samedi, septembre 01, 2007

BLOGOMERÓN: INTACTA

(Retrato de Aurora antes e despois do sono)
Aurora, así me puxeron cando nacín, un fermoso día de principios de outono, xusto cando as follas das árbores comezaban a caer. A caída da folla foi coma un prexaxio dunha caída persoal que unicamente ía comezar ao me poñer ese nome tan gris, cacofónico e incómodo de pronunciar, un pouco coma min, que son tamén dada ás complicacións. Pois ben, como dicía, nese día fatídico, a miña fada madriña, afeizoada á maxia, sentou no salón do palacio cos meus pais e non se lle ocorreu outra cousa que facer vaticinios e dar consellos que ninguén lle pedira. Haiche moita xente así, que gosta de opinar gratuitamente . Eu creo que este mal tan estendido debe ser causado por carencias afectivas na infancia que suscitan un desexo de facerse notar, como para sentirse presentes nos corazóns alleos. Tolerías emocionais en todo caso que dalgún modo estaban a provocar na miña fada madriña unha locuacidade compulsiva en relación co desastre. Vaia, que parecía que se propuxera aguarlle a festa a todos os presentes nun día que debería ter sido glorioso pois eu era a primeira filla dos meus pais tras uns dez anos de conatos de embarazo. No que a predicción se refire, a voz desta estúpida fada madriña que teño sonou ultraterreal( ideal para prediccións catastróficas), suliñada por unha chea de significantes que máis ou menos daban como resultado a mensaxe seguinte: A VOSA FILLA PINCHARÁSE CUN ALFINETE DOURADO E CAERÁ NUN SONO PROFUNDO QUE DURARÁ CEN ANOS. UNICAMENTE ESPERTARÁ SE UN PRÍNCIPE FERMOSÍSIMO DECIDE BICALA NOS PES.




Que che parece? Será filla de puta? Cen anos durmindo e esperando un principiño plasta e cursi cando eu o que desexaría é que viñese a fada do lago, unha tipa loira moi atractiva cuns beizos vermellos marabillosos... E para rematar de fastidiar a cousa o alambicado prícipiño tería que bicarme nos pes que os teño cheos de xoanetes... Levábaa clara. A min nos pes non che me bicou endexamais ninguén nin creo que o fagan nunca. Ao ir medrando, a ameaza do sono pesaba sobre min como unha espada de Damocles así que, para evitar caer rendida no leito como unha parva, decidín tomar precoaucións: en primeiro lugar fíxenme cunhas herbas que estaban nos aposentos da miña nai e grazas a elas mantiven o estado de alerta día e noite, para non pincharme e gañar tempo porque iso de durmir cen anos calquera o resiste pois o máis probable é que morrera sen enterarme de nada. Un par de semanas despois de tomar as herbas famosas decidín porme en contacto coa FADAQUENDEXAMAISREMATA , unha experta no contorno facial, estiramentos da pel e masaxes corporais. Tiña que estar lista para o peor, o sedentarismo provocaríame esa pel de laranxa horrible que ten Brancaneves por estar como morta sen moverse ata que chegou o príncipe... Non ,non non. Eu debía evitar todo iso. Son coñecida como a Bela Durminte¡ Como ía estar fea? Sen pensalo nin un minuto puxen en marcha todo un sistema de ventas por catálogo con pergamiños do mellorciño mailos debuxos dun xoglar que temos na corte, Edelmiro Leviatán. Ao cabo dunhas semanas recibín ás agochadas dos chambeláns unha ducia de compradores que viñan todos vestidos de sacerdotes. Eu dicía que buscaba un confesor ideal que me dera repouso e paz espiritual para os meus cen anos durmindo. Colou sen problema e puiden vendelo todo: as mazairas do meu avó, o xardín das marabillas e o val enteiro, con veciños e todo. Que contenta estaba¡ Contratei un servizo de perruquería, tres masaxistas(dous deles aínda non naceran), catro paquetes de ungüentos para a celulite, algas ao por maior e eu que sei... todas esas cousas que unha sabe que precisa para estar ben. Nada máis. Polo que respecta a absurda da miña fada madriña envieille uns tipos que lle roubaron a variña máxica e xa non pode adiviñar absolutamente nada. Hai xente que é mellor que estea caladiña. Cando chegou o día do pinchazo, a FADAQUENDEXAMAISREMATA díxome: Non esteas preocupada, nestes cen anos terás os sonos felices que contrataches, e todo o frío polar que mercaches encherá o teu aposento. Permanecerás intacta Aurora e non te arrepintas de nada porque ti o mereces ¡ Para iso o paguei lista, pensei eu, e creo que este foi un dos meus últimos pensamentos claros porque ao pouco tempo debínme pinchar co devandito alfinete dourado e adeus consciencia consciente... Todo o tempo que pasei durmida é para min coma unha longa paréntese da que non teño a percepción temporal xusta. Quero dicir que eu sentín, ao espertar, que durmira só unha noite pero xa pasaran ben os cen anos. Fun correndo ao espello e alí estaba, fermosa como unha flor, chea de vitalidade e enerxía. Non envellecera nada¡ Iso si, o príncipe que me bicou nos pes era feísimo, a fada do lago xa non vivía no val e os meus pais e a miña familia desapareceran da face da terra. Porén, aínda quedaba alguén, a miña fada madriña, máis vella que unha uva pasa, fea e torpe, como xa non tiña a variña máxica.... Eu estou soa, sen amigos, nin familia, nin casa... Pero sigo sendo fermosa, radiante coma unha avelaíña. Iso é o que importa.


