jeudi, janvier 03, 2008

TEMPO PARA ESTAR





Cando contemplou a inmensidade caeu na conta do absurdo de facer contas cara á adiante ou cara á atrás pois, se cadra, pensou, o aspecto da dimensión na que vivía era unicamente unha consecuencia dese tempo redondo, desa especie de cúmulo que derivou no teatro interestelar. Que é o tempo?, preguntábase. Un xeito de tasar o espacio que nos rodea? Un modo de contabilizar a existencia desta aquitectura que actúa como soporte para ser?
Brazos, mans, pernas e todo o que pon cara á consciencia depende do tempo.
Tempo-tic, tempo-tac, tic-tac, tic-tac, tic-tac...
O córporeo habitáculo celebraba a súa orixe, sita na liña cronolóxica dun ano que fai trinta e nove: un, dous, tres, catro.... vinte, trinta...
Porén non soubo contar moito máis. Ficou nese estado de éxtase voluntario e para dentro involucionou nove anos como nove puntos, como nove ansias. Quixo pensar que todas as semanas e anos teñen puntas recortabeis polos lados para suavizar o propio ámbito, un ámbito no que atoparse ben, como Orión, que debe ser quen ten máis datos sobre si mesma. Saber cousas dun mesmo é unha trampa-estéril, unha fundacióndeimperiosíntimos que nada poden dicir sobre nós, capa etérea suspendida no éter, figura con forma de botella ou de triángulo escaleno, operación matemática desgastada nun recipiente que envellece polos tabiques ata desaparecer... Eu non quero desaparecer, pensou con ansia de perturbarda... Pero Orión continuaba alí, inmóbil en apariencia, esperando a súa chegada...

12 commentaires:

A Raíña Vermella a dit…

Coincidimos en pensar simultaneamente no Big Bang, na grande expansión, no principio (?) do tempo. Será porque tódolos átomos estiveron reunidos nun mesmo punto de masa e densidade infinita e claro, ás veces teñen ramalazos de familia? Feliz 2008.

neno a dit…

o tempo é unha trampa que absorve as intencións non cumpridas, unha falsa simetría, a imperfección do presente.

apertas!!

O Raposo a dit…

Entereime que empezou vostede o ano cun fermoso libro de poemas baixo o brazo. Espero que nos agasalle con algún deses poemas neste blog.
Parabens e feliz 2mil8.

Rifo I de Zeuquirne a dit…

Ai, o tempo...que pasa...tic tac.!!!

E qué? dille que pase e que tom algo, jejeje

¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡PARABÉNS !!!!!!!!!!!!!!!!!

E que cumpras moitos máis, e nos sigamos aquí para celebralo contigo .

Mil bicos.

Marinha de Allegue a dit…

Feliz Ano Novo e Feliz Noite Máxica!!!.

Apertassss.
:)

modernodemerda a dit…

feliz ano doce deusa da galáxia inacabada... tenho gana de que este novo ano traia centos de novas conversas intensas e profundas... e outras tantas superficiais ou bizantinas...

beijinhos mil!

Suso Lista a dit…

O tempo, parece ser que tamén é materia, como a luz, e os pensamentos. Queteñas un bo 2008

Anonyme a dit…

Dicen que el tiempo juega en nuestra contra, pero creo firmemente que podemos ganarle tiempo al tiempo. No hay que dejarse ir con el paso de las horas, hay que saber anticiparse a las horas que están por venir.

¡Feliz comienzo de año!

vermella a dit…

O tempo pasado sempre é peor,por certo non nós coñecemos dixen o de "amigos" pensando na rede,en "amigos virtuais",perdoa.
bico e despois de 39 ven 40,41....

Doutora Seymour a dit…

O importante é ter tempo, para o que un precise.... e despois, todo o tempo.
Un saúdo atemporal.

Doutora Seymour a dit…

Veño de pasar pola casa de Vemella... parabéns polo seu libro. Agardo atopalo pronto nunha librería, e gozar del.
A caixa das palabras...
Unha aperta, e toda a sorte.

A rapaza do arco a dit…

O tempo é algo realmente complicado de apreixar coa mente... lembreime agora desa pregunta que o meu irmán me fixera cando era pequerrechiño: "e por qué o tempo pasa máis rápido cando o pasamos ben e máis despacio cando o pasamos mal?"
Hai que desconfiar do tempo