mardi, février 20, 2007

ARTIGO PUBLICADO NA REXIÓN

ESES PREMIOS…

Domingo 22.00 remata o telexornal e poño atención ao televisor. Un pouco de zapping e miro na primeira: ANUNCIOS. Sigo esperando sentada no meu sofá que comece a gala. Encántame estos eventos porque adoro os premios, debe ser que como non teño moitos fago dos que teñen os demáis todo un acontecemento. Noutras cadeas siguen coa súa programación normal. Como poden? Cinco minutos despois volvo a ver que pasa na televisión de todos, a primeira: ANUNCIOS. Molesta un pouco pero con estas cousas non debemos perder a fé. Nalgún momento rematará o asedio. Estou a pensar en Numancia. Xa o imaxino: muller catatónica no puf da súa casa esperando… Non. Nunmancia non vale como modelo porque non me vai nada o de esperar e ser unha heroína… Ben, novo intento. Con esta teima de se son ou non imbatíbel pola publicidade perdín a conta. Canto tempo vai que levo agardando? Nin idea pero a situación é a mesma: ANUNCIOS. Ríndome. Decido ver a publicidade e aprender algo sobre todas esas necesidades que non teño e que sen dúbida algunha debería ter: UN COCHE. Sería mellor que ignorase esta necesidade porque tal e como conduzo… Por fin. Comeza a cerimonia, abreviada, cun presentador versátil, áxil e cun humor certamente corrosivo. Gústame. Penso que xa está ben de plastas grandilocuentes, megalómanos da palabra que falan e falan e non din nada. Corbacho é un auténtico histrión. Domina o escenario e fai da interpretación un acto cotiá verdadeiramente sublime. Os traxes? Ninguén é perfecto. Non ía acertar en todo. Dun tiro na caluga esmaga o rollo dos agradecementos e esa felicitación condescendente aos nominados pero non premiados… Non entendo porque o fan se non é certo. Eu se gaño un premio sinto ledicia de ser eu a premiada e non outro e punto. Esta actitude de falsa modestia é impostada e reflicte unha educación moi esmerada nisto da culpa. Ninguén é culpábel dun triunfo pero sí é culpábel da condescendencia que ten bastante máis mala leche. Hai moita xente boa nas artes e na farándula que non ten voz durante moito tempo por non ter os amigos ou contactos necesarios e outros que tendo menos valía si teñen ese recoñecemento por estar “conectados” adecuadamente. Así é a vida para o actor Walter Vidarte que despois de décadas adicado ao cinema, está nominado ao mellor actor revelación pola súa interpretación no film “La noche de los girasoles”. Espero que non llo dean meu pobre¡ Que situación de inxustiza artística marcada polas enrugas do tempo devastador. Estou cansa. Serán os anos? Dende que me fixo este comentario unha amiga cando lle falei do meu fastío, recoñézoo estou moi moi preocupada. Foiseme a cabeza… Non pode ser: ANUNCIOS. Estáme ben por non escoitar iso de que nunha lista, do que sexa, neste caso de publicidade, o principio vai o primeiro e logo están todos os demáis. O primeiro foi o do mercedes e agora xa non sei por que marca vai… Son demasiados, non o resisto, pero… Xa rematan e chega Pe e, claro, eu quero ser coma ela: a primeira da lista, a máis internacional, unha das mellores( Marta Etrura tamén existe e Maribel, a Verdú), a máis sinceira, a única a quen lle creo iso de felicitar as outras nominadas na mesma categoría que ela. É certo pero así son as cousas: hai xente que non sabe un porque pero xamais resulta falsa ou insinceira. Digamos que hai persoas transparentes que falan cos ollos, dende a barriga, como Pe. Por iso se lle felicita con ganas. Así: felicidades Pe.

Rosa Enríquez.

9 commentaires:

Anonyme a dit…

Felicidades Peeeeeee!

