OS MIL E UN DÍAS DA MULLER
Es muller? Es traballadora? Hoxe é o teu día porque o 8 de marzo todas falamos en feminino e celebramos a nosa condición de muller operativa, productiva e activa política e culturalmente. Hai uns anos parecíame que este día, coma o da violencia de xénero, non servían para moito e non tiña moi claro que deberamos facer un acto solemne para lembrar que, ao fin e ao cabo eramos cada día máis pringadas… Explícome: a muller, como xa sabedes, foi obviada na sociedade dende tempos inmemoriables( Se digo antes da era cristiana pásome?) pois o seu labor cinguíase ao ámbito doméstico e fóra, o que se di fóra, non traballaba, ou sí, nas leiras coma unha burra e, ata esas leiras, era o sitio máis lonxe onde unha muller podía chegar para realizarse. Iso sí, aínda hai quen dí que non temos forza física para levar pesos. En fin, que falar non ten cancelas, como diría a miña avoa. Porén, nesta actualidade de cerimonias e días de teriamos que estar ben ledas porque todo cambiou pero se o pensamos ben non é para tanto: agora traballamos dentro e fóra. As nais de familia son, na meirande parte dos casos, as que que se fan cargo dos fillos, falan cos titores, van con eles ao médico, realizan as tarefas da casa … Algúns cabaleiros pódense sentir incómodos ao ler este artigo e dicir que o tema é recorrente. Créanme, non o é. A teimuda realidade fainos saber que non e preséntase ante nós ironicamente, con certo aire de traxedia porque unha non entende que esteamos así, neste baleiro de sexismo disimulado despois de tantos anos de loita e de mulleres valentes, atrevidas e intrépidas como a inglesa Mary Wollstonecraft quen sacou á luz no
Unha mágoa, un auténtico desastre entre endecasílabos e versos rachados. Polo tanto, se as cousas están así nas mentes de persoas máis elaboradas que pasará noutros sectores da sociedade? Precisamos do oito de marzo e do nove e do dez… Precisamos de que nos nomeen biónicas, descremadas, libres, dun respecto auténtico, de camaradería e apoio, non de condescendencia. Iso para os débiles e quen dixo que nós o foramos?
4 commentaires:
Pois noutros sectores das sociedade, o que pasa é que as agreden física ou psiquicamente, que non cobran os mesmos salarios polo mesmo traballo, que as que traballamos fora traballamos doble, fora e dentro, todo esto e moitas máis cousas... pero xa sabes que somos o sexo forte, e poderemos contodo e rexurdiremos das cinzas se fai falla.
A presencia das mulleres na vida pública segue a ser máis necesaria ca nunca para tatar coas desigualdades e coa tradicional discriminación a que están sometidas. Neste esforzo social por pór en valor a muller e as súas capacidades cómpre non esquecerse das que traballan no medio rural, das amas de casa...non podemos caer na tentación de fixarnos só nas que teñen unha dimensión pública... a igualdade da muller e a súa dignidade son condicións indispensables para falar dunha sociedade democráticamente avanzada. Oerius
Hola Oreius. Teño que dicir que levas moita razón. As mulleres do rural traballan moito na casa e nas leiras. O traballo na terra é moi duro e moitas veces cargan con moito peso. Iso sen falar das que aínda por riba levan vender os productos do campo ás feiras nun cesto enorme ... O que se bota en falta é A CAMARADERÍA SINCERA dos homes coas mulleres na vida cotiá.
Pero sobre todo, o máis duro de todo é a situación da muller en culturas islámicas. (ROSA-VALDEOROSA)
Concordo em todo o que aquí se comenta mas também é preciso que a mulher comece a fazer purga nas suas filas onde há tantas e tantas machistas. É mui triste comprovar como muitas mulheres justificam actitudes e acçons de discriminaçom como se as victimas fossem culpáveis da sua própria desgraça. Eu nom concordo com teorias feministas do mesmo jeito que nom concordo com teorias machistas e muitas vezes vejo-me na necesidade de luitar contra os meus prejuiços impostos por sistemas educativos herdeiros do antigo regimem. Nom sei até que ponto a discriminaçom positiva pode ser algo necessario pra equilibrar a balança. Nem neste caso, nem no caso da lingua, etc... Penso que é umha tarefa educacional, um trabalho de todas e todos por conseguir um tractamento de igual a igual. Só é umha reflexom, aguardo que entendades que esta feita desde o absoluto respeito. Só umha última opiniom, penso que parte da soluçom está em que os homens apreendamos das mulheres e nom ao contrario... as cousas nom se solucionan nem por pelotas nem por ovarios. Eu já estou convencido o futuro será chinés e feminino.
p.s. Por se a estas alturas do texto esqueceu-se alguém, concordo com todo o que dixo Rosa e também Rifo e Oerius. Beijos e abraços pra todas e todos.
Enregistrer un commentaire