samedi, juillet 28, 2007

BLOGOMERÓN: PATA FEA

Aquí estou. Enriba da artesa. Pero quen é esa pailaroca que mira seguido. Meu deus¡ Non podo seguir aquí dentro. Vou estoupar¡ Ouh, que fai ? É parva? Se move todo¡ Que mareo. Que vomito. Heille meter o peteiro nas meixelas. Para xa¡ Cuidaaaadooo¡¡¡ Son un ovo¡ Flipante. Pensa que son ... Incríbel, véxoo todo a través deste cárcere. Non respiro. Vou afogar... quen son todos estes? Estou rodando¡ Sinto que vou escaAAAAACCHHHAAAAAAAAAAAAAAAAAARRRRRRRRRRRRRRR¡¡¡
CHASCARRASCHÁS.

Palmira naceu no mes do noso Señor, a carón dunha fonte pequena situada á beira do camiño por onde André paseaba as vacas. Pertencía a unha saga de ánades transhumantes que traballaban nun circo como malabaristas pero ela non sabía nada diso. Palmira era claramente un bebé abandoado. Non atopaba familiares coñecidos por ningures...
Ao cabo duns días chegaron ao Val di Orras un grupo de patos amarelos ben bonitiños, co peteiro limpo e as plumas batendo no ar. Celebraban unha festa.
Jeremy, o máis grande de todos, achegouse a ela e preguntoulle:
-E ti, de quen ves sendo?
Non houbo resposta. Palmira non sabía quen eran os seus pais. Jeremy observouna atentamente con aire de suficiencia e engadiu: - Es ben fea¡ Como te chamas?
-Palmira, dixo algo tímida, podo ir con vós?
Jeremy dixo que sí e levouna cos seus irmáns. Estes nin lle miraron á cara. Cando lles falaba non lle contestaban, como se non falase niguén. Comprendeu entón que non a querían no seu clan. Sería porque era fea? Sería porque non a coñecían? Sería porque eran tontiños de todo? Como non entendía nada e non estaba a gusto, colleu o bolsiño de Zara Animal e marchou para a cidade. Pensou en operarse, reducirse o peteiro ou tinxir a plumaxe. Non o fixo. Vós pensaredes que esta pata se transformará nun cisne fermoso pero estades nun erro. Palmira era unha pata dos pes á cabeza. Así que non cabe esperar un regreso toda chula, rodeada de cisnes¡
Que fixo entón? Meteuse a cantante nun pub do barrio chinés. Alí coñeceu a un can moi simpático que fixo dela toda unha intérprete do Bel Cuácntico. Actuaba todas as noites. O seu espéctaculo acadou moita sona entre os noctámbulos. Pouco a pouco o seu aspecto foi cambiando e convertiuse na pata máis sexi do local polo que era moi demandada como compaña de cans, patos, lobos e demais animais.
Un bo día Jeremy chegou ao bar e tralo espéctaculo quixo deitar con Palmira. Parecíalle tan glamurosa...
Palmira díxolle que esperara un chisco, que tiña que cambiar a plumaxe toda e meteuno coas ocas, un grupo radical feminista de ánades. Elas quitáronlle as plumas e organizaron un festival orxiástico. El berraba coma un tolo pero xa era tarde, as ocas estaban enriba del e metíanlle o peteiro por todas partes. Logo deixárono só, no medio do recinto. Estaba feito polvo. Mallaran nel coma tolas. Palmira compadeceuse e levouno con ela. Cuidouno e deulle de comer. El preguntábase seguido porque lle fixeran iso, porque o trataran tan mal. Sería porque era de fóra? Sería porque non era un ganso? Sería porque eran tontas?

A soberbia, como o desprezo, é un conto xa moi vello. Estade atentos e dádelle sempre ao corazón o mellor alimento.

15 commentaires:

osondaxordeira a dit…

fermosa historia para ler unha mañá de verán
un bico moi grande

Anonyme a dit…

non é certo que a maioría das veces a vinganza non chega?
reflexión axustada?
Gustoume, pero penso que o mundo está cheo de Jeremys capaces de amargarche a vida.

Saúdos.
Daniel.

rosa enriquez a dit…

Benvid@s¡¡
Ao sondaxordeira: pois se pasas un ratiño agradábel lendo, eu xa estou contenta. Un bico grande tamén para ti.
A Daniel: o da vinganza non che é boa cousa aínda que ás veces, se che tocan un pouco máis da conta a moral é fácil pensar, "mmmmmm unha mágoa esto de non ser eu o Conde de Montecristo¡¡¡" A min encantoume este libro, confésoo. Pero o rancor non é bo para a saúde mental.Mellor facer como Palmira ou pasar. Bicos e moitas grazas pola visita¡¡

Anonyme a dit…

Sería porque Palmira non leu a súa derradeira frase, Rosa? Ou sería porque ela sabía que os patos doentes sempre namoran das enfermeiras mentres están no hospital?.
Encántame esta serie do blogomerón. Non hai pato que quede con cabeza.
Un bico.

