Aquí tedes unha imaxe de Sennar cando está quieto, cando se fai o santiño, cando non protesta, cando observa a Asor por detrás dese cristal líquido que potencia o seu aire aniñado de gatiño sensíbel e intelixente. Así é Sennar: un pillabán.
Mirade estoutra imaxe do mesmo felino. Parece outro. Asor coñéceo ben e non se sorprende de nada. Quéreo moito e cuídao ben. Dende cando se coñecen? Pois dende que Asor levaba tres coletas. Nimaj Nebén lV de Zeuquirne ofreceullo canda nena, para que tivese compañía e non pasase tanto tempo coa roboneca Yanic. Este gato procede de Berix, o planeta máis próximo a Aretx, onde vivían os híbridos. Pertence a especie dos TACX, felinos situados exactamente por debaixo dos híbridos na cadea evolutiva. Para entendermos son animais racionais, intelixentes e contumaces. Poden falar e posúen un estraño sentido do humor. Asor pásao moi ben con el, ten con quen falar no seu navungalow cando está soa. As conversas con Sennar son moi variadas porque é todo un humanista. Pero o máis curioso deste gato é que ten ás, como todos os da súa especie, os TACX. Así Asor e el realizan viaxes por todos os continentes de Aretx buscando coñecer o mundo. Normalmente realizan viaxes a Tangibia, a rexión onde viven os anfibios e alí permanecen sempre uns días. Durante a viaxe sempre discuten un pouco por nimiedades. Sennar é así, quisquilloso e un pouco desconfiado.Na derradeira viaxe case se matan. O accidente foi apoteósico. Directamente viron as estrelas.
13 commentaires:
Esta rifo si que sabe facer regalos (o das bonecas resultaba un tanto perigoso).Bico
Como mola Sennar.
Bico
Este par de gatos, son mais persoas que moitos humanos.
Unha aperta
Voulle aclarar a Torreira, que non foi Rifo de zeuquirne, a que lle regalou o gato, foi outro da sua estirpe, con moi bo criterio como vostede aprecia, jajaja.
Valdeorosa, termina de contar a historia do accidente co gato alado que estou intrigada.
un biquiño.
Interesante personaxe o de Sennar. Xordenme varias dubidas. ¿Cómo reacciona o gato alado cando te visitan os híbridos? ¿Qué relación mantén con Nabetse e con Asor Lía? Dis que é humanista, non podía ser outra cosa.
Oerius
Benvidos Torreira, Ra, BRAISSSS¡¡¡¡¡¡,Rifo e Oreius.
Torreira: Foi Nimaj Nebén que ofreceu o gato alado a Asor. E si, coido que tes razón, o da roboneca era un pouco perigoso.
Ra, benvida por estes lares. Alégranos tela por aquí. Sennar é un gato flipante co que Asor o pasa moi moi ben. Ás veces é un pouco repugnante pero fai gracia.
Brais¡¡¡ Canto me alegro de telo de novo por valdeorosa. Bo´támolo de menos por valdeorosa. Xa está de novo co seu blog? Visitareino.
Rfo, o accidente foi toda unha colisión¡¡¡ Asor non se ve capaza de menexar un nabúnculo coma os dos Híbridos. Vai subida a Sennar pero se collen moita velocidade morre co medo.
Oreius Oreius Oreius... Ti es un CRACKKKK. Sennar é un gato meloso pero un pouco ciumento. Cando ve a Esmar... ponse nervioso e cóstalle adaptarse pero pouco a pouco vai superando todo isto. Os proxenitores de Asor coñecen ben a Sennar e están moi contentos porque vive coa deliberante e lle fai compaña. Bicos (valdeorosa)
Ese jatiño alado chegou a unha órbita espacial preciosa e colorista, nena. Como me namora Sennar a través do cristal e dos peixiños.
Por eikí na praia aínda sobreviven uns cantos, malia tanta contaminación conserveira.
Bicos flor
Moralla
Eu penso que de entrada tomaríame con recelo a presenza do gato no navungalow...Gardo as distancias, tamén co reino animal. Pero se Sennar é como dis acabaríalle collendo certo aprecio. E quen sabe se ó final propondríalle a Asor un cruce con outro felino para poder deliberar con él nas tardes de paz.
Un bico.
NTLV.
BENVDOS MORALLA E NTLV:
Este jato mola moito Yoli. Dígocho eu. Respecta moito aos peixes e come un pouco coma nós. É omnívoro. Sennar adora a praia así que estou segura de que lle gustaría estar alí coma ti. Disfrutando do sol.
NTLV: É sempre un pracer terte por aquí e ler os teus comentarios. Valdeorosa é xa a túa casa. Sennar é un bo gato aínda que algo rosmón pero resulta moi divertido escoitar ese murmurio de queixas sen sentido que el sabe perfectamente que non son xustas. Digamos que lle gusta protestar.Bicos aos dous.
(valdeorosa-rosa)
BENVDOS MORALLA E NTLV:
Este jato mola moito Yoli. Dígocho eu. Respecta moito aos peixes e come un pouco coma nós. É omnívoro. Sennar adora a praia así que estou segura de que lle gustaría estar alí coma ti. Disfrutando do sol.
NTLV: É sempre un pracer terte por aquí e ler os teus comentarios. Valdeorosa é xa a túa casa. Sennar é un bo gato aínda que algo rosmón pero resulta moi divertido escoitar ese murmurio de queixas sen sentido que el sabe perfectamente que non son xustas. Digamos que lle gusta protestar.Bicos aos dous.
(valdeorosa-rosa)
às vezes nom sei que fazer com meu telefone móvel... ti que dis?
Benvido Gustave¡¡¡ Pois no referente ao mobil penso que debes empregalo porque para iso está. Pos suposto¡¡¡ Ás veces pòde non haber cobertura pero é algo puntual. Ademáis ti non es un amante das novas tecnoloxías? Un bico(valdeorosa-rosa)
Un día tiven un can alado, independente e un chisco desconfiado coma este gato de Asor.
Con el non viaxaba voando pero si camiñabamos as pistas de terra que rodean o submundo do meu pobo.
Unha aperta.
Neno C.
Enregistrer un commentaire