A vida neste planeta ten dúas caras: a que se ve e a que está acochada para que pensemos nela o xusto, unicamente nese intre no que aparece un anuncio no televisor solicitando axuda.
Daquela, se entramos no outro lado do espello, veremos un mundo en decadencia, unha realidade fea e escura, chea de miseria. Mentres, aquí fálase de crise, de tecnoloxía punta, de nadal...
Será que o Fondo Monetario Internacional ignora todo isto?
É este o mundo do progreso? Será certo iso que din os titáns da economía de que o comunismo é o reparto da pobreza? Ou será que somos igual que os voitres e nos alimentamos grazas á morte duns pobres infelices? O conto vén de vello, sempre houbo ricos e pobres. Por iso, á sociedade piramidal, neoliberal e abafante, interésalle a postura inmobilista conservadora que intenta facermos crer que somos incapaces de vencer o abuso. Dicir que a igualdade social é unha utopía constitúe a falacia máis grande xamais contada.
Se houbese un xuízo, como o final que anuncia a Igrexa, gustaríame ver a cara de todos os poderosos ao escoitar na boca do gran ente divino:
Agora ti vivirás na máis absoluta pobreza o resto da eternidade.
1 commentaire:
Eu propoño unha reflexión que a min me propuxo o meu mestre de 'Retos da política actual'. Si se da unha explotación dos paises subdesenrolados polos países desenrolados, cal debe ser a nosa actitude? Debemos sentirnos culpables? Ou, tal vez, deberíamos sentirnos responsables?
xOsse dorrío
Enregistrer un commentaire