Weblog de Rosa Enríquez
Para o repouso teño palabras coma esferas, redondas e suaves.
Para a loita, finas poutas de lanza e este bravo corazón infatigábel.
dimanche, novembre 09, 2008
O AUTÉNTICO LOBO FEROZ
Este é o que vemos, o que matamos con saña por consideralo maligno e perigoso para o gando. Matámolo tanto que podería extinguirse. Iso non debería acontecer nunca na Galiza xa que forma parte da nosa cultura e das nosas tradicións. Adega ofrece unha exposición sobre o tema con vocación itinerante que vén de inaugurarse no Ceida, en Oleiros.
Aquí abaixo deixo un vídeo do auténtico lobo feroz que nos domina e devora.
NOTA IMPORTANTE: Un saúdo para Alén dende Valdeorosa, con moito caríño. Alédome de terte visto.
Canta razón tes Rosa, eso si é o verdadeiro lobo feroz e non ese animaliño do que todos fuximos aterrados, ao que tememos e que é tan indefenso coma un canciño abandoado que ta só necesita un pouquiño de cariño pola nosa parte. Estamos a destruír unha preciosa especie e calquera con dous dedos de frente debe comprender o que este simbólico lobo significa para nós. Acabaremos por extinguir a estes lobo por un incomprensible medo. Medo? A que? Acaso vainos comer? Deixemos de pensar en destruír e pensemos no que pouco a pouco nos está destruíndo a nós e polo que non mostramos ningún interese. Espertemos dunha vez e loitemos polo que realmente é necesario. Como ben dixeches na clase; a cantidade non é tan importante, o que realmente inflúe é a forza e a entrega que cada un de nós poñamos para loitar polo que desexamos, non por ser máis e máis fortes poden vencernos, deso nada! Até o final gritaremos que nos están a matar e morreremos poñendo o noso canto no ceo para tentar que nos oian... Un saudiño e uha aperta dun dos teus alumnos de 4º.
3 commentaires:
Este si que é un lobo feroz, arripiouseme o corpo con este vídeo, da auténtico medo.
Canta razón tes Rosa, eso si é o verdadeiro lobo feroz e non ese animaliño do que todos fuximos aterrados, ao que tememos e que é tan indefenso coma un canciño abandoado que ta só necesita un pouquiño de cariño pola nosa parte. Estamos a destruír unha preciosa especie e calquera con dous dedos de frente debe comprender o que este simbólico lobo significa para nós. Acabaremos por extinguir a estes lobo por un incomprensible medo. Medo? A que? Acaso vainos comer?
Deixemos de pensar en destruír e pensemos no que pouco a pouco nos está destruíndo a nós e polo que non mostramos ningún interese. Espertemos dunha vez e loitemos polo que realmente é necesario. Como ben dixeches na clase; a cantidade non é tan importante, o que realmente inflúe é a forza e a entrega que cada un de nós poñamos para loitar polo que desexamos, non por ser máis e máis fortes poden vencernos, deso nada! Até o final gritaremos que nos están a matar e morreremos poñendo o noso canto no ceo para tentar que nos oian...
Un saudiño e uha aperta dun dos teus alumnos de 4º.
":_@L3X_:"
A análise que fai do capitalismo é moi orixinal e acertada. Un saudo!
xOsse dorrío
Enregistrer un commentaire