jeudi, novembre 09, 2006

CONMOVIDA

Hoxe dous alumnos meus contaron na clase a súa experiencia persoal no caso dos malos tratos.
Un deles foi maltratado de neno e o outro falou dunha tía que tras denunciar ao seu home por unha boa malleira perdoouno ao saír do cárcere...
Cal é a raíz? A AUTOESTIMA BAIXA.
Seguimos falando en feminino máis tarde

mercredi, novembre 08, 2006

VIOLENCIA DE XÉNERO

O venres 24 de novembro faremos unha performance no meu instituto coas rapazas para intentar non esquecer a todas as víctimas de agresións por parte das súas parellas.
Queremos concienciar aos rapaces e rapazas de que a protesta ten que ser forte e diaria. Para iso imos facer unha árbore con follas que irán caendo ao chan cada vez que morra algunha muller. Haberá polo tanto un contador no que aparezan rexistradas todas as víctimas.
Eu son muller e amante da poesía polo tanto intentarei reflectir a miña raiva a través dos versos.
Velaí un exemplo:


METAMORFOSE DA FÉMINA
nese ar quente de nenúfares
e todas as pautas perdidas nunha casa chea de invernos.
Porque ser muller é moitas veces unha escaleira cara abaixo,
un sumidoiro preñado de negro e gris, e existe unha sinfonía de silencios agochados e unha espiral de medos asulagando
atmósferas como cataclismos íntimos
con espanto nas voces apreixadas
no sangue
como pozas infinitas.




NOTICIA : UNHA MULLER, UNHA POETA NOVA PUBLICA LIBRO ESTE MES: YOLANDA LÓPEZ. A PRESENTACIÓN SERÁ NA FUNDACIÓN GRANELL, NA PRAZA DO TOURAL O 22 DE NOVEMBRO ÁS 20:00. O TÍTULO É " OBERTURA SEN HEROE" ED. FOLLAS NOVAS.

BENVIDOS

Sede benvidos ao meu blog. Espero que non teña máis problemas técnicos e poida ir metendo os meus textos cada día. Unha aperta