samedi, janvier 06, 2007

O PLANETA DE ASOR


Aretx é o planeta de Asor. Ao miralo ben pódese descubrir un círculo perfecto, infectado de luz, abotoado de cores escintilantes. En canto ao tamaño poderíavos asegurar que é como dúas , que digo dúas, ata tres veces a terra. Está suspendido nun espacio alternativo que non podemos percibir, onde non existe un só sol senon tres, e brillan con tanta contundencia que xamais chega a noite. Non coñecer a noite pode parecer estraño para nós pero para os habitantes de Aretx, os Aretxitas, resulta completamente normal.
Todos son morenos e de ollos grandes como profundos espellos. O feito de ter luz natural a todas horas inflúe enormemente no estado de ánimo. Dificilmente están tristes. Asor habita nel dende o seu nacemento. Concretamente ela pertence a dinastía dos Asoritas, unha especie de místicos que practican a meditación. Nos últimos tempos Asor pasou malos momentos tralo seu encontro co XIGANTE. Por ese motivo realizou unha viaxe ata aquí. Pretendia fuxir do asedio da nostalxia e modificar a paisaxe emocional por medio dos "conmutadores", esos pequenos aparellos que permiten conmutar emocións cun só golpeciño no botón correspondente. Eu querería ter un conmutador e cambiar a ira por incomodo, a raiva por molestia, o odio por desprecio, a súplica por distancia, o olvido por perdón... Pero non é posíbel trastocar o constructo interno que nos conforma, nin sequera para Asor III de Zeuquirne, da dinastía dos Asoritas, expertos no incremento da temperanza e na eliminación das bágoas. Ela botou o corazón aos pes e perdeuse no labirinto, coma un animaliño, enrugándose, facéndose moi moi moi pequena.
Agora ten que coser as chagas para poñer o traxe novo e estirar un riso enorme coma una sandía. Todos temos chagas e ,ás veces, parece que nos gusta envolvernos nelas, como se así acadaramos a divinidade xudeo-cristiana que proporciona o sufrimento. Asor debe regresar a Aretx e mirar ese ceo trisolar. En cada sol habita unha esperanza para ela.

2 commentaires:

OSIÁN a dit…

Si tivesemos un conmutador e cambiaramos as emocions, quedariamos reducidos a NADA. Que frustrante sería.
As chagas soio se pode envolver un nelas para curalas ou esquecelas.
Grazas por as visitas, e por as fermosas historias que contas.
Unha aperta.

Anonyme a dit…

Moi orixinal e profundo, sensible, con emoción.
Onte desfrutei BABEL, é un filme alucinante, recoméndollo a todo o mundo.
Por cambiaches o de elexir unha identidade!
Unha aperta, Rosiña
Yoli