mardi, janvier 06, 2009

O ATAQUE DE ISRAEL CONTRA O POBO PALESTINO

Porque non se entende nin hai explicación posíbel ante un ataque contra inocentes, porque o inmobilismo é unha derrota anunciada, porque non podemos ser cómplices.Por iso toda ferramenta empregada para combatir o abuso será útil e positiva.O boicot aos produtos de Israel, por exemplo, é unha proposta. A lista é grande, a saber:

x. Cosméticos REVLON Mui importante, o director, Ronald Perelman, é um conhecido activista pró-sionista.

x. Imaginarium Vende brinquedos fabricados em Israel.

x. Frutas Carmel (comercializa MERCABARCELONA)

x. TECNOTRON (cabines de foto, carros musicais para crianças, na rua, nas estaçons... 100% do capital é israelita)

x. Nanas (marca de esfregons)

x. Patacas de consumo (variedade MONDIAL, com código de barras 8 423632 102300)

x. Vinho Carmel Mizrachi Wines

x. Abacate "ecológico" (Ecofresh-Carmel)

x. Datis ("Carmel" e "Jordan Plains", vendidos no Corte Inglés)

x. Abacates, os vendidos em El Corte Inglés

x. Água mineral EDEN

x. EL CORTE INGLÉS: Cosméticos, brinquedos, objectos de decoraçom e jóias, fatos de banho, roupa infantil e produtos têxteis para o lar. Em El Corte Inglés vendem produtos de Israel desde 1979.

x. AHAVA. Cremes, sais e loçons que se vendem em El Corte Inglés.

x. Fatos de banho Gideon Oberson e GOTTEX (vendem-se em El