(A fada madriña cen anos despois na casa da familia coa que vive)



Velaiquí tedes aos seus amigos


Durmir cen anos e facerse vello sucede todo a un tempo, por iso, se vedes un froito fermoso, non o pensedes, collédeo; pero, elexide ben. Non é sempre máis fermoso o que mellor aspecto ten...

26 commentaires:

O Raposo a dit…

Vexo que vés coas pilas ben cargadiñas despois das vacacións.
Apertas.

Doutora Seymour a dit…

Si, eu coñezo algunhas Auroras... máis agora que están espertas han comezar a envellecer (aquí unha gargallada cavernosa, brutal, e con eco). E mire que non me gusta andar a predecir, pero é que este don é superior á miña vontade de calar.
Vostede só estivo de vacacións non si?, entón está a salvo da desfeita.
Saúdos.

(A foto da fada madrina é impagable)

rosa enriquez a dit…

Raposo: pois si. Sentoume ben disfrutar da familia, dos amigos e do sol. Iso enche de enerxía.Un bico.
A Doutora: pois si,só estiven de vacacións.Non me vai moito o rollo Aurora.Coma vostede penso que han rematar por envellecer e cando o fagan e rachen as costuras... quen as verá¡ Dámoslle Tranquimacín? Bicos Doutora.

paideleo a dit…

Pasaron rápidos estes cen anos. E xa miro que tiveches programados eses anos con masaxistas nonnatos incluso !.
Agora toca contar todo o que soñaches este tempo que seguro que non ten desperdicio.

torredebabel a dit…

gustame tanto ese nome!! Benvida!

Anonyme a dit…

Xa tiñamos gañas da túa volta. Digo unha cousa a min non me gostaría durmir cen anos para logo despertar, creo que son demasiados. Entendo que non lle gusten as fadas cursis, son como empalagosas.
Oerius

Ra a dit…

Uhmm...ya era hora, Doña Rosa. Qué buen consejo ese final.
Bicos

Suso Lista a dit…

Benvida. �Non estar�as durmindo todo este tempo? Bicos

Suso Lista a dit…

Benvida. �Non estar�as durmindo todo este tempo? Bicos

Anonyme a dit…

O comentario "será filla de puta" véxoo machista, xa sei que estamos todos moi afeitos a expresións de ese tipo, pero creo que precisamente iso é o perigoso do asunto.

rosa enriquez a dit…

PAIDELEO: Pois haberá que mirar de contar algún que outros sono. Pensarei niso.Bicos.
TORREDEBABEL: Claro que si, o nome non está mal¡ A min resúltame un pouco cacofónico e iso faime gracia. Bicos dende Santiago¡
OERIUS: Pois non me gustan as persoas cursis, sexan fadas ou non. Leva vostede razón cando di que son empalagosas. Bicos.
RA: Moitas grazas RA¡ Agora xa me apetecía contactar con todos¡ Bicos.
SUSOLISTADESUPERCORME¡Pois non me vai iso de durmir tanto tempo. A min con oito ou nove horas xa me chega. Bicos.
Ao anónimo: Agradezo a observación. A verdade é que ao escribir veume á cabeza esa frase sen máis. Tereino en conta porque eu mesma digo sempre que o dos tics machistas é como o das capas da cebola, detrás dunha ven outra. O malo é que é difícil quitalas todas porque de moitas delas non somos conscientes. Un saúdo para vostede.
BICOS PARA TODOS E GRAZASSSSSSSSSSSS

Torreira a dit…

Rebenvida dona rosa.Bicos

Rifo I de Zeuquirne a dit…

Vexo que xa andas por aquí, benvida,
Xa tardabas en postear, e botábaseche de menos.
bicos.

