Para o vindeiro fin de semana temos unha natureza coma esta, artificial e efémera, unha proposta na diáspora, nos puntos máis alonxados do sistema, algo luminoso que non pode irse sen que a visitedes. Nace na Casa das Palmeiras o 16 de febreiro, un sábado no que moitas veces non sabemos moi ben que facer e que nos presta un pouco de aire fresco para o noso cómodo e correcto universo tranquilo, un soporte bravo e DIFERENTE, algo que se inicia para estenderse toda unha semana neste mes ata o día 23. Gustavo Sequeiro, AS IMAXES, Serxio Sequeiro, A MÚSICA, convocaN a todos os animais indomabeis para que gocen desa construción vexetal artificiosa. Preparádevos e ide indo.
4 commentaires:
Moito Obrigado pola propaganda. O Gustavo e o meu irmán e eu pongolle a música a esposicòm. Graciñas e vemonos o sabado, moitos beijos
Parabéns por esa exposición.Agardo que todo saia ben. Perdón por non poñer o teu nome pero a información que me deron estaba incompleta. Un bico Serxio!
mea culpa.... grazas polo apoio... grande!!! que grande que es!!!
Ointe onte na rg, pola noite (ainda que te collín ao final). Tes razón, que o "S.Valentín", ten que ser todo o ano.Bicos
Enregistrer un commentaire