mercredi, février 06, 2008

AMIGOS

QUERIDOS BLOGGERS:

Esta carta é para vostedes. Levo tempo sen andar moito pola blogosfera e quería agradecer os ánimos a tod@s e esas visitas que recibín malia a miña breve retirada deste ciberespacio. Elexín esta imaxe porque penso que nos representa perfectamente, así tan pegadiños, tan preto mesmo que pareza que estamos tan lonxe. Dende esta páxina moito máis non podo facer pero desexo que conste en acta o meu agradecemento á vosa fidelidade a este humilde valdeorosa.
Un bico a todas/os:
AUTOMATOR
RIFO
NTLV
OERIUS
O RAPOSO
SILVANA
SEYMOUR
TORREIRA
RA
A CONXURADA
PAIDELEO
ZEROVACAS
VERMELLA
APÁTRIDA
ANTONIO OLIVES
X
TORREDEBABEL
NÁCHOK
LOURIXE
NENO
SUSOLISTA
MARINHA ALLEGUE
MOUCHO BRANCO
ARQUEIRA
RAINHA VERMELLA
MODERNO DE MERDA
LÚA
CHOUSA DA ALCANDRA
ANGELES MALLO
HORMIGA
FRANÉTICO
BRAIS...............................................................................................................

Unha aperta ENORME

13 commentaires:

Son Unha Xoaniña a dit…

Supoño que isto non quererá dicir que vas pechar o blog, non fagas tal cousa!
Tod@s somos conscentes de que hay tempadas nas que un non pode adicarlle o tempo que quixera ao blog, pero non importa escrébese máis de tarde en tarde e punto.
Por certo que estás guapissssiiiiisima na foto que puxeches, paréceme que é a que che sacaron na entrevista de "La región", que vaia entrevista! fantástica! Moi ben o periodista que cha fixo, e por suposto moi ben as túas respostas, gustoume moitísimo, e non é amor de irmá.
Un bico.

Zerovacas a dit…

Xa cho dixen, pero vouno repetir: encántame o libro! E cada vez máis

Raposo a dit…

Parece unha despedida e espero equivocarme.
Que conste tamén en acta a miña admiración por este blog e a súa artífice.
Apertas.

rosa enriquez a dit…

Ola aos tres¡¡¡ Non é esta unha despedida é un agradecemnto. Só iso pois ando algo agobiada de tempo e non podo visitar os seus blogs todo o que quixera. Axiña collerei o ritmo. Un bico grande¡¡¡

Suso Lista a dit…

Moito millor pra todos incluída ti. Ainda que sea con contagotas, agradeceremos que sigas por estes lares. Bicos

Chousa da Alcandra a dit…

Elexiches unha ben bonita imaxe para expresar a idea.
Queda claro que non so dominas a palabra; tamén tes ollo para a expresión gráfica.

A Conxurada a dit…

Agradecida estou eu pola túa mención, a imaxe encantoume.

vermella a dit…

Comenceí polo vestíbulo para existir,seguín polos fragmentos para escoitar a chamada do amor,vin a Lucie, quedeí prendida nos recunchos e finalmente .........

ese baile estraño,
ese ritmo de bailarinas
sobre o cemento,
coa caixa de música que abre
unha chea de silencios e melodías finísmas
que ninguén pode explicar.........

Parabéns e moitas gracias por facerme disfrutar desta ledicia pasional que é o vestíbulo.
bicos.

rosa enriquez a dit…

Moitas grazas a vós por visitarme.Sinto no poder andar polos blogs ultimamente. Sigo aquí, moi moi agradecida.
Vermella, non sei que dicir. Emocióname o seu interese polo meu Vestíbulo. Bicos.

Anonyme a dit…

Teño unha caixiña que xa chegou as miñas mans... Rosa parabéns polo seu libro, está vostede desculpada de toda ausencia, é un Vestíbulo devastado e fermoso que precisa de todos os mecos e atencións.
Unha aperta.

rosa enriquez a dit…

"A veces ella abre cajas y las pone boca abajo sobre la mesa, para que las palabras se mezclen como quieran. Entonces, las palabras le cuentan lo que ocurre y le anuncian lo que ocurrirá." Seymour, esta era a miña sorpresiña, unha fermosa cita do gran Galeano, coa que me sentín descrita, e, dalgunha maneira, anunciada. Fíxome gracia que vostede elixira, nun dos seus post, xusto a mesma cita deste escritor.
Obrigada polas súas palabras. Agardo que a miña caixiña de palabras conseguira arrincarlle un riso. Un bico Doutora e recételle algo a Lucie para que reisita e se reinvente. Eu aconselleille algo de música e creo que fixen o correcto. A min sérveme. Un pouco de Marvin Gaye e espírito funk poderá servir? Que opina vostede?

paideleo a dit…

Graciñas por esa aperta !.

X a dit…

Que agasallo tan fermoso!
Moitísimas grazas.
Non sei que pasou co lector de sementes que ata hoxe non o vin :(