca. Si que hai raiba e tamén sorpresa. Realmente non entendo até que punto o ser humano pode ser idiota...
Bicos a tod@
Unha soa persoa, unha idea pode incendiar o mundo como o efecto bolboreta que os devolva a critica perdida
Seguramente, por vir tarde, quedei sin bico; pero o que non quedei é sen a ledicia de ler a forza das tuas palabras. Andando, sen correr...
Un bico de Antas
Enregistrer un commentaire