mardi, mai 29, 2007

NIMAJ NEBÉN



Nimaj Nebén é o menor dos asoritas, o ben amado, o que veu do río. Exégeta e librepensador que ama todas as manifestacións do pensamento.

Este asorita anda envolto nesa xuventude que nos presta a todos recunchos insospeitados de beleza. Posúe grandes dotes para as comunicacións exteriores e forma parte dunha agrupación denominada Vasos Comunicantes. Normalmente vive en OboloB, no palacio dos Salgueiros pero posúe un dos mellores borolocos do mercado co que se desplaza a Berix, o planeta contiguo a Aretx, por motivos laborais. Ten, como Asor, os ollos ovalados pero máis claros que ela. Está en plena forma física e mental pois o seu carácter tranquilo permítelle facer as cousas con xeito. Nabetse considérao moi similar a el e está orgulloso. Xa ten bastante coas presas de Asor. Nimaj Nebén preocúpase moito pola súa irmán xa que teme que un día a electricidade na que derivaron os seus derradeiros rituais acaben con ela. Asor é unha deliberante que adora a velocidade. Ir despacio consúmea, parécelle insufríbel. Vamos que por ela viaxar a velocidadeda luz é o ideal. Co tempo esta muller-mapoula, esta constructora de palabras, vai acadando máis parcelas de calma e xa case non se marea cos ritmos lentos¡
Por exemplo, cando a nosa amiga visita a Gobertrand Le Marquis, como pensades que resiste os movementos pausados deste híbrido? Pois exercitándose na Calmatio todos os días, como nós cando aprendemos a táboa de multiplicar. Cada día mellora un pouco e así xa non cansa cando o híbrido máis fermoso de todos estende o mantel e pronuncia a frase famosa: "Mira que ben estamos aquí, tranquilos".
Ao principio Asor perdía os nervios, doblaba as pernas e os brazos, como unha boneca articulada. Agora bota un riso e contesta sempre igual:" Sí. A nós o que nos gusta é estar así, tranquilos na casa". Todo é mellorábel ata o que nos parece imposíbel.

18 commentaires:

Anonyme a dit…

jajaja! Agora adícaste ao "Budismo espacial", que ben que o pasas co Nimaj nebén! veña! confesa, Asor-mapoula!! ao final acabaches farta de tanto pétalo podrido! BUENO, era broma, miña Rosa, era broma. Tes moita razón, gustoume a metáfora deste post. A tranquilidade sempre dá mellores resultados na vida. O teu planeta é a hostia. Creo que me vou facer desertora da fodida TERRA!
Bico de moralla, que aquí se apaña (estou a construír unha nave sideral!!) ;-)

Anonyme a dit…

Hoxe Asor fíxome botar un riso. Imaxínoa estruxando as mans por debaixo da mesa de reunións de Gobertrand. De seguro agora fica coas mans firmes, entrecruzadas e por riba desa mesa de acordos.
Valoro a tranquilidade como "Le Marquis" e o afán por mellorar, como Asor.
NTLV.

Anonyme a dit…

Ola Rosa!
Ao ler esta nova entrega lembreime de cando era cativo e non aguantaba estar sentadado no banco da igrexa escoitando o sermón de cada domingo do Sr. cura...se queres coller caramelos mete a túa man no meu peto...daquela non gostaba dos doces, menos mal.
Levo tempo sen escribir nada xa que estou adicandolle o pouco tempo que me teño, logo de traballar, á música, á composición.
Unha aperta grande do neno congoxa...

Son Unha Xoaniña a dit…

Ai Asor!!! esa muller mapoula, sabía eu que non tardaría en apreciar a tranquilidade de sentarse a charlar nunha mesa sen máis nada que facer.
Nimaj Nebem quérea moito, pero como mozo novo que é cústalle expresar os seus sentimentos, Pero Asor tamén á aprender a valorar os seus silenzos.

