mardi, février 06, 2007

A NAVESCOLA E ASOR LÍA I DE ZEUQUIRNE

A navescola de Asor é grande e está suspendida no ar preto do Palacio dos Salgueiros. Nos tempos nos que Asor levaba tres coletas e lazos feitos de materia sideral, as cousas non eran como agora... Antes as Directrices- Magistras eran da rama do Divino Polar así que Asor tivo que tragar horas e horas de oración polos camiños dese inescrutábel nos designio... Tódolos días practicaban cálculo cuántico pero a Asor o que máis lle gustaba era a enxeñería lingüística e xogar coas mapoulas.Parecía que enterraba misterios baixo as pálpebras nese ceo de color rosa azulado sobre o que deixaba cada día depositadas tantas e tantas ideas como lle saían desa cabeciña redonda e ben feita... O mellor momento do día para Asor era cando A Gran Asor Lía I , fundadora da casa aberta a recollía naquel Navecentos para levala a casa. Era tan guapa Asor Lía... Algún día recibirá os recoñecementos merecidos pola súa labor de Operante Máxima na dinastía dos asoritas. Nabetse I de Zeuquirne era moi consciente desa fortaleza que inauguraba ao seu paso e do ben que decoraba os muros, pintando a felicidade e a esperanza co seu pincel de muller liberada.
Todos os asoritas amaban e respectaban profundamente a labor de Asor Lía I de Zeuquirne, a nai de Asor, a artista.

4 commentaires:

OSIÁN a dit…

Si se poidesen decorar os muros da indiferencia e da incomunicación a humanidade seria unha casa aberta suspendida dun ar cheo de felicidade e esperanza.
Rosa, eres unha maravillosa fabuladora de mundos fantásticos cheos de maxia.
Unha aperta

osondaxordeira a dit…

é un parecer recibirte en Godot. Un bico groso, poeta

Anonyme a dit…

estou probando, a ver se podo deixarche unha mensaxe.

rifo I de Zeuquirne.

rosa enriquez a dit…

ACABO DE RECIBIR A TÚA MENSAXE RIFO I DE ZEUQUIRNE