Anonyme a dit…

Nada máis lindo que identificarse coa "pata FERMOSA", sen que ninguén te amole, e entregando o corazón. É máis fermoso dar que recibir. Pero ás veces as feridas do pasado fan difícil este acto en certas tempadas e circumstancias. Aínda así, a xenerosidade ten recompensas marabillosas e infinitas. "O corazón ten tres portas"
Bicos linda
Yoli ;-)

rosa enriquez a dit…

Ola e bo día as dúas¡¡¡
Á Doutora: o que máis me gusta de Palmira é que se busca a vida e consigue, aínda que con moito traballo, pasar destes ánades imbéciles e escuros.Penso que ao final cae na conta de que son moito máis feos que ela¡ Un bico grande grande Doutora. Un pracer tela por aquí. Sempre.
Ola Yoli¡ Moitas grazas pola túa visita¡¡¡ Sei que estás de vacacións( merecidísmas) e é de agradecer que visites este meu sitio.A min o que me encanta desta pata é que non se transforma noutra cousa. Consigue vivir facendo o que lle gusta sendo unha pata, sen cambiar nada. É máis saca de dentro todo o seu lado sexi porque todos levamos anacos de beleza no interior. Tes razón, dar é mellor pero non sempre somos capaces da xenerosidade que deberiamos por iso que ti dis, as feridas. Porén, o tempo e outras vivencias fannos atopar vías de satisfacción insólitas e descoñecidas, algo que non esperabamos e que nos fai moi felices. Entón podemos ofrecer máis de nós mesmos a todo o mundo. A vida é unha aprendizaxe é non ímos sabelo todo ao principio. Imos mellorando co tempo. Un bico moi moi grande loira¡¡¡¡

Anonyme a dit…

aínda non estou de vacances!! mais queda pouco, queda.
apertas grandes
Y :-)

Raposo a dit…

Palmira elixiu ser cantante dun club cando podería ir a un programa deses da televisión, estilo operación triunfo. Tomou a decisión acertada.
Apertas.

rosa enriquez a dit…

A Yoli: pois si xa queda pouco para as vacacións vai preparando as cousiñas para disfrutar da praia¡¡ Bicos
Ao Raposo: Benvido¡ Pois si, mellor cantar nun clube que nese programa tan plasta¡ Ten máis liberdade para elexir o repertorio de cancións¡Bico grande

paideleo a dit…

És unha contista ben orixinal co estas adaptacións doutros contos.
Non sei se ó Leo lle gustarán máis estes contos ca os de sempre.
Un saúdo e graciñas pola visita.

Unknown a dit…

Gústame a lección que podo sacar disto conto...o que ocurre é que por moito que nos repitan as leccións non sempre queremos aprendelas aínda que as entendamos perfectamente.

Suso Lista a dit…

O desprezo e a soberbia...eso si que fai da�o.

Anonyme a dit…

Leccións dou que eu non aprendo e consellos damos que para nos non temos.
Interesante moralexa (escríbese así en galego?)

Un bico.

NTLV.

rosa enriquez a dit…

Ola Paideleo e benvido por valdeorosa¡ Penso que ao neno Leo, con ese riso de cachondeo que ten, gustaranlle as historias coma estas co tempo. Un bico e grazas pola visita

rosa enriquez a dit…

A OERIUS: Benvido cabaleiro¡ Xa me tardaba a súa visita¡ Dicía eu para as miñas adentras" Onde andará metido o Cabaleiro Todo Corazón?". Seguro que traballando. Moitas grazas pola súa visita a este humilde valdeorosa que é xa a súa casa. Concordo con vostede niso de que non damos aprendido.Mellorar é un exercicio duro. Non lle parece? Fai falla tempo e vontade. Un bico grande para vostede.
A NTLV: Para vostede, o rei do equilibrio, ise que todos buscamos para nós, teño que dicirlle que os consellos nunca sobran pero leva razón niso de que TODOS temos moito que aprender. A ver se o logramos porque como moi ben di SUSO LISTA(BENVIDO E MOITAS GRAZAS POLA SÚA VISITA) determinados erros que cometemos, como o de ser soberbios e despreciativos, causan un dano gratuito a terceiros que non é necesario e coido que poderíamos evitalo.Un bico grande A NTLV, O EQUILIBRISTA,
A sUSO lISTA: encántanme as súas historias. Pásoo ben lendo o que conta. Co que máis rin foi co da procesión de Corme. Creo que dende aquí poderíamos recomendar a todos ir vela :) BICOS