mercredi, mai 02, 2007

UN DÍA NA VIDA DE GOBERTRAND






Gobertrand, Le Marquis, non é un híbrido calquera. El aúna todas as vontades baixo esa inmensa capa dun azul que estala nos ollos dos que o contemplan. Como sabedes coñeceu a Asor na navescoteca DIES IRAE o día da festa da Gran Escuridade, nunha viaxe anterior ao seu emplazamento definitivo nas terras de Noruf. Coñecéronse a través do comandante Ilov, encargado de presentalos para pactar acordos no que ao asentamento hibridota se refire. Este ser de luz non puido conter un riso máxico destilado a través dos seus dentes brancos e ben colocadiños. A deliberante era graciosa aos seus ollos. Ela tamén interpretou ben esa beleza que era todo un espectáculo entre as sombras. Chegaron facilmente a un acordo e concertaron o día da aretxizaxe ...




Dende que chegou a Noruf este híbrido mercou un navuncastel fantástico e cómodo no que habitar. Esta residencia marabillosa estaba sita nun dos máis fermosos recunchos de Noruf, un espacio de terra vermella, un tanto alaranxada ubicado no centro. A Gobertrand encántalle vivir alí.








Se me preguntades o que fai cada día direivos que unha morea de cousas: dirixir a civilización hibridota, ocuparse dos conflictos que debe resolver coa axuda de Esmar e comunicarse con Asor para solucionar os asuntos de política intercontinental relacionados co oxixenador que están a fabricar As Coeurs Ouverts, xa sabedes.


Pero de todas as actividade que practica, que son moitas, unha das súas preferidas é a observación do crecemento das plantas. De todas as flores cantas hai el prefire os camelios coma este. Mercouno no mercado de Noruf e meteuno na sala central do seu navuncastel. Púxolle un nome: Celerio. O máis curioso de todo é que cando Gobertrand rega a súa planta esta fálalle cousiñas en baixo... Que será o que lle conta?

15 commentaires:

Anonyme a dit…

Gobertrand fai moi ven rodeándose de plantas, porque non só alegran o ambiente senón que o osixenan cando está cheo de malos fumes ou está irrespirable.
Gústame tanto este planeta, por que non nos guías para poder estar uns instres... Sería unha experiencia cósmica irrepetibel...
Un bico, rapaça
Mona

Son Unha Xoaniña a dit…

Eu tamén lles falo as miñas plantas, teño azaleas fuxias e brancas, begonias amarelas, pensamentos de varias cores, e unha buganbilla, fálolles todos os días por ver se me din algo, pero inda non dei atopado a lenguaxe adecuada para entenderme con elas.
Tería que falar se cadra con Gobertrand para que el me ensinara.
un saudiño.

Anonyme a dit…

Eu tamén me pregunto en que termos transcorre a conversa entre Gobertrand e mailo camelio...moi simbólica a relación que estableciches entre o híbrido todopoderoso e pactista e a pranta. Xórdenme moitas preguntas:¿lévanse ben todos os híbridos entre sí? ¿Asor confía totalmente nestes seres mestura de gatos e seres humanos? ¿E a camelia o símbolo de Aretx?
Fantástico coma sempre o teu relato.
Oerius

neno a dit…

Gostei moito do camelio que governa a sala central do navuncastelo...penso que xa comezo a familiarizarme coa terminoloxía dos teus relatos (ao principio perdíame, son un recén chegado).
Parabéns e unha aperta.

Anonyme a dit…

Grazas a Mona. a Rifo, a Oreius e ao Neno Congoxa. O camelio é fantástico. Non representa a Aretx pero permítelle a Gobertrand ordenar ideas e compartir anacos de soidade. Poida que teña certa relevancia no mundo hibridota. Gobertrand goberna no0s Híbridos e eles síntense ben con el. Cando Asor ve que están contentos co seu líder ela síntese satisfeita. Facerse cos personaxes será fácil poeta. GRAZAS pola visitaa todos.(valdeorosa-rosa)

Torreira a dit…

Esa navescotaca e un lugar de perdición,sorte de atopar canto menos híbridos como eses.Bico

Anonyme a dit…

guapa...que tal eses segundos...xa me entendes, de feira....onte

Bicos dende Auria ben soleada,
escoitando á outra Rosa.
Oes! esas non son rosas! son camelias!!
Yoli

Anonyme a dit…

BENVIDOS YOLI E TORREIRA¡¡ Si este híbrido é boa xente. Un tanto solemne, ás veces, pero niso radica o seu encanto. a Asor bótalle sempre un riso que sabe a tenrura e simpatía. Un bico.

Son Unha Xoaniña a dit…

Queríalle mandar a Asor a miña páxina, dille que lle bote unha ollada. Un biquiño.

http://www.bng-petin.org

Anonyme a dit…

Dende o meu cárcere particular intento seguir esta historia na que agora me perdo un pouco ¿que é As Coeurs Ouverts?

Anonyme a dit…

bENVIDO manuel. as coeurs ouvert son unhas sereas que habitan nun lugar paradisíaco. Defenden o medio ambiente e están a construír un oxixenador para subsanar os problemas da carencia de oxíxeno. Bicos(rosa-valdeorosa)

franetico a dit…

Eu tamén andaba perdido nesta travesía ata que fiquei prendado deste que dende agora vai ser o meu territorio... son un barbudo colono do asentamento hibridota. Todavía teño un carné de cultivador hidropónico de marihuana interestelar , seica caducou fai decádas, pero...

Anonyme a dit…

Benvido franético. Estou un pouco vaga esta semana pero prometo colgar un post mañá que desexo vos entreteña. Non te perdas e xa sabes esta zona de Noruf está aberta para ti. Os híbridos te saludan e Asor envíache un bico.

Anonyme a dit…

o moderno bota de menos à Rosa no seu blog.... deixo-che aquí o endereço por se tens problemas pra chegar.... ou é que tal vez já nom gostas das minhas trapalhadas.... ais que disghusto!

MODERNO DE MERDA

Anonyme a dit…

Un tipo interesante o gobertrand este, máis debe ter pouco tempo para as rosas con tantos asuntos que atender...