jeudi, mars 29, 2007

A ÍNTIMA CONSCIENCIA






Cando Asor III, da estirpe dos deliberantes, recibe a visita do Cabaleiro do Infinito, elabora toda unha antoloxía de xabrón que son enigmas e delirios trepidantes de ríos como magmas de auga quente sobre o corpo espido. Hai moitas cousas que Asor pode considerar mentre se magmatiza nese baño que é xa un ritual de aloumiños. A ESTUPIDEZ, por exemplo, é un fenómeno social moi estendido que a sorprende e estoura unha morea de seismos nos tabiques asoritas. Nunha sociedade de liberdade e desenrolo que loita por acadar a igualdade e a xustiza aínda existe unha aureola de levidades e coroas desterradas que pretenden beber todas as manifestacións de osíxeno, como se non tivesen suficiente co que lles corresponde por respirar. En Aretx non hai osíxeno para todos así que están a construír unha industria de potencial acuístico que bota O2 dende A Montaña Rosa. Marabillosa esta iniciativa das Coeurs Ouverts fronte aos Repugnantes.
Os Repugnantes, eses insidiosos apátridas, envelenan coa súa lama noxenta todos os recunchos verdes que aínda quedan en Aretx. Son malos. Profundamente satánicos e voraces cando se trata de rebentar felicidades alleas pero malia o poder que teñen, malia todo o encono por crear perxuízo ao seu redor, estos repugnantes non sempre triunfan. Hai en Aretx outros seres puros como a transparencia da auga, As Coeurs Ouverts.





Mirade ben e fixádevos ben nelas. Brillan radiantes entre insectos, fermosas sereas de augamar envoltas nunha cola maxestuosa que as define: heterodoxas, libres, mater maxestades,poderosas, heliófilas, candentes na súa tibieza de augas envolvendo o líquido salgado, XENEROSAS.

Aman a beleza que as comunica e NON TEÑEN MEDO. Gardan no interior do mar a chave da caixa galeánica que lle entregaron a Asor para que escriba papeis de encanto e desencanto, de lidias e loitas, de fel e claridade... Posúen esa Arca de Alianza e non se estremecen na envexa nin na cobardía inusitada de princesas contrapostas.



Atención aos Repugnantes, feos coma todas as almas suxas, rezumando sentimentos enfermos, cinismos con aristas de cristal vello, fedorentos. Cheiran mal. Apestan. Ocultan todas as sincronías da maledicencia detrás das portas pechadas cunha premeditación amarela que deslumbra, que dá noxo. Morden nos soños con alfinetes afiados como estiletes que retorcen ao tocar a superficie desa fantasía que devora nas nubes todo un paraíso de colores. Hai quen cré que por obviar aos conxéneres que molestan a súa existencia acada todas as cumes da supremacía pero NON É CERTO. Hai un "certo olor a podrido" entre bombas, unha conxura de necios, unha negra sombra tralo silenzo impostado.

AsorIII de Zeuquirne, a descendente de Nabetse I de Zeuquirne e de Asor Lía, a artista, vai pronunciar un discurso solemne e irreverente, fecundo e caústico, unha revolución máis antiga e pouco vangardista que todas as vangardas detentadas polos poderosos que trafican nas artes: Bienaventurad@s os últim@s por que el@s serán os primeir@s.
Emar, o Cabaleiro do Infinito protexe a Asor e a todos os Aretxitas desa infamia que é coma unha poza sinistra que envilece e deturpa. El é todos os soños de color rosa, todas as esperanzas, a fidelidade feita bonbóns de soda na calexa estreita que asfixia a Asor. Algún día a deliberante entregará a flor de lis, heráldica e raíña coma un ovo fresco , para que Esmar ocupe o seu sitio de privilexio.
PUM PUM PUM PUM
A muller-mapoula abre as portas todas, O Cabaleiro as posibilidades. Fabrican xuntos o néctar licuado. Beben.




19 commentaires:

Anonyme a dit…

preguntome porque os repugnantes seran asi.

Moralla a dit…

Lindísimas fotos!!!! Síntoo,agárdame miña irmán para ir a Ourense!
aperta inmensa
xa o leo mañá
Yoli tola

Rifo I de Zeuquirne a dit…

Os repugnantes non poden triunfar,
cando rebentan as felicidades alleas, acaban con eles; logo voltan, pero sempre haberá algunha felicidade que faga estoupidos que os mande lonxe.
As que hay que coidar ben son as "coeurs ouverts", porque aman a beleza e non teñen medo...
¡Ai este mundo de Asor que me ten atrapada...!
Un biquiño.

Anonyme a dit…

Coincido con Rifo no plantexamento que fai, cómpre coidar ben os "coeurs ouverts" porque ademais de amar a beleza e ser auténticos son bos e xenerosos, non coñecen a envexa, nin a xenreira.
Sabes o que penso tamén que contento estará Esmar cando lle entregues de forma solemne a flor de Lis...seguro que para el terá moitos significados.
Oerius

xurxocimadevila a dit…

eu xa comezaba a imaxinarme un conflito de clase... q mal pensado son...