Oes tens cumprida resposta à tua petiçom no blog deste humilde moderno (semelha um contrasentido mas nom é). Penso que meu irmão gemeo gosta da Asor, magoa que ele ande no insondável espaço exterior trabalhando arreo e cobrando em especias e às vezes em especies ou incluso em especimens....

Diria que escreves mui bem porém nom som jurado nem cultivado. Só tenho intuiçom!

Beijos cibergalácticos externos

Anonyme a dit…

GRAZAS POLO TEU COMENTARIO. EU PÁSOO BEN LENDO E VENDO O TEU BLOG. O BAILE INTERESTELAR VIRALLE BEN A ASOR QUE ANDA MOI ABURRIDA. PENSAREI NO TEU XEMELGO. (ROSA-VALDEOROSA)

Anonyme a dit…

Querida Rosa-valdeorosa:
gústanme moito estos artigos que escrebes na "Rexión", sempre actuáis e con esa visión tan particular na que a miudo me identifico. Pero ainda me gustan máis os teus poemas, porque falan do que está adentro, do que nos se ve, e fai falla telo adentro, e ter ademáis esa exquisita sensibilidade que tu tes para votalo fora.
So hay que ler "Nas Aforas", ou ese relatos máxicos que colgas neste blog sobre "Asor" para sentilo.
Segue a deleitarnos con eles.
Tu si que és un premio para todos os que te lemos.
Xa sabes que eu son a túa "fan" máis acérrima.

Rifo I de Zeuquirne.

Brais a dit…
Ce commentaire a été supprimé par l'auteur.
BRAIS a dit…

ALGUNS FORRANSE CREANDO FALSAS NECESIDADES. Ë DE REBOTE SERES FRUSTRADOS.
UNHA APERTA.
BRAIS

Anonyme a dit…

TES TODA A RAZÓN BRAIS. CHEGA UN MOMENTO EN QUE PENSAS QUE A TÚA OBRIGA É GAÑAR ALGO PARA REFRENDAR O TEU TRABALLO. SÍ QUE É UNHA NECESIDADE FALSA E ARTIFICIAL PERO MOITAS VECES SÓ SE VALORA O QUE TEN O RECOÑECEMENTO "PREMÍSTICO". EU NISTE PUNTO SON MOI CLARA, A XENTE TEN FALSA MODESTIA E DI QUE NON LLE IMPORTAN PERO SE É ASÍ PORQUE PRESENTARSE? PORQUE É UNHA PORTA ABERTA? PORQUE CHE DA SEGURIDADE? PORQUE SOMOS ASÍ, UN POUCO VAIDOSOS?
IMPORTANTE: AMAR O QUE SE FAI E COMPRTILO COS DEMÁIS SE SE PODE COA MÁXIMA HONESTIDADE POSÍBEL E NON ADORAR A ÍDOLOS. (ROSA-VALDEOROSA)

Anonyme a dit…

Por fin!!!

Anonyme a dit…

Hola Rosa, sabes quien soy,jejeje Manuel, si el Manuel que conoces sin mas
¿que pasa con los que no vemos la tele, o.... si la vemos, o... mas bien la mal vemos, es decir esos que nos montamos nuestras propias películas, nuestros propios programas, esos que soñamos despiertos,que no nos importa Isabel Pantoja, ni el caso Malaya, ni la gala de los Goya o de los próximos Oscars? Los que paseamos, leemos y de vez en cuando nos quedamos fritos, de las salidas nocturnas. Y yo me pregunto que es lo que hacian nuestros padres y abuelos cuando no existia la televisión? Tedríamos que preguntarles. En un futuro desaparecerá la televisión, internet, etc, es decir desaparecerá la era de la información, y surgirá otra era y tal y como veo las cosas será la era de la deshumanización, conviviremos con robots y androides

Anonyme a dit…

Como me gustan tus artículos, eres una gran artista, y con que realismo cuentas las cosas pero siempre desde el sentimiento. Enhorabuena por lo que escribes!. me encanta. Zepol