samedi, décembre 16, 2006

UN RISO, DOUS RISOS, TRES






Un riso é o xeito que temos de manifestar a ledicia, a satisfación, o ánimo... Hoxe é sábado e o día está un pouco gris de máis.Cando iso acontece perdo un pouco as ganas de facer cousas e voume ás miñas adentras onde me revolvo ben a gusto e me desfago esmagada entre as ideas. Sei que non é bo, e claro, busco solucións.Entón penso: que podo facer para que a brétema non bote o alento sobre min? Botar un riso, dous risos, tres... Chamar aos meus amigos, comer con eles e falar do que importa ou do que non, pero sobre todo dar amor coa mirada e ler o afecto nos xestos e deixar que ese clima cálido que xorde entre a boa xente meta risos por riba da mesa, mentres tomamos café. Un riso, dous risos, tres, e toda a paciencia do mundo para entender que non sempre as cousas saen como un quere.

3 commentaires:

Anonyme a dit…

Un riso é un guiño que nos invita a compartir.
A television é como colocar un vertedoiro en cada casa.Que che devolvan os cartos.
Un saúdo

franetico a dit…

de entre los millones de tipos de risa del universo , esta noche, me decido a escoger a la que me acompañe a la cama, sin necesidad de sorteo ante notario. rosa, unha gargallada compartida.

X a dit…

Leo o seu blog en orde cronolóxica, hoxe cheguei ata aquí, hei volver.