(Lucho, Xoán e Troulón, fotografía tomada nos anos sesenta no festival infantil de fin de curso:Porcallada )
Alá polos anos setenta a familia Boullona vivía nunha casa de pedra no medio do monte, a poucos quilómetros de Pireira, unha cidade enorme. Nela vivían papá Boullón, mamá Boullona e os tres pequenos Boullóns: Lucho, Xoán e Troulón.
Eran felices xuntos, garantízovolo. O problema comezou cando Lucho, o máis astuto, tomou a decisión de independizarse. Pretendía mercar un apartamento de solteiro no que levar á porquiña Trini, a súa moza.Mamá Boullona e papá Boullón levaron un bo disgusto pero o drama da separación familiar só acababa de comezar porque os outros dous irmáns, Xoán e Troulón, tamén decidiron marchar. Querían ser libres, non dar explicacións a ninguén e facer da súa vida o que lles petase. Tras varias semanas de busca impenitente partiron un sábado pola mañá.
Lucho atopou un piso céntrico de cor vermella moi chuliño e Xoán e Troulón mercaron un a medias na Rúa dos Porcos, a carón da igrexa. Todo transcurriu con normalidade durante as catro primeiras semanas pois sentíanse moi satisfeitos da súa adquisición. O problema comezou coa festa de inauguración que Lucho e maila súa moza deron no seu piso. Invitaron a moita xente e entre os invitados coouse Xenxo, un lobo macarra de todo. No medio da festa o tal Xenxo colleu á Trini e levouna ao baño, para meterse unhas raias, dixo. Trini era unha porca con moito vicio e ao lobo non lle costou moito convencela. Xa no interior foille ao morro con todo descaro e meteulle a lingua ata o fondo da gorxa. A Trini bruaba como unha tola, ben contentiña pero, cando xa estaba a piques de acadar o éxtase... Bum, zampouna. Só quedaron os restos do vestido rachado e as unllas dos pes. Cando Lucho caiu na conta de que Trini estaba desaparecida buscouna por toda a casa ata que chegou ao baño e comprendeu todo. Inmediatamente pensou en avisar aos seus irmáns pero estes xa estaban no balcón probando as pirulas que lles ofrecía Xenxo e, antes de que puidese evitalo, Luchiño viu como o Lobo e Caperuchiña arratraban os cadáveres polo corredor. O noso porquiño berraba deseperado cunha dor afiada no peito que o asfixiaba. Despois ficou en silencio, espantado. Ninguén facía nada, todos os invitados rían indiferentes.
Entón Lucho lembrou aquel western que tanto lle gustara, " Inferno de covardes", e como Clint Eastwood, agarrou o látego que Trini gardaba no armario da habitación e bateu no lobo cunha forza inusitada. "Sofre mamón, devólveme a miña moza¡" O resto dos invitados cantaron con el "ou te revolverás entre o pó dun pica-pica". Xenxo non parecía resistirse, é máis, gustáballe. Sobre todo se Caperuchiña vermella estaba diante, como así era. Imaxinade a escena: Lucho desfeito, Trini no bandullo, Caperuchiña drogada perdida e os convidados facendo o coro... Unha situación do máis absurdo, como vedes. O noso amiguiño choraba coma un tolo e, cando xa daba todo por perdido, o sanguinario e masoquista a un tempo vomitou botando á Trini fóra da boca. Si señor este conto ten final feliz... ou non. Non sei, non estou moi segura de se o consideraredes así xa que Trini marchou correndo da casa con Caperuchiña Vermella e abandoou ao pobre do Lucho. O porqué?... Imaxinádelo vós.
Velaiquí outra historia dos tres porquiños, contádea polos camiños
28 commentaires:
será contada. que pase vostede tamén un bo verán
Gustoume esta historia dos tres porquiños, moi interesante e actual.
Se facemos unha lectura entre liñas, darémonos conta que esto pasa en calqueira festa de hoxe.
Estiveches atinada Rosa, hoxe o conto sería como ti o contas.
Saúdos.
Benvidas ao Blogomerón¡¡
A osondaxordeira:espero que así sexa. Polo momento a cousa vai ben. Non hai queixa.Bicos
A rifo: Eu tamén creo que estes proquiños irresponsábeis do conto tradicional metidos á construcción serían hoxe grandes entregados ao fenómeno das hipotecas, amigos da festa,consumidores de sustancias ... Bicos
Vaia blogue de boas leituras que temos aqui :D Que saiba vosté que acostumo devolver as visitas ;)
A pobre Trini xa nunca máis volverá a ser o que era, agardalle un futuro que non lle desexo a ninguén, Carapuchiña non é trigo limpo (pregúntelle ao Lobo...). Toda esta desfeita teriase evitado se eses porquiños ficasen na casa dos pais ata os 5o como fan todos os fillos de ben. Moito vicio é o que hai.
