mercredi, octobre 08, 2008

MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES



Os próximos 18 e 19 de outubro mulleres de máis de 150 países, procedentes dos cinco continentes, reuniranse en Vigo para celebrar o VII Encontro Mundial.Trataranse temas que preocupan e afectan a todas as mulleres coma a violencia e a pobreza. Amais haberá tamén un foro e unha Feira de Soberanía Alimentaria con debates, exposicións, mostra de produtos, obradoiros e música.
Nesta feira denunciaráse a utilización de monocultivos intensivos, os agrotóxicos, a especulación coa produción, transporte e venda de alimentos.
Porque este foro? Porque as mulleres son maioría na elaboración e produción de alimentos mesmo que unicamente posúan un 1% da propiedade da terra.
O domingo 19 realizarase a construción dun milladoiro coas pedras que as distintas delegadas traerán dos seus países. Simbolizarase así a unidade das mulleres e dos camiños na loita contra a violencia e a pobreza.
A manifestación será o domingo 19, polas rúas de Vigo.O lema este:"CAMBIAR A VIDA DAS MULLERES PARA CAMBIAR O MUNDO, CAMBIAR O MUNDO PARA CAMBIAR A VIDA DAS MULLERES".

2 commentaires:

Son Unha Xoaniña a dit…

tes unha invitación no meu blog por si che apetece...
Bicos.

Anonyme a dit…

Aínda queda moito por cambiar. Como di o lema, todo un mundo.
Unha aperta, Rosa.