samedi, mars 15, 2008

BECEDARIO


BE, ese é o seu nome.
De aspecto gozoso
engolada e gloBular
Bífida con amBas Bocas pechadas.
Segunda na lista
número 2ous,
Bipolar e Branda,
tacto de escuma
máis ou menos poderosa, dependendo.
Maiúscula duplicada
ou única na forma mínima,
acochando unha das Barrigas
na pluma que non a retrata.
(Gústame o BE
cando inicia palaBras tal e como é, quero dicir cando non se perde o seu nome atrapado nunha sílaBa.
Así prefiro BEleza, BEtadine, BEtanzos, BEtica, BEnévola, BEnelux
a
Belxica, Berta, Bendición, Benvida, Berska.)

2 commentaires:

Son Unha Xoaniña a dit…

Menos mal que apareciches,
Esa andaina co teu libro polas cidades e pobos do País tenche moi ocupada.
Alégrome que todo vaia ben, xa sei que a presentación do Vestíbulo en Ourense foi todo un éxito.
Que siga...
Apertas.

Raposo a dit…

Berro, ¡Bravo, que Bon! E Bato Badalos e Bordo Bandeiras (galegas) e Bebo pola Bota nas Bodegas pola túa Bondade literaria.
Apertas.