Anonyme a dit…

Benvidos todos e grazas pola vosa visita¡
A Yoli-Moralla: Seica queres facer unha nave espacial pois buscareitche unha cita con Notamán o Híbrido encargado dos labores tecnolóxicos.
A NTLV: Benvido por Valdeorosa. Asor vai relaxando as temperaturas da presa e aprende... "Porque una aprende y aprenede" Así dicía o poema que colgou miña irmán hai un tempo. A aprendizaxe é esa arte de traballar a humildade.
A Neno Congoxa: aquí, en Valdeorosa, hai un espacio reservado para ti porque Asor e eu valoramos moito o que fas. Non sabiamos que tamén fas música¡ Aver se podemos escoitarche nalgún post, aínda que sexa só unha estrofiña. Unha aperta meu¡¡
A Rifo: Como vai todo irmán? Asor xa coñece todas as sinfonías do silencio de Nimaj Nebén, aínda que a ela lle vaia máis o da velocidade. Un bico candidata¡(valdeorosa-rosa)

Anonyme a dit…

Que sorte tén Asor ó ter o seu carón a persoas que lle dan tranquilidade, que practiquen con ela a "calmatio". A veces bótanse de menos...como en tantas cousas Asor está de noraboa.
Oerius

Anonyme a dit…

Ola!
Se queres escoitar algo do que fago pode pasarse por:

http://www.myspace.com/unsermusic
http://www.myspace.com/colectivooruga

Unha aperta forte.
Neno C.

Torreira a dit…

Unha non nace aprendida nerviuda rosa mais quen sabe co paso do tempo...Bicasos

Ra a dit…

Ésto se pone cada vez más interesante, Doña Rosa...

Anonyme a dit…

Hola a todos.
Torreira: vas ter razón.Vouche facer caso, a ver se é que se lle meteu a Asor na cabeciña iso de que é nerviuda e finalmente asumiu ese rol. Ás veces os clichés que sobre nós lanzan outras persoas sen´pensar vai facendo mella e logo un non da quitado de enriba tanta idea fixa¡¡¡ Grazas Toreeira.
A Oreius: Eu tamén creo que Asor está moi ben rodeada. Os amigos que ten son do mellor.
Benvida RA. Grazas polo comentario.Agardo que esteas entretida e pases sempre un bo momento cando nos visites. "Mil grazas dende Aretx RA", (palabras de Asor dende o outro universo)
A neno congoxa: ESCOITAREI O QUE FAS. Unha aperta (valdeorosa)

Anonyme a dit…

Me gustaría pertenecer a esa agrupación de Vasos Comunicantes, pero ahora estoy bien en mi agrupación actual, creo que va siendo hora de sentar la cabeza, y eso es lo que voy a hacer o por lo menos intentarlo. Un besote Rosa.Manuel http://manuelgr.blogspot.com/

Anonyme a dit…

Benvido Manuel: Ti non necesitas pertencer a ningunha asociación porque ti es un tío de p... n.. Así que ti só es suficiente . Unha aperta Manuel(valdeorosa-rosa)

moucho branco a dit…

mmm... un pracer reatoparme cos asoritas, anque agora terei que poñerme ao día... perdinme moito, me temo...

Anonyme a dit…

Por fin ¡¡¡ Onde estabas? Entrei no teu blog e parecía parado. Xa estás de novo con nós? Asor e eu celebrámolo. Unha aperta(valdeorosa-rosa)

torredebabel a dit…

semella un bonito sitio este Asor. Virei moito se sempre atopo esta porta aberta.

Anonyme a dit…

ajajamulaelalajotakalalalal
ajomecagokoaoo
Híbrido falando, híbrido falando, repugnante achegándoseeeeeeeeeeeeeee
ASOR, RIFO!!!
salvádeme!!!!!

Son MORALLA, polo transmisor-micro-asorita-parlanchón-bufóndeluniversoenexplosión
escoidádesme?????
A35-Cambio

Anonyme a dit…

Un Blog con moita imaxinación o das viaxes da nave estelar de Asor, na misión de atopar mundos descoñecidos ,descubrir novas vidas e novas civilizacións; ata lugares onde ninguén puido chegar...

http://www.myspace.com/benjeeenriquez

Anonyme a dit…

Hola Rosa,

La imagen que has utilizado: Colegiala pertenece y ha sido dibujada por Asor Rosa

Cuando uno utiliza un archivo/imagen/texto de otro, lo minimo es citar fuente, como cortesia...

¿No te parece?

Muchas gracias