mardi, novembre 28, 2006

PERFUME DE ABANDONO

DÁDEME UNHA FRAGANCIA DE HORAS ESTENDIDAS NUN MANTEL e non vos aferredes ao pasado, non queirades abotoar o tempo entre as herbas,
acariñando erubescencias que xa non poden figurar no rosto difuminado no tempo...
Existe na nosa vida un denso perfume de abandono, un cheiro que afoga, un presente que tememos
e as aristas da conciencia estalando.


O perfume a visita e algúns prazos esquecidos baixo as faldras.

Quérote amor,
quérote amar e boto a lingua fóra e non escoito ese aroma que te anuncia
e xa creo que non te vexo ou que non me existes pel adentro,
porque pór o nariz contra ti para lamber as dimensións desa calor túa
é xa o meu alento a miña luz e as palabras esquecidas.

Prestádeme unha flor, a que sexa,
eu farei o amor co ar marabillado que sae da súa gorxa incandescente.

E ti meu ben

pásame a lingua polas nubes do meu rosto de mica estarricada neste placebo sentimental
e ule todos os sentimentos que teño incrustados nas tempas, como nenúfares protestando,
"que te amo amor que cheiro a dor e non te das conta"

3 commentaires:

Moralla a dit…

Ola Rosiña, mandeille o teu enderezo a bastante xente, tes que agardar ata a tarde, é cando a xente soe deixar mensaxes. Unha aperta moi forte ;-)

Torreira a dit…

Ola Rosiña..eu fun un dos sondeados por moralla...porque non me existel pel adentro (aledome de ter aterrizado neste valdeorosa)

nhusko a dit…

Sim, aquí estiven como prometín hai menos de cinco minutos. Máis tarde, de vagar, xa voltarei por aquí.