mardi, juillet 10, 2007

BLOGOMERÓN: O PRÍNCIPE QUE ERA UNHA RA

Os días transcorrían naquel lugar afastado da corte do rei Rabadilla cunha placidez inusitada pois nos tempos deste monarca o normal eran as guerras con estraños e as loitas intestinas na busca do poder. Nese estado de cousas Eliodora decidiu dar unha volta polos arredores por ver se acontecía algunha cousa. Os seres humáns somos todos así, sempre andamos á procura doutras experiencias que nos liberen da alienación á que estamos sometidos por decisión propia, por abulia e falta de carácter. Pois ben, como vos estaba a contar, a fermosa Eliodora saíu do seu cárcere interior e entregou o corpo ás montañas e camiñou cara ao nordés. No seu paseo deu cunha lagoa marabillosa chea de frores flotando nela coma os ovos fritos no plato e ao achegarse para cheiralas ouviu un ruído raro, como de follas abanexadas polo vento. Ergueuse e mirou cara aos lados pero non viu nada. Ao cabo duns minutos unha voz grave e profunda estendeuse por toda a lagoa: "Eu son aquel co que soñas na nudez do teu leito. Eu son quen rastrexará no teu corpo horizontes de grandeza"
Que febril incomodo medrou no ventre das baleas que vivían dentro dela, que encantamento marabilloso, que loita de alfinetes batendo nas paredes íntimas... Sen máis dilación, Eliodora Rabadilla, a das carnes apretadas e cabelos contra o vento, mirou cara ás árbores que tiña detrás e puido ver ao gran Príncipe da Lagoa, un mozo duns vintetantos anos, gallardo mancebo con ollos verdecentes e longas pernas. Metéronse un dentro da outra alí mesmo, enriba da herba, sofocados pola temperatura dos corpos enfrontados e construíron unha soa e única fortaleza por medio da máis feble das promesas, a do amor. Xurar amor cando o que temos é unha calor inaudita asolagando todos os tabiques é a máis hipócrita das actitudes humanas, un exercicio amatorio pueril e pouco serio. Porén eles non o sabían. Non eran conscientes da diferencia e xogaban a amarse entre beixos latexando linguas axitadas, fuxidías, buscando o pracer máximo, o Grial místico da consciencia agochado nas profundidades...
Ao cabo dun par de días os amantes entregaron as promesas de amor diante de todos os habitantes da corte. O rei Rabadilla deu a súa aprobación e os esponsais remataron nunha festa dionisíaca de sexo e comida ata fartar.
As primieras semanas todo parecía normal pero ao chegar ao mes Eliodora empezou a estar cansa do príncipe. Algo incríbel estaba a suceder: o mozo sufría unha estraña metamorfose, estaba a transformarse nun animal viscoso, verde e noxento, algo parecido a unha ra xigantesca¡¡ Eliodora berraba:"Porque, porque ?" Unha voz lle respostou" POR NON MIRAR BEN, POR NON ESTAR ATENTA"
O príncipe Rabadilla non sabía facer nada: nin fregar, nin planchar, nin dar conversación... Para que, diredes vós, non é un príncipe e ela unha princesa? Pois para todo porque na corte do rei Rabadilla para amar ben hai que fundirse por completo e demostrar as capacidades domésticas e de salón cada día xa que o pobo estaba a piques de derrubar o castelo e instaurar unha República.Conviña prepararse...
Velaiquí tedes o conto do príncipe máis torpe que se puido atopar nunha corte e eu volo conto como o sinto, presentándovos a unha especie de inútil, e non minto.

18 commentaires:

Anonyme a dit…

Fermosa volta do concepto rá que se converte en príncipe. No caso de ELiodora o príncipe saiulle rá, algo que por outra parte pasa con frecuencia no mundo dos contos reais. No noso mundo. Claro, hai que estar atentos. Seguro que cando o príncipe era fermoso soltou algún "croac" de rá e Eliodora, toda envainada nin se decatou.

Unha aperta.

NTLV.

franetico a dit…

¿ que sentará sobre su trono el Rey Rabadilla? Rosa, abres un universo de intrigas palaciegas con cada pisada sobre esta monarquia de posaderas.

rosa enriquez a dit…

Ola e benvidos NTLV E FRANÉTICO.
a NTLV:tes moita razón. Haiche moita ra solta polos arredores. Convén estar atentos por se emite algún ruído estraño.
A Franético: Pois virá sentando a Doña Rabadilla e todas ou todos os que sexan demandados e acepten a proposta. Bicos aos dous

osondaxordeira a dit…

nena, xa estás entre os links. púxenme ao día... bicos

rosa enriquez a dit…

Ola e benvida¡ Eu estou todavía a facer cambios no meu blog. Apredín hai pouco a meter links. Estarás ti tamén nos meus. Unha aperta e grazas pola visita.