Anonyme a dit…
Ce commentaire a été supprimé par un administrateur du blog.
rosa enriquez a dit…

Ao que enviou o comentario suprimido: Isto non � o tomate.Hai que ter m�is clase e non desacreditar a xente con insultos e faltas de respecto utilizando a pouca informaci�n que se ten sobre a s�a vida. Un sa�do e un adeus moi triste e decepcionado.

rosa enriquez a dit…

A Rifo e Torreira: Moi boas aos dous: Moitas grazas pola vosa visita e, si, xa estou de volta coas pilas cargadas e moi contenta. Bicos aos dous.

Anonyme a dit…

Ola Rosa
Quero que non te desanimes por unha idiota que o único que sabe en verter ponzoña. Qué lle den e que vaia a un psicoanalista que lle fai ben falta, como a todos, pero a ela cecais un chisco máis. Ti tes unha obra literaria que te respalda e o máis importante, o talento preciso para a creación.
Bicos
Mona

vermella a dit…

Gustoume moito esta versión de B.Neves e o consello final é xenial. un saúdo.

Mrs.Doyle a dit…

Benvida... si que voltou coas baterías cargadas...

rosa enriquez a dit…

Ola ás dúas e BENVIDAS¡
Á VERMELLA: Alégrame a súa visita.Ás veces hai froitos que son fermosos por dentro e por fóra pero creo que debemos mirar ben para que non nos timen. Un bico. Visitareina.
Mrs Doyle: Unhas vacacións mentais son boísimas para eliminar o que sobra e cargar as pilas¡ Un saúdo e bicos¡

rosa enriquez a dit…

A MIÑA BENQUERIDA MONA: Non te preocupes. Nos últimos tempos aprendín a equilibrar a importancia das cousas. Quen che quere ben e ten bo fondo endexamais descalifica con insultos aproveitando un sitio público tendo a posibilidade de comentar as "queixas" fronte a fronte. Hai cousas que non poderei entender xamais.Entón para que perder o tempo pensando nelas cando hai tanta xente con bo rollo polo mundo adiante? Sobre o que escribo, non vou dicir nada. Non me correponde a min facelo. Unicamente podo dicir que disfruto facéndoo. Moita grazas polos ánimos.Un bico jrande¡

Anonyme a dit…

Os consellos, son un intento de dominación. Unhas cadeas invisibles que tentan castrar a nosa libertade, eo dereito a equivocarnos.
É vostede unha gran fabuladora.
Un saúdo

Anonyme a dit…

e tu por que dis "Jrande" se es d'A Rúa?

rosa enriquez a dit…

ANÓNIMO 1º:Moitas grazas pola súa visita ante todo. Estas historias só son fabuliñas para pasalo tempo e entreter.Se os que as len tamén o fan pois a cousa resulta ben. Os consellos son unha parte máis do xogo que en ningún momento poderán castrar o dereito a equivocarse, entre outras cousas porque cada un é do seu pai e da súa nai e non me parece fácil influír tanto na xente dende este humilde sitio.Non me vou conceder eu este poder¡ Quizabes dramatizamos en exceso a importancia das cousas. Non penso que sexa unha grande ou pequena fabuladora. Son simplemente alguén que ten un blog e escribe nel o que lle parece. Só iso.
ANÓNIMO 2º: Digo jrande porque me peta. A lingua e as súas variedades non son propiedade de ninjén. Também dijo juapa, e coraçom se asím o desejo.Parécelle ben esta explicaçom? Un BBICO JRANDE DESTA RAPAÇA D'A RÚA, DO VAL DI ORRAS.

Anonyme a dit…

Cando falaba dos consellos, non me referia a vostedse senon a fada madriña da sua historia
Saúdos

rosa enriquez a dit…

AO ANÓNIMO: Tenme vostede que disculpar. Non entendín ben o quería dicir. Esta semana o meu blog andivo moi "movidiño" con algún que outro anónimo e unha é humana e EQUIVÓCASE. uN BICO PARA VOSTEDE.