dimanche, décembre 24, 2006

A ÁRBORE DO MEU AMIGO

Gonzalo puxo unha árbore na súa casa para iluminar coas luces esa casa na que vive dende hai un ano. Para decoralo, pediunos aos seus amigos que mercasemos dous adornos cada un. A min pareceume unha idea xenial pero como son despistada fun das últimas e darlle os meus adornos; un papá Noel sentado cunha cesta e unha caixiña vermella a carón da árbore. Dende onte o salón brilla, e o silencio case desaparece... Maldito nadal que fai sentir mal a todos os que están sós, lonxe da familia ou dos amigos, ou ben aos que perderon algún familiar e non poden celebrar o nadal todos xuntos. Quero adicar este post a todos eles para que as carencias non lles rouben a esperanza de sentir ledicia...
Ás veces parece que hai cousas que xamáis suceden como atopar un traballo, ter un fillo, curar dalgunha enfermidade, atopar o amor, porén, como dicía a miña avoa, todo chega. Só hai que ter PACIENCIA.
Comede moito e bebede moito esta noite¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡
Eu xa estou na casa, coa familia e estou contenta.

2 commentaires:

Gonzalo Diz Álvarez a dit…

Mi arbol de la amistad.
Gracias Rosa por tu aportación a mi arbol, el que más significado ha tenido de todos los que he adornado en mis ...titantas navidades. El significado de la navidad es el que cada uno queramos darle. Este otoño que se fue y esta navidad que está, significan para mí muchas cosas. Me quedo con la buena, la mejor. Significa amistad, ese sentimiento puro y desinteresado... Feliz amistad a tí, Rosa, y a todos.
PD: ya tengo mi blog www.notodalavida.blogspot.com

Alba Sandá a dit…

Os meus compañeiros de traballo mais eu fixemos o mesmo con outra compañeira que acaba de hipotecarse ata os 64 anos (ten 24), este ano eu non puxen a árbore, porque coma ben dis, na miña familia este ano non podemos estar todos xuntos.
Disfruta do teu nadal.