vendredi, janvier 12, 2007

O ESPELLO DO ANFIBIO


O anfibio decidiu entrar no seu templo e contemplarse no espello. Ás veces, a beleza ten ese aire de traxedia que nos sitúa preto da hipocrisia transcendental do día a día. É como se o feito de ser guapo nos fixera merecedores de algo, como se xa non fósemos quen de diferenciar o don do mérito, do esforzo, da dedicación. Ao anfibio preocupáballe estar "decente" para saír ao exterior e ser admirado por todos. Padecía no seu ser o amargo don da beleza. Se alguén non puña os ollos nas súas mans brillantes e sinuosas... Menudo drama¡
Asor non soportaba tanta levidade inútil. Para ela o feito de ter atractivo ou non, dependía de moitas máis cousas que do aspecto externo. Digamos que para Asor a beleza era maxia, música, a man sobre a pel da desesperación no momento preciso, o riso, a modestia, a desexcentricidade, a liberdade feita palabra, oral ou escrita pero por riba de todo, A AUTENTICIDADE duns ollos abertos para crear mundos dentro doutros mundos, campos de enerxía.
Os ollos do anfibios eran dun verde silente e cadencioso, estrañamente húmidos, como se pretendesen sempre fuxir esvarando polo rosto para non facer fronte a esa realidade antropomorfa dos Aretxitas ... Desexaba agochar todos os volcáns detrás das pálpebras...
Pero non é tan doado maquillar unha realidade durante moito tempo. A verdade ten un camiño
que vai todo dereito e aparece en calquera intre.

2 commentaires:

Anonyme a dit…

Encántame, o texto e a foto, nunca me cansarán as imaxes dos espellos
Un bico sen espellos, nin cristais, nin muros de por medio
Yoli
Moralla

OSIÁN a dit…

Na sociedade na que nos toca vivir enfrentanse dous modelos sociais : a ética ou a estética. A ética ea formación ea actuación en base a unhos valores(a autenticidade). A estética eo narcisismo, unha posta en escea falsa que busca o goce persoal non compartido, a zancadilla, a traición que conduce a frustración ao suicidio social(a falsedade).
Unha fermosa historia moi ben contada e con unha lección de ética. Noraboa

Unha aperta