mardi, janvier 16, 2007

O RITUAL

Asor sabía das miserias do anfibio e alimentaba caracois de esperanza na barriga que todo o fabrica coa ansia de facer as cousas doutra maneira.
No seu planeta, como xa sabedes, era posíbel cambiar as emocións por medio dos conmutadores, pero o de cambiar toda a realidade que conformaba a un ser vivo... Iso era algo que aínda estaba por ver. Tiña que pasar moito tempo antes de que os Aretxitas puidensen todos cambiar todo. Asor, como descendente dos Asoritas, unha tribu de deliberantes, podía acadar ese estado de tránsito cuántico e descompór a súa esencia para estender a mansedume no outro lado. Alí onde contactou coa súa xemelga, onde a realidade se manifestaba doutro xeito, onde podía verse, lerse e adquirir perspectivas novas. Oh¡ Asor¡, a máis sabia dos deliberantes, a raíña da súa beleza, a máis digna dos amigos, A VERDADEIRA. Escolleu como camiño o máis retorcido, ese que bota pedras cos brazos da cólera ante o Gran Estigma Social: toda esa maraña de fraudulentos que agochan baixo o lombo a máis pobre das miserias, A VERGONZA DE SER.
Tíñalle ganas ao anfibio. Hai que dicilo todo. Por iso o observaba no baño onde tiña lugar a metamorfose. De todos modos, ela comenzaba coma sempre e maliá todo o seu ritual: a contemplación continuada dos tres soles e a entrega dun mechón do seu pelo en actitude orante. Sempre acadaba ese momento de plenitude máxima e remataba liberando a dor.
Ao mesmo tempo que Asor meditaba, oraba e reflexionaba sobre a natureza deste animal viscoso, o espello rachaba en dous e unha porta escura se abría lenemente...

6 commentaires:

Moralla a dit…

Se sigues así, vas dender máis que a autora de Harry Potter, dígocho eu, tes que seguir con estos capítulos, e chegarás a novela. Noraboa, Rosa!!
Un bico, vémonos o xoves ás 7 nas Crechas
Yoli

Rifo a dit…

Gústame ese planeta de tres soles no que nunca é completamente de noite, e gústame tamén Asor II de Zeuquirne,un ser moi especial do que espero que sigas a contarnos cousas de sua vida, nese planeta ó que acudirei sempre que sinta a escuridade que as veces me atrapa na terra na que vivo.

Rifo I de Zeuquirne.

Brais a dit…

Que arte tes para escreber, para contar, para engaiolar. Para introducir a traves dos relatos a Filosofía.
Os teus textos teñen semellanzas con “ El mundo de Sofía” do escritor noruego Jostein Gaarder.
Unha aperta.

Anonyme a dit…

Rosa!!estou empezando a ler os capítulos. Vou pouco a pouco. cando te pille, xa te darei un veredicto!!!!Escribes moi a miúdo, jeje. Un bico, e xa nos vemos pronto. Ian

Moralla a dit…

rOSA, PARABÉNS NOVAMENTE. pODEMOS QUEDAR ÁS 6:30, 6:45 NAS CRECHAS? VERÁS, É QUE ÁS 8 É A PRESENTACIÓN DUN POEAMRIO QUE ME INTERESA EN FOLLAS NOVAS E QUERO IR, UN DE mEDOS ROMEO. xA CHE CONTO Á TARDE, PODES VIR SE QUERES. uN BICO DE YOLI

Anonyme a dit…

a túa prosa está chea de forza e de imaxes fermosísimas. xa falaremos. unha aperta glamurosa