mercredi, avril 02, 2008

O ESTRANXEIRO EN TERRA PROPIA

AUTOXENREIRA

Collo o dicionario e busco xenreira, así, sen composición de ningún tipo. Xa no interior, dou coa páxina exacta onde figuran distintos sinónimos como animadversión, antipatía, aversión, fobia, manía, odio… Entón comprendo que isto da xenreira ten matices escuros, coma lamazais podres, que manchan e mancan ós corazóns de quen a padece porque, ser odiado ou rexeitado resulta duro e obriga a unha loita intestina por non prestar atención a eses tigres feroces e doentes que nos cravan as unllas por diante, ou por detrás. O caso é que para odiar con xeito, hai que ter vocación de permanencia, insistir nese duro asunto e non deixar o corpo baleiro, estendido nun campo de millo ao arbitrio de algo tan sinxelo coma o ar fresco e rotundo, que move e remove nas vísceras infectadas por tal veleno incuestionábel. Neste punto, creo que podo afirmar que odiar é un hábito insá que desvirtúa a realidade e a deforma, coma unha goma elástica, e moitos dos que lean isto estarán de acordo comigo. Porén, imos avanzar e darlle forma a este sustantivo, imos engadir auto, que significa un mesmo, e vexamos o cambio semántico que sofre este vocablo. Agora a fobia e a animadversión recae sobre a propia fonte da enfermidade, enredadada nel coma unha cobra deseperada e triste. Como pode un odiarse a si mesmo? Pois aínda que pareza mentira hai moitos que o fan por carecer de autoestima e non saber valorar a propia persoa. Así destrúen e devastan a autarquía emocional ficando sen recursos, pobremente aillados pois non poñen en valor nada de seu e, pola conta, sobrevaloran o que lles resulta alleo. Un exemplo claro disto é o mal endémico de avergoñarse do galego e non defendelo con feitos, escritos ou orais, como sexa. Alegando universalismo, estas víboras lingüísticas chegan a afirmar que non teñen porque escoitar estupideces, que eles son cidadáns do mundo… Inaudito. Como pode un afirmar que é cidadán do mundo se a súa procedencia é tan difusa que, por dicilo dalgún modo, xa case nin existe? Quen pode fiarse dunha persoa insegura e lábil, que rexeita a propia cultura, renegando da lingua e da tradición? Como saudar a alguén que di que empregou o Estatuto da Galeguidade para limparse no retrete? Evidentemente facendo uso da xenerosidade galega, herdada, no meu caso, das terras do Bolo, onde aprendín que debemos axudar os que non teñen. E, verdadeiramente, estes españolistas que dan tanto noxo, son unicamente pobres, pero de espírito. Convén darlles algo diso.

ROSA ENRÍQUEZ

INFORME A TODOS OS BLOGGERS:
Fotocopiei o Estatuto da Galeguidade de Elos e paseillo a algúns compañeiros. Un deles dixo que o utilizara para limparse o cu no baño. Quedei alucinada ante o profundo desprezo polo país e mala educación. Normalmente teño escoitado topicazos coma o de que os nacionalistas somos uns radicais ou mesmo paletos intolerantes, e xa paso pero isto... Isto foi demasiado para min. Se eu fose de Sevilla, Teruel, Murcia, Castilla la Mancha, Burgos( patria do Cid, icona do universo castelán) non me fiaría deste tipo de xente. Como fíarse de quen non confía nin valora e para nada defende o propio?
Rosa-Valedeorosa, nacionalista, independentista e radical, a moita honra dixit felice porque está ben contenta de ser muller e galega.
Un bico a todos.

14 commentaires:

Unknown a dit…

Non podo senón suscribir todo o que dis. Realmente é pobre rexeitar o que é propio, é como detestarse a un mesmo e refuxiarse nunha identidade allea.

