samedi, septembre 29, 2007

HISTORIAS BREVES: SOZUMI TINAMÉ

Hai lugares onde non existe a calma. Son sitios perdidos no medio da metralla nos que xa non é posible a tristura porque o medo ocupa demasiado espacio. Suzumi Tinamé tivo a mala sorte de nacer alí pero el non o sabe. Descoñece que detrás das montañas de Zanaï os rapaces non queren comer verduras porque prefiren a pasta ou as hamburguesas. El se alimenta con pouca cousa e endexamais levou á boca un caramelo. Non espera nada pois a palabra esperanza non ten sentido para el. Hai uns días recibiu o seu primeiro agasallo: unha metralleta enorme.
Agora lévaa colgada enriba todos os días. Con este regalo Sozumi soubo que xa non era un neno. En Zanaï, a infancia ten unha duración de oito ou nove anos e ninguén protesta. É máis, coma todos os rapaces do lugar, ao abrir o paquete e ver a metralleta sorriu contento porque chegara o tempo de matar, de ir á guerra para defender ao seu pobo. Matar para el era un orgullo, alomenos así llo aprendera Nonju, o seu avó, trala morte do seu pai.
Quince días andivo Sozumi coa arma ao lombo feito un homiño, esgotado de tanto e tanto camiñar entre as montañas, agochado coma un ourizo. Pesaba tanto a metralleta¡ Porén, unha mañá escoitou un estoupido enorme, como cando todos aqueles homes brancos andaban nas covas traballando duro para coller uns cristais de cores brillantes polos que toleaban... Pouco despois sentiu unha dor intensa na perna dereita. Estaba partida e sangraba moito. Comezou a chorar pero non atopou consuelo. Buscou nervioso a metade da perna perdida pero estaba demasiado lonxe, a tres metros máis ou menos e non tiña folgos para chegar ata ela. Quería gardala con el e levala para a súa palloza. Se cadra Imaxinou que o médico aquel de pelo vermello podería pegarlla... Non puido ser así pero Sozumi Tinamé non quería crelo. El seguiu esperando moitos anos co anaco de perna perdida apodrecendo dentro da súa casa ... Ese foi o seu único soño na vida.

18 commentaires:

Mararía a dit…

É a realidade de moitos pobos. Na película Diamante de Sangue intentan reflexar un pouco da merda que cagamos, pero eu creo que quedouse a medio camiño.

Agora hai un problema en Rangún, e hai mortos, sairá durante uns días na prensa, mentres sexa noticia. Eu a leín onte, hoxe xa non me acordo.

É unha pena de mundo, feito a nosa medida. Un saúdo.

vermella a dit…

É curioso que co pacífica que son agora mesmo non me veñan á mente nada máis que palabras que non deixareí aquí.Este mundo é irremediablemente annésico.
Bicos.

A Conxurada a dit…

Este é un deses textos que gusta, pero que doe, que doe por dentro.

Impotencia é o que sinto e vergonza por non facer nada.

Un bico.

paideleo a dit…

Triste realidade que espero que non se repita.

Anonyme a dit…

Me pregunto por qué el abuelo instructor sigue vivo y el pobre infante quedó inválido. Será que el anciano tiene mutiladas las ideas y eso es más terrorífico que perder las piernas. Lástima de ablación cerebral.

Antonio Olives a dit…

A Nonju tamén lle explicaron a importancia de ser un bo guerreiro, él explicarallo tamén os seus nenos (se vive o suficiente para poder telos).

¿qué farán os nenos do outro lado do da montañas de Zanäi, se non lles deixan ter ametralladoras?
Se eses nenos non pasan fame, poden ter cousas que eu non podo nin soñar, non teñen que traballar ¿non choran nunca?

O sufrimento é algo totalmente subxectivo, non se pode medir pola gravidade dos acontecementos que o provocan, pero deixarse de mirar para o embigo e relativizar, nos pode facer conscientes de que na maioría das ocasións sufrimos por... Non sei quizá sexa tamén terrible sufrir por nada.

neno a dit…

Boas!

É agradable recuperar certos hábitos que tiña esquecidos...como o de ler o teu blog...