Un lategazo..., un bico quero dicir.
Benvid@s¡¡
A Prosciutto mourente: grazas pola visitiña.Agrádame. Eu tamén devolovo as visitas. Sempre.Bicos:)
a DOURORA:Si. Esta Carapuchiña non é trigo limpo en absoluto. Estes porquiños na casa ata os 50¡¡¡ Cara a iso han chegar moitos como sigan así¡ Ten razón haille moito vicio. Eu creo que algúns destes oKupas familiares teñen depresión Doutora. QUe lles poderíamos recetar?? Bicos grandes.
Bravo!!
Yoli
Tes unha habilidade para cambiar os contos e para facernos rir cos elementos máis tráxicos. Eu se fora Trini non me iría con Carapuchina...sabe Deus que lle pasará.
Benvid@s Yoli e oerius¡
A yoli: outro bravo para ti¡
A Oerius: estes porquiños son moi marchosos pero a Carapuchiña ... Esa pode ser perigosa¡¡¡
Que corra a drogha, je je.
Canto vicio killing e que risotadas.Bicosss
Ola Suso¡ Benvido¡ Pois como ve nesta festa correu dabondo¡ Bico¡
Ola Torreira¡ Está vostede conectado¡¡ Debe ser a primeira vez que coincidimos¡ Benvido ¡ Élle unha risa esta festa¡ Haille moito vicio¡ Bico
Moitas grazas pola visita e polos ánimos.
Polo que vexo daquela os pisos eran mais doados de mercar que agora. Claro, o euribor estaría mais baixo.
E a Trini, pobre Lucho, era unha lurpia de carallo.
O conto está moi ben real como a vida mesma.
Apertas .
Benvida e grazas a vostede por visitar valdeorosa cando ao mellor non está para moita leria. Nos momentos de tristura eu sempre penso en Dorothy, a nena do Mago de Oz, e procuro seguir o camiño de baldosas amarelas, sen saírme fóra. É bo para non perderse nos pensamentos raros. Un bico e moito ánimo¡
Para todos os que estean conectados agora: Vaia parece que todo o mundo se conecta a esta hora¡ E que eu como acabo de por internet na casa hai uns días ( si, xa sei, xa era hora)pois aínda me sorprendo de estar conectada ao mesmo tmpo que vós¡¡¡
Ao Raposo: Benvido. Gustoume mandar aos porquiños a unha festa destas. A Trini tiña ganas de festa e Lucho equivocouse con ela¡ Non sempre nos gusta quen nos convén.Librarse dela é unha boa cousa para el ao fin e ao cabo. Un bico
automator
Como bien es sabido, a todo cerdo le llega su San Martín o, en este caso, "o seu San Martiño".
Estos días he estado perdido en la oscuridad. Necesitamos de tu presencia. Hay ciertos híbridos que precisan que reconduzcas su camino sabiamente. Yo solo no puedo.
Por cierto, cuidado con el Padre Topazzio.
Benvido por Valdeorosa querido Automator. Veremos que se pode facer para reconducir aos que se perderon na noite dos tempos. Pasarei por Oz pra ver que pasa co Padre Topazzio.Bicos. Agradecemos a t�a visita.
Saudiños, Valdeorosa. Voltarei.
Benvido Bouzafría. Acabo de entrar no teu blog. Grazas pola visita¡
un blogue impresionante, encántame as historias que escrebes, un biquiño!
Echaba de menos su toque, Doña Rosa. Qué chulo, qué chulo.
Bico de volta.
Ola RA benvida¡ Vexo que xa saiu do medio da area¡ Alégrome do seu regreso. Bicos grandes
Ola Lúa¡¡¡ Benvida por valdeorosa. Grazas pola visita¡ A min tamén me gustou moito o seu blog. Bico¡¡¡
Creo que has inagurado el lacón - western, todo sangue e colesterol. Xenial.
Rosa!!! queremos segunda parte desta historia-gore que nos enganchou a todos/as!! agora tócalle aos becerros!!! ou a quen ti queiras!! agardamos impacientes!
Bicazos
Yoli ;-)
MOitas grazas¡¡¡¡Xa vai indo outra historia.
Franético:Vaia tes razón ¡¡¡¡ O do lacón-western é un nome simpático para esta historia de porquiños. Bicos¡¡
A Yoli: Ola Yoli¡Grazas polos ánimos¡¡ Algo haberá que facer. A ver... Bicos grandes¡¡¡
Enregistrer un commentaire