samedi, novembre 03, 2007

MEME DAS 8 COUSAS


Recibín un convite da arqueira para facer unha mini-lista das oito cousas que son importantes para min... Vaia, non é doado escoller entre tantas cousas que me gustan pero intentareino...
A ver, eu empezaría pola amplitude do concepto de familia. Sí, gústame pensar que existen outros referentes que incorporan á miña vida ese calor familiar aparte dos meus pais e irmáns aos que quero moito. Polo tanto aí queda unha desas cousas favoritas, a primeira.
Para continuar ... a ver, ah si, o criterio propio e libre para non convertirme xamais nunha integrista do que sexa e saber ir pola vida sen seguir a ningún líder.
Tamén me gusta aprender de todo o mundo, por exemplo, no meu traballo, aprendo moito da señora da cafetería, Mary, que é boa e xenerosa con todo o mundo e estame animando a traer un neno saharaui. Este mememmmm está sendo difícil pero parece que non vou mal. Sigo: a solidariedade. Creo que é necesaria para mellorar este mundo cheo de inxustiza social. Cando digo isto non penso exclusivamente no Terceiro Mundo, diso penso que xa partimos todos, falo da solidariedade aquí, agora, cos do lado, cos que son coma nós e cos diferentes, sen público e condescendencia.
Outra cousa que me parece moi importante para evoluír: o compromiso comigo mesma para non traizoarme e poder aportar algo aos demais sen pecar de insinceira.
Ser muller e galega, isto encántame. Síntome orgullosa de tantas mulleres como hai por aí loitando pola igualdade.
A literatura e, como non, o amor¡¡¡ Case me esquezo deste sentimento depurador, liberador e castrador a un tempo. Marabillosa viaxe de dous comendo do mesmo prato para finalmente desaparecer¡ O amor, esa composición culinaria cerebral tan prosaica, todo química e combustión, que nos fai tolear¡ Vaia isto conta como dúas cousas... mmm OITO¡¡¡
Convido a miña irmá a facer este meme: Rifo.
Penso que xa están os memes lanzados pola rede conque non daría con oito vítimas novas que non fosen xa convidadas. Un bico para A Rapaza do Arco, a dos ollos brillantes e frechas douradas¡

19 commentaires:

Mararía a dit…

Xa estou collida, convidoume a Conxurada con anterioridade. Eu antes de reenvialo andiven comprobando por aí a ver quén quedaba.

rosa enriquez a dit…

Xa vin, así que decidín convidar a Rifo. Non dou atopado oito que estean libres polo de agora. Que teña unha boa tarde¡ Bicos:))

Alexan a dit…

Xa vexo que ninguen se libra do MEME. Fermosos desexos. Ogalla que se cumplan.
Un saúdo

Ra a dit…

Bonito, Doña Rosa.
besazo

Anonyme a dit…

eu passo do meme mas vou deixar-che aqui as minhas oito cousas...

1-RESPIRAR o alento de quem me deseja
2-SENTIR borboletas rebuldeiras quando acontece o inesperado
3-TOCAR com a ponta dos meus dedos o infinito nos olhos de quem me faz sentir vulnerável
4-OLHAR o sorriso cúmplice dos olhos infinitos enquanto bate forte o meu peito
5-LATEJAR de vida incontrolada ao perder o medo no coraçom
6-CHORAR como um neno pola felicidade contida que se esconde no mais pequeno aceno
7-SORRIR sem sentido mesmo quando a felicidade resulta esquiva
8-VIVER todo isto e sobreVIVER pra contá-lo num meme freudiano!

Beijos.... chaque jour je pense que tout cela peut être encore plus joli

rosa enriquez a dit…

OLA E BOS DÍAS DE DOMINGO¡
RA:Grazas Ra¡ Non é doado elexir porque hai tantas cousas¡ Quedoume fóra o cinema, por exemplo, que me encanta ou viaxar ou a arte ou... Bicos:))
APÁTRIDA: Si, parece que non se libra nindiós¡ Pero, se lle son sinceira, foi entretido para min facelo.Bicos Apátrida, os seus oito desexos encantáronme:)
OLA MODERNO¡ Unha visita agradábel¡
Parécenme moi fermosos os seus desexos e non me sorprenden tendo en conta a súa sensibilidade e delicadeza no trato que lle dispensa aos demais. Un bico grande Harvey, Capitán, Modernísimo¡¡:))

vermella a dit…

Rosiña estou pillada por Silvana e por Pau,de todos os xeitos que os teus desexos se cumpran que por min non quede.
bicos.

BK a dit…

Gracias pola túa visita ao meu blog, quedas xa fichada para futuras visitas :)

Raposo a dit…

Parabens por esas oito cousas que elexiches. Tan necesarias!
Bicos.

Son Unha Xoaniña a dit…

Paréceme moi ben a eleción das oito cousas que fixéches, eu recollín o testigo que me pasaches, pero resultoume moi difícil así que fixen unha meme un pouco prticular, a ver que che parece.
un biquiño.

Anonyme a dit…

Imposible elexir mellor. Xuntar literatura e amor paréceme perfecto, de feito todos é cada un dos puntos que tocou levan ao lado un entreparentese invisible que di amor.
Un saúdo libre coma o vento.

paideleo a dit…

Teño que facer o meme que ti xa és a terceira persoa que me convida a facelo.
A ver se mañá...

moucho branco a dit…

Escollas fermosas e toda unha declaración de princípios, :)
un saúdo.

torredebabel a dit…

este meme está resultando do mais interesante e evocador. Fermosas as tuas escollas...

vermella a dit…

as veces non sei decir non e como ocurríuseme o do msm pois o encargo teu tamén cumprido.
Teño un montón de adolescentes que pensan que "cunde mazo",non sei ben que significa pero son unha nai molona,din...........
bicos.

paideleo a dit…

Traballo feito.

Suso Lista a dit…

O dos memes foi unha fiebre.

Mararía a dit…

¿onde andas? Non se pode abandoar así os lectores. Mándoche unha bronca. Un saúdo.

bouzafria a dit…

Ao número oito fáltalle un c para ser perfecto. Feliz ano 2008.