Torreira a dit…

Que divertido Rosa...a vida esta chea de repugnantes (menos mal que sempre contamos coa antítese).bico

Moralla a dit…

o texto levoume a outras órbitas. Encantaríame ser serea e beber do néctar licuado até rebentar no fondo do mar..
un bico sen repugnantes de por medio
Yoli ;-)

moucho branco a dit…

máxia, atmósfera, dous camiños... querías musicar este universo?, igual hoxe viña ben esta opción, :P

Anonyme a dit…

Caracoles! Penso que ontem estivem caminhando polas mesmas ruas que Asor. Sonhei que a encontrava, mas eu nom tenho a sorte do acaso. É possível que os Aretxitas vivam numha dimenssom paralela à minha mas continuarei tratando de entrar no seu mundo pra luitar contra os repunantes e as repunantas. Hoje sigo caminhando polas mesmas ruas que Asor... nom perdo a esperança.

Anonyme a dit…

Estou na casa familiar e, por fin podo poñerme diante do ordenador para contestarvos.
A Yoli- Moralla: xa sei que estás na túa cidade. Comunicáronmo as "Coeurs Ouverts" Pola mañá. Estou segura de que poderás viaxar con elas. Cáeslle ben. Dixéronmo.
A Rifo: pronto nos veremos Rifo e falaremos. Estou encantada de que che entreteña esta historia dos mundos asoritas.
A Torreira: Esta semana de descanso vai con Filipa a un mundo sen Repugnantes e pásao ben. Grazas por pasarte por valdeorosa. Un bico( ah¿ por fin poderei escoitar o audio do teu blog. Moralla dí que está moi ben, pero eu intentei escoitar e non me va o ordenador)
A Moucho Branco: grazas polo link. É para buscar música verdade? Un bico.
Oh Gustave Harvey¡¡¡ Es xenial. Asor non ten palabras. Es un cabaleiro. Estou segura de que ela terá tamén desexos de encontrarse contigo e escoitar melodías rock. Un biquiño e moitas grazas. Mañá estarei en Moderno de merda. Qué musica me porás?
A Xurxo Cimadevila: Benvido Xurxo. Asor III de Zeuquirne quere darche a benvida. Nós visitamos o teu blog pero como non manexamos moi ben estas tecnoloxías así, de entrada, pois non sei se che quedadron ou non mensaxes. Xa mo farás saber. De todos modos, mañá estarei alí seguro. Moitas grazas unha aperta.(rosa-valdeorosa)

moucho branco a dit…

Goear serve para colgar e escoitar arquivos MP3, pero enlacei esa canción porque o post lembrouma.

un saúdo.

Anonyme a dit…

ais... sem palavras!

vou-me retirar aos quarteis de inverno depois desta temporada no castelo mourente na brilante capital galega, tanta luxuria vai acabar coa minha saude

nunca me chamaram cabaleiro, mais bem tenho outros qualificativos no meu bagagem como "cabronaso", "malo", "perverso", ...

terei que fazer retiro espiritual nesta semana de paixom católica e adicar-me a escuitar músicas com base mística... já verei porque só pensar em escuitar melodias rock com asor complica bastante a concentraçom precisa pra um retiro eremita no meu altar moderno...

ora por mim!

e da-lhe meu e-mail à asor :P

Anonyme a dit…

Para Moucho branco: probarei a escoitar a música. De verdade, moitas grazas.
Gustave, Gustave ti es a a repera(vou ser fina). Non creo nada diso de cabronaso ou malo. Asor III de Zeuquirne cre que es boa xente e ela ten moita intuiçom. Polo que dis tes un instinto salaz que desenvolveches na capital galega todo o que puideches. Fixeches ben. Non es menos cabaleiro por iso. Eu teño o teu mail e Asor enviouche un correo cando foi o da festa na Coruña. Non chegou? Será que Aretx ten malas conexións. Por certo, Asor e eu dexexámosche unha semana santificando todo, practicando rituais de rock, cervexa e que nos leas... Unha aperta Harvey

nhusko a dit…

Non estaría mal que mirases de publicar esto antes de que alguén comezase a che fusilar as ideas. Aperta rapasa.

neno congoxa a dit…

encantoume a descrición de Os Repugnantes...viñéronme á mente determinadas persoas que se asemellan moito coa túa definición pero as que eu coñezo case sempre trunfan...unha mágoa...o meu mundo tamén está cheo de Repugnantes
obrigado polos parabéns...devólvochos envolvidos nos papeis sinceros da miña admiración.
Unha aperta

Anonyme a dit…

Hola e gracias a Nhusco e neno congoxa. Pensarei no que dis. Unha aperta aos dous

Anonyme a dit…

A eses repugnates a súa esencia fedenta os delata e podes percibilos a certa lexanía para tomar precaucións.
Pero que pasa cando os repugantes cheiran a xazmín e bergamota?????
Un bico rapaça; pásao moi ben cos teus!!!!

Anonyme a dit…

A eses repugnates a súa esencia fedenta os delata e podes percibilos a certa lexanía para tomar precaucións.
Pero que pasa cando os repugantes cheiran a xazmín e bergamota?????
Un bico rapaça; pásao moi ben cos teus!!!!

Anonyme a dit…

Moitas gracias á miña amiga de toda amiga, esa que é como Aor para min: unha irmá. Moi querida por min e pola familia. Que pasa se os repugnantes cheiran ben? Arriscar. A vida é así.eu trabuqueime moitas veces pero sempre apatreceron Coeurs Ouverts preto de min para dar luz. Ti, por exemplo.