Nancy chegou á casa de Martina alá polos anos setenta. Levaba posta unha camiseta a raias e un pantalón azul de tergal que abría nos pés ao xeito dunha enorme campana. É o que se leva, dixo a súa tía de Barcelona, e se ela o dicía debía de ser verdade, pensou a nena , porque a tía sabía todo niso da moda. Vaia que a modernidade de Nancy era algo incuestionable. Sen dubidalo colleu satisfeita a boneca nas mans e comezou ese longo periplo interno cara ás marabillas dun mundo fantástico e irreal xerado no seu maxín como unha especie de pequeno teatro no que a felicidade tiña o papel principal. Por imaxinar, imaxinou un castelo de torres estirando a cabeza cara ao ceo, un xardín cheo de camelios cunha orquídea xigante no centro e unha muller de tres cabezas que falaban sen parar. Tanto xogou Martina á felicidade que chegou a pensar que podería acadar ese estado e mesmo mantelo como algo propio, intrínseco e secreto. Co paso dos anos, Nancy foise deteriorando: Martina cortoulle de máis o pelo, pintoulle en exceso os ollos e, claro, a pobre da boneca virou nalgo totalmente diferente. Atrás quedaron os tempos das andanzas pola casa, atrás as cancións ... Un bo día Nancy deixou de falar. Se coñece que xa non tiña moito máis que dicir ou cecais intuiu a distancia da nena, máis interesada noutros asuntos. Que máis ten? O caso é que Nancy, a boneca máis querida, ficou muda, coa mirada triste e quieta como unha santiña enriba do andel da habitación. Martina medrara, virara alta, máis por dentro que por fóra, e xa non quería xogar. A felicidade non estaba onde ela cría, naquel xardín de camelios inventados, cheos de príncipes azul turquesa. Tampouco no artificio das torres tirando ao ceo. Non, a felicidade debía estar noutro sitio. Pero onde?
23 commentaires:
A felicidade non está, a felicidade é...
BENVIDA¡¡ Ouh Mrs Doyle canta razón leva¡ Martina busca unha ubicación exacta para unha emoción que está dentro de cada un de nós de xeito potencial. Só hai que activala sen terlle medo ao sufrimento.Espero que o pasara moi ben no seu cumpreanos¡ Bicos.
Ata Nancy, a boneca que sempre leda, anda na procura da felicidade. Eu de pequeno con algunha Nancy xoguei.
Unha aperta
NTLV
A procura da felicidade mmmm¡¡ Todos queremos ser felices e a Nancy e Martina tamén. Claro que si. Hai que esforzarse un pouco niso de ser felices. Bicos para vostee cabaleiro.
Vin a darme unha volta polo teu blog. Gústame moito, paréceme moi creativo. Engádote as miñas visitas diarias. Un saúdo e grazas pola tua visitiña.
Os cambios externos, non mudan fácilmente o noso interior, porque a felicidade ou a infelicidade, está dentro de nos. En gran medida si un quere pode.
¿No digo alguien que era un estado de ánimo?
Rosa, le mando un abrazo felíz po leerle.
Hoxe nas Bratz, sen dúbida. Á idade das bonecas calquera te fai feliz, despois o dificil é saber afacerse a sen feliz sen xoguete.
Unha caixa chinesa chea de saúdos, Rosa...
Nancy marchou pra o portal e Martina empezou a andaina cara a vida real, con camelias e espi�as. Bicos
É certo que a felicidade nunca está onde de nen@s nos contan que está (sobre todo se somos nenas) pero eu creo que Martina xa deu un paso moi grande nese camiño afastándose das torres e dos príncipes azuis :)
BENVID@S¡¡
A SILVANA: Benvida. Vostede xa está nos meus links. Eu tamén gostei moito do seu blog. Bicos
APÁTRIDA: Dacordo totalmente. Querer é poder. Hai que porlle vontade.Un bico.
RA: Pois como moi ben apunta Mrs. Doyle a felicidade non está, a felicidade é. Entón parécelle que consideremos que a felicidade é a consecución do bo rollo ao lonnnnnnngo do tempo? Un bico RA¡
Doutora: "Querida Seymour, en canto poda enviareille unha desas caixas de música que abren palabras que abren emocións que durmen nos versos cheos de felicidade. Só ten que agardar e fareille entrega do preciado obxecto. Bicos dende este valdeorosa"
SUSO LISTA: Marchou si. Marchou coas bonecas de Famosa ata o portal e alí ficou como unha santiña. Martina anda noutras cousas, máis reais. Un bico para este contador de historias de Corme¡
RAPAZA DO ARCO: Envíolle unha flecha desas douradas, cheas de felicidade. Alegroume moito a súa visita. Un bico¡
Bueno, bueno, bueno... Historia breve que me ha hecho pensar, no por la boba de Nancy, sino por todo lo que hay detrás.
El hecho de jugar, ¿por qué desaparece con los años? ¿Por qué llega un momento en el que dejamos de dedicarle horas y horas al juego? Es preocupante. No quiero pensar que al hacernos mayores perdemos esa necesidad. ¿La suplimos por otras cosas? ¿Es falta de tiempo, de ganas, condicionante social...? ¿Por qué cuando dices que con casi 30 años juegas con tu PlayStation Portatil, a crear mundos ideales para tus Sims, te miran como si fueses un friki venido de una convención de Star Wars? No entiendo nada.
Mi imaginación sigue generando mundos donde exploro nuevas situaciones. Como buen híbrido robótico, automatizo todo lo que tengo a mi alrededor en un universo peculiar.
Señorita Enríquez, haga el favor, aclare en la medida de lo posible mi dilema.
Muchas gracias
Conectando con AUTOMATOR. Está vostede aí, Cabaleiro? Ben pois sexa benvido¡¡¡
Vexo que renuncia a formar parte da uniformización. Gústame. Eu creo que hai xogos que deixan de interesar pero non necesariamente porque o xogo en si sexa algo exclusivo dos nenos pois outros xogos xurdirán que nos divirtan. Non faga caso deses clichés sociais e xogue, xogue moito. Xogue todo o que queira. Un saúdo automator. Seguiremos comunicados:)
No mundo que imaxinabamos con Nancy cabía todo,castelos de bloques,Jeep de Madelman,ver o Cinexin,pero chegou a Sindy,e o peor de todo Kent...........
bicos e milleiros de gracias polo link.
A felicididade son instantes. Non creo que un poida permanecer neste estado. Quizais cando topou coa Nanci si que foi feliz...máis adiante apacerán na súa vida outras cousas ou outros motivos...sempre aparecen aínda que non duran por sempre.
Oerius.
BENVID@S¡¡
OERIUS: A felicidade son instantes? Pois tamén. Claro que si. Eu penso como vostede que mitificamos moito ese estado de satisfación. Para coñecer a alegría e valorala é necesario saber da tristura e os seus contornos.Un bico e grazas pola súa visita.
A VERMELLA: Mira ti que non me lembraba eu do cinexin. A min encantábame. Na casa nós tiñamos un xogo que era para min, aparte da Nancy claro, recoñézoo,dos meus favoritos: SINCASTILLOS. Con el podiamos construír exactamente iso, castillos.
O do Kent si que foi unha faena¡ Bicos para vostede Vermella¡
Creo que José Luis Martin Descalzo escribiu uns versos que dicían algo asi como:
"La felicidad es como un antiguo pájaro que ha existido
y que es bueno seguir esperando
a condición de que no venga".
Bicos.
eu tiven unha Cindy bailarina que ainda hoxe boto en falta. Apertas!
BENVID@S¡
RAPOSO: Gústanme eses versos. Fanme pensar niso de "Cuidadiño co que desexas que se pode cumprir". É certo que ás veces que queremos cousas que nos parecen moi boas e ao mellor se as acadamos non o son tanto. Un bico para vostede Raposo¡
TORREDEBABEL:Eu non tiven unha Cindy. Pero tiña amigas que xogaban con ela. Eu levaba a miña Nancy e a súa irmá, a Leslie cunha maletiña cos vestidos e imaxinabamos que eran curmás... Era divertido¡ Un bico TORRE¡
A Nancy!! lúdicas lembranzas...
Unha aperta
:)
MARINHA DE ALLEGUE BENVIDA¡ Compartimos polo que vexo un dos xogos da infancia¡ Bicos para vostede Marinha.
Eu tamén mo pregunto, onde andará a miña felicidade?
Obrigada por me visitar, xa te agreguei aos meus blogues favoritos
BENVIDA CONXURADA¡ Aquí xa ten un sitiño para cando vostede queira. Con respecto á procura dese estado marabilloso eu aconsellaríalle visitar o blog do RAPOSO e ler o seu post titulado "GRAZAS". É moi chulo. Nel dá as grazas por todas as pequenas e grandes cousas que ben poderían axudar a conformar dentro de nós eso tan prezado,a felicidade. Bicos grandes¡¡
Enregistrer un commentaire