Anonyme a dit…

"Para amar ben hai que fundirse por completo", canta razón tes pero o caso é saber cando a fusión non é un espellismo. A princesa quería amar e trabucouse. ¿Aprenderá?
Oerius

Marinha de Allegue a dit…

Agradezo a visita e é certo non falamos nada, se cadra non era o momento axeitado xa virán outros momentos propicios.

Unha aperta de gratitude.
:)

rosa enriquez a dit…

Ola Oerius, gústanme sempre as túas reflexións. Aprenderá a princesa? Pois non cho sei. Eu agora pregúntoche a ti: cres que estaría ben unha escola para amadores? Pensarei eu niso tamén. Bicos e moitas grazas pola visita

rosa enriquez a dit…

Vaia¡ Debe ser a primeira vez que conecto en directo con alguén¡ É divertido¡ Saúdos Marinha de Allegue . Benvida ao meu valdeorosa grazas pola visitiña. A ver se a próxima vez falamos un cachiño.

Rifo I de Zeuquirne a dit…

Non se che pode deixar soa, mira que marcho uns días e montas un Blogomerón, moi boa idea esta nova visión dos contos de sempre gustoume moito o de Rapunzel, xa me parecía a min que en algo se había entreter a nena feiticeira.
un biquiño.

automator a dit…

No toda la culpa es de la pobre princesita. Sí que es cierto que él era un inútil doméstico, pero de todos es sabido que una vez formalizada una relación los contrayentes tienden a acomodarse y descuidarse. Cuantos cuerpos no se han estropeado una vez casados. Cuando ya se ha "cazado" parece que está todo hecho.

El príncipe dejo de hacer body building una vez que pasaron las nupcias, de comer Special K y de echarse todo tipo de ungüentos. En vez de eso comenzó a cebarse a cordero, tirarse en el trono a ver torneos y dejar crecer la barba.

Ella descubrió que él era un chulo más, un cazafortunas.

Según me ha contado un pajarito de la corte, ella ahora mantiene relaciones con el hijo del presidente de una República vecina, que es más moderno y se depila todo. Ella no hace más que untarlo en nata light y comérselo a lametazos.

Eliodora no era tonta, ni incauta, ni ansiosa, es que no topó con un buen hombre :D

rosa enriquez a dit…

Bo día a Rifo e Automator.
A Rifo: fantástico¡ Xa estás por aquí¡ Como ves, en valdeorosa estamos nun país de encantamentos cruzados, chégannos historias de todas partes. Bicos.
A Automator: Benvido por este valdeorosa. Acabas de falar: este príncipe debeu deixar de tomar hortalizas e comezar a practicar tumbing... Claro, como moi ben dis ti, nestas situacións sempre hai un vecino por aí que está como recén saído do forno e certas visións relaxan a vontade. En fin, cousas que pasan neste País Desencantado.Ub bico grande

Doutora Seymour a dit…

Dígalle a Eliodora da miña parte que non se me deprima, que colla a porta e dea unha voltiña de cando en vez pola lagoa. Hai ras a eito, pero que non cometa a equivocación de levalas para a casa, muller!

Vostede tamén mira que porlle Rabadilla!, que cruel...

Elianinha a dit…

Encantada de terte coñecido, Rosa!!!

Torreira a dit…

Que bo o texto...esto pasa por misturar as feromonas co compromiso occidental importado.Bicos

Suso Lista a dit…

Eu xa sabedes que o resolvo todo co Gran Sol, asique...

moucho branco a dit…

que atractivo o príncipe rabadilla, que tipo tan interesante... ;)

rosa enriquez a dit…

Ola a todo@s� Acabo de chegar � casa e non me d� o sono. Ent�n que fago? Entrar en valdeorosa a ver como anda todo e, claro,at�povos por aqu� Fant�stico porque, como di Torreira, fac�desme compa�a.
Ademais te�o unha visitante nova, Elianinha� Benvida nena���
� Doutora: ten vostede toda a raz�n do mundo, para facer do amor algo dom�stico fai falla ter precauci�n. Conclusi�n: Eliodora foi pel�n inx�nua e precipitada. O do nome... pois si, � cruel pero f�xome gracia. Bicos.
A Elianinha: A min tam�n me gustou co�ecerte a�nda que falamos pouco. Hab�a tanto ru�do que aquelo de falar haber� que deixalo para a pr�xima vez porque haber� outras. Seguro���Bicos e grazas pola visita.
A Torreira: Cabaleiro esta damisela � unha v�ctima do sexismo occidental, dos matrimonios como certificado de "normalidade" e de ler tantos contos de fadas. En occidente somos as�.Bicos
A Suso Lista: pensarei no do Gran Sol para cambiar de aires.Bicos
Ao Moucho: Si. Este pr�ncipe pinta moi ben as� de primeiras(alto, guapo, ollos verdes) de segundas...
En fin que me alegro moito de tervos por aqu� e de que pasedes o rato con estas historias mi�as. Unha aperta ghrande e boas noites���