jeudi, juin 19, 2008

GALEANO: ESPELLOS, UNHA HISTORIA CASE UNIVERSAL



Creo que estou a vivir unha fase galeánica ben intensa. Gústame Galeano: o que di, como o di... Pero, por riba de todo, eu diría que me fascina a razón pola que abre as palabras, para sacarlles de dentro todo o ar e pousalas no papel, nidiamente. Así, nos seus textos, as putas son putas e os negros, negros. Parece que eses espellos retorcen as mentiras tanto, que, finalmente, nos devolven a verdade neles acochada. Ata tal punto importa o asunto do espello que, calquera pode caer na conta de que, de seguir así, por este camiño de baldas amarelas, rematará representando o papel previsto. Si, así é, pois, no cumio desta trufa occidental na que vivimos, están ELES, os desinformantes e manipuladores, os políticos, cun imperio que, segundo eles, "protexe" o planeta. Mais o planeta do que falan é deforme e, amais, non existe, por irreal e incompleto. Na casa planetaria que nos venden faltan todos os que non contan, os que non queremos ver, eses que nos devolven unha imaxe nova de nós mesmos e xa para sempre somos incapaces de autocontemplarnos de tan feos como estamos.
Ás veces, facerse o tont@ moito tempo fai de nós auténticos idiotas egoístas, porque todos os idiotas son egoístas e todos os egoístas idiotas, ou case todos...

" A guerra de Irak naceu da necesidade de correxir o erro que a Xeografía cometeu cando colocou o petróleo de Occidente, baixo a area de Oriente, pero ningunha guerra ten a honestidade de confesar:
-Eu mato para roubar" (fragmento de "Espellos, unha historia case universal" ed. Siglo XXI)

6 commentaires:

Anonyme a dit…

yo mato para robar, en toda su sinceridad la frase es hermosa

beso, valdeorosa

Anonyme a dit…

que grandes palabras.
neno

Silvana a dit…

Ten pinta de ser un libro francamente interesante. Un saudiño.

Marinha de Allegue a dit…

A min tamén me gusta Galeano: as súas palabras, a súa expresión, a súa calidez o seu aplomo, a súa presencia...

Beijossss
:)

A Conxurada a dit…

A min tamén me gusta Galeano precisamente por iso...porqué é directo, porque lle chama ás cousas polo seu nome, e porque escribiu un dos meus libros preferidos...O libro dos abrazos.

vermella a dit…

Eu son adicta a Galeano,agora estou a ler "carta ao señor futuro" e reflexiono ao mesmo tempo que aprendo.....