Nuevo Ícaro a dit…

En ocasións, cando as todas ilusións de unha persoa son arrancadas, roubadas, nesa persoa só queda unha profunda dor, e un valeiro moi grande
é un campo baldío e a barbecho no que as raíces do odio se aferran con forza e non deixan medrar nada máis,
¿Por qué renunciar a él? ¿E mellor odiar ou só sentir dolor? Dolor ou odio, as opcións non son moitas.
En canto o uso do idioma, non me recoñezo neste galego estandarizado, de diseño, creado polos academicos e alonxado do pobo,viva o jalejo con seada, que é
o que heredei dos meus pais.
Un saludiño.

Anonyme a dit…

cando a min me chaman paleto ou incluso que as miñas fillas serán de "segunda fila" por falar galego, por declararme nacionalista, eu quedo tranquilo pois non entendo por que se desquician tanto os que así afirman.

paideleo a dit…

A ignorancia é mui atrevida.

Marinha de Allegue a dit…

Coido que é un profundo problema de autoestima non ponher en valor o propio...

Beijos guapa.
:)

Mararía a dit…

Espero que lle escocera ben despois de refregarse o cú. Qué falta de todo!!! Seguro que botou varios cirolos: intolerancia, fascismo, inseguridade, complexos,... e de seguro que se trata dalguén que ten a boca chea de democracia.

Son Unha Xoaniña a dit…

suscribo totalmente o que dís.
Se cadra pódese dicir máis alto, pero non máis claro.
Eu tamén nacionalista, independentista, radical e moi contenta de ser MULLER E GALEGA.
Bicos.

tangaranho a dit…

Os de Galicia Bífida som-che um mal chiste. Pobres mamalons, que quando saim da Galiza tenhem o que merecem. Burlas, desprezo, insultos e descriminaçom, mas nem a paos apreenderám. O fodido é que somos também os galegos conseqüentes os que temos que aturar o que eles sementam polo mundo adiante. O "sambenito" do povo galego incapaz, inferior, sempre atrás, sempre embaixo.

Que saibamos que sem língua nom vamos a parte nengumha, mais que a desapariçom, de facto já Andaluzia é mais naçom que Galiza, e dentro de pouco Aragón e Asturias também o serám. E estes mamalons, seguirám chorando por ser um bairro de Madrid.

A Raíña Vermella a dit…

Non merece a pena darlle importancia a estas cousas. Este tipo de xentiña está en tódalas beiras e en tódalas bandas. O Gato Violeta ensinoume a ter unha actitude zen ante estos rollos: todo me esvara. Unha aperta.

torredebabel a dit…

pois éche verdade que esta xentiña está en todalas beiras, pero non é menos certo que de todos os xeitos da moira rabia e non menos pena atoparse con eses que -como ben dixo Marinha- son uns pobriños coa autoestima polo chan. Eu, pola miña banda, asino no remate do teu post: tamen estou ben contenta "de ser muller e galega".

vermella a dit…

Pero que educadiña é vostede D.Rosa tiña que telo fotocopiado en papel de lixa,en canto a españolistas "intelectuais"que se fodan(sinto),galicia segue a falar galego porque a nsa cultura é máis forte,porque as nosas tradicións están unidas a lingua........
Castelao dicia que unha nación é un agrupamento de homes e mulleres afincados nun mesmo territorio ligados entre sí por un parentesco espiritual que os fai diferentes,que dispoñen de institucións políticas propias ou viven sometidos a un poder alleo.......non necesitamos máis pero non nós conformamos con menos.
A mín tamén insinaronme a ser xenerosa de corazón pero é que teño raíces de Ponteceso e o meu paisano Pondal xa dixo que eran imbeciles e escuros.
Para rematar eu tamén son muller nacionalista galega(que bo slogan para revindicar todo o que nós fai falla..........
Cando empezei a escribir pensaba non alporizarme,nin extenderme pero.............son galega.
bicos.

Raposo a dit…

Para a próxima vez ese gilipollas regálaslle una presada de toxos, a ver se ten collóns de pasalos polo cu.
Apertas.

tangaranho a dit…

imbéciles, escuros, iletrados...e com demasiada sorte de topar com um povo ao que ninguém lhe recorda que o é, que tem que choiar todos os dias a sua auto-estima, e que lhe resulta isto mais complicado do que parece.

nhusko a dit…

Aupa ghaiteira, con dous ovarios!