mercredi, mai 02, 2007

UN DÍA NA VIDA DE GOBERTRAND






Gobertrand, Le Marquis, non é un híbrido calquera. El aúna todas as vontades baixo esa inmensa capa dun azul que estala nos ollos dos que o contemplan. Como sabedes coñeceu a Asor na navescoteca DIES IRAE o día da festa da Gran Escuridade, nunha viaxe anterior ao seu emplazamento definitivo nas terras de Noruf. Coñecéronse a través do comandante Ilov, encargado de presentalos para pactar acordos no que ao asentamento hibridota se refire. Este ser de luz non puido conter un riso máxico destilado a través dos seus dentes brancos e ben colocadiños. A deliberante era graciosa aos seus ollos. Ela tamén interpretou ben esa beleza que era todo un espectáculo entre as sombras. Chegaron facilmente a un acordo e concertaron o día da aretxizaxe ...




Dende que chegou a Noruf este híbrido mercou un navuncastel fantástico e cómodo no que habitar. Esta residencia marabillosa estaba sita nun dos máis fermosos recunchos de Noruf, un espacio de terra vermella, un tanto alaranxada ubicado no centro. A Gobertrand encántalle vivir alí.








Se me preguntades o que fai cada día direivos que unha morea de cousas: dirixir a civilización hibridota, ocuparse dos conflictos que debe resolver coa axuda de Esmar e comunicarse con Asor para solucionar os asuntos de política intercontinental relacionados co oxixenador que están a fabricar As Coeurs Ouverts, xa sabedes.


Pero de todas as actividade que practica, que son moitas, unha das súas preferidas é a observación do crecemento das plantas. De todas as flores cantas hai el prefire os camelios coma este. Mercouno no mercado de Noruf e meteuno na sala central do seu navuncastel. Púxolle un nome: Celerio. O máis curioso de todo é que cando Gobertrand rega a súa planta esta fálalle cousiñas en baixo... Que será o que lle conta?