mercredi, mars 07, 2007

OS HÍBRIDOS : OS NOMES




Asor III fixo a súa entrada en DIES IRAE cun aire de evasión como perdida nun labirinto convulso de ideas e teorías sen rematar sobre a concupiscencia dos arextitas. De todos modos a escuridade estendía a maxia pola navescoteca como purpurina brillante e cegadora... A liña estaba marcada. Asor reinaba entre OS HÍBRIDOS como unha especie de flor dos encantamentos. Eles queríana coa cotidianidade da mansedume, con cada reflexión exposta mantel a mantel como un grolo de feitizos e liberdades. Ela tamén lles quería ben porque xamais podería esquecer todo o tempo que lle prestaron para coser ben as chagas e bordar proxectos novos de aloumiños e pasteis de arandos. Chegou ata eles por medio de Ilov de Améndoa Central, o constructor da gargallada e os periplos. Ilov puña música e enchía os brazos e pernas de perfumes e afeites. Era como unha Alicia marabillosa e marabillada. Asor e el paseaban xuntos á beira dese mar da zona de Noruf, tan verde, tan azul. Ilov conduciuna ata a súa tribu e púxoa en contacto con todos eles:
Esmar, Pigmalion, Gobertrand e Imaj.
Antes da Guerra Civil en Noruf, estes eran os dirixentes políticos e a Asor III de Zeuquirne parecíalle ben así. Ao principio foi o silenzo. Observárona con atención. Co tempo puxéronlle un cetro, agasallárona con flores e colmaron todas as súas necesidades de risa e paz.


O ANFIBIO: Vou meter baza. Eu a estes todos non os soporto. (Ela sábeo e faimos tragar sempre que pode. "os híbridos son tan graciosos, son tan bos, son tan listos..." O que son é gilipollas ho¡)Xa está ben. Voulle meter un bramido a Asor que cando vexa saír o lume pola miña boca xa veremos quen é mellor se eles ou eu.

ASOR: Isixxxxxx¡¡¡ Es un anfibio malo e traidor. Díxenche moreiras de veces que non abriras boca. Non tes ningunha razón. Deixa o conto para outra ocasión e mete o lume dentro. Levamos anos xa con esta teima. Ti ao teu. Déixame tranquila que vai empezar A Gran Escuridade.

Pouco a pouco as luces foron caendo e Asor concentrou toda a súa forza para vivir polo menos uns segundos nese magma de liberdades extremas e amar como indica a tradición Rilkeana, pechando as formas, concretando a VERDADE no escuro. Sentindo a pura esencia.

3 commentaires:

franetico a dit…

Os aretxitas de Komodoro sonche claramente de Carballo, non sí?

Anonyme a dit…

Hola franético. Gústame terte por estes lares¡¡ De Carballo? Pois si. Ben poderían ser de por alí. A min nesa zona tratáronme moi ben e, sinceramente, paseino xenial. Coñecín algún concupiscente, si,pero ao fin e ao cabo boa xente. Quédome con iso. Ademáis eu tamén teño un punto salaz. Estou viva. Non? "Desexo con avidez logo existo" Palabra de Asor.

Anonyme a dit…

Estou abraidado com tanto afago.... pra um humilde moderno doutro planeta é demais ter visitante tam ilustre.... nem sei que dizer.... eu sei que escrevo de trivialidades e você desfruta delas.... suponho que isso colma as minhas aspiraçons. So desejo que você goste das minhas trapalhadas por muito tempo, tanto como eu desfrute da vida de Asor.

Abração!!! (que vem sendo algo assim como umha apertasa, hohoho)