Este neno puido sustituir a perna que perdeu pola arma que lle deron e así recuperar o que lle roubaron...mais se a súa aldeia fose como os mares fantásticos de Carola todo sería máis doado pra eles...é unha mágoa que a imaxinación non goberne.
Apertas

Son Unha Xoaniña a dit…

Isto é unha realidade cruel, pero como so a atopamos nos films, semella que non está a pasar, inda non hai moito que vin "Diamante de sangre" na que amosan o que está a pasar ahí, pero quédanse curtos, non se mergullan de verdade, se cadra porque amosar a auténtica realidade pode ferir a sensibilidade dos espectadores do primeiro mundo, en fin moi triste.
un bico, xa ves que estou de novo por aquí.

Anonyme a dit…

Qué ollos os deste neno! Non entendo por que as cousas teñen que ser así como as descrebes...A quen lle interesa todo isto?
Oerius

TXARI a dit…

nom é tan distinto no fondo, a este rapaz o agasalho permitelhe sonhar, crer que domina o seu mundo e ser alguém, a calqueira de nós a bicicleta dounos ás pra ver cousas máis lonjanas do habitual, abriunos sonhos a perdernos polo mundo, dominar os desplazamentos...os nenos sonham, a culpa é de quen vendes kalashnikov como bicicletas, e nom estám muito máis longe que nesta nossa península...

Alexan a dit…

En moitos lugares máis que ser o único soño na vida, máis ben ea única vida posible, sin soños.

Raposo a dit…

É a triste, cruel e vergoñenta realidade deste mundo, no cal aínda hai paises onde ós nenos non os deixan xogar e vivir como tales.

Anonyme a dit…

Esta historia lembroume (aínda que nunca o esquecín)o documental "Angeles Tatuados". E sentín o mesmo nó na boca do estómago porque dentro de toda a crueldade da que somos capaces os seres humanos, a utilización (brutal)de nenos coma carne de cañón aos que se droga, e viola, e se lles inculca o odio máis feroz que podamos maxinar para que sexan quen de cometer os actos máis terribles, esta é a máis cruel...
Lembro (nunca o esquezo), que sentín vergonza de ser humana. Nin o depredador máis voraz faría nunca algo así. Sentín vergonza de ter nacido neste "primeiro mundo" que pecha os ollos ,e perdín a conta de ata que posto o rebaixei...
África, Centro América, Asia, e Europa tamén..., continuan cargando nos ombros estreitos e doces dos fillos por criar o peso co que eles xa non poden.
Perdón...

Torreira a dit…

Non gasto verbas,xa o fixeches ti pra ensinarnos unha das vergoñas deste planeta do todo a cen....bicos

rosa enriquez a dit…

Ola a tod@s e grazas pola visita¡ Estas semanas non puiden entrar nos blogs todo o que quixera porque empezou o curso e caeume enriba bastante traballo(programacións e cousas desas...) e sobre todo o cansancio por madrugar.
Vou responder a todos xuntos porque sodes moitos e líome un pouco:
Creo que todos estamos dacordo no que a África se refire. Nestes días o premio nóbel(1986) Wole Soyinka, estivo na festa Hay de Segovia e falou largo e tendido da África descoñecida,a que vai mellorando: Liberia cunha muller presidenta, por exemplo. Tamén fixo unha proposta hipotética, a de levar nun cayuco cara a África un grupo de occidentais desexosos de aventura e loita para implicarse na problemática a fondo, como un africano máis. Sen paternalismos nin esmolas.
Por outra banda e centrándonos na foto deste neno de ollos tristes... Que vos parece o asunto Madeleine?
É unha mágoa que a teñamos ata na sopa e logo ninguén saiba de nenos coma este da foto.Eu sempre crin que a vida das persoas era igual de importante pero parece que non. Deben existir vidas de primeira , coma a de Madeleine, e vidas de segunda ou mesmo terceira como os nen@s de Serra Leoa.
Un bico grande para todos: VEMELLA, A CONXURADA, PAIDELEO, RIFO, OERIUS,SEYMOUR, TXARI(BENVIDA POR PRIMEIRA VEZ¡¡¡)RAPOSO, APÁTRIDA,NENO CONGOXA(REBENVIDO¡) TORREIRA, AUTOMATOR,ANTONIO OLIVES.
(valdeorosa)

Anonyme a dit…

E nos aquí, ó ladiño da casa de Sozumi Tinamé, enredados en liortas de cartón pedra. Non podo coa mirada deste neno.

Bicos.

NTLV.

rosa enriquez a dit…

Benvido NTLV creo que levas razón, moita xente ten problemas serio, de primeira orde e nós aquí con discusións peregrinas cheas de demagoxia... Un bico:)

Ana Bande a dit…

Tes que ler este libro "Allah n’est pas obligé" de Ahmadou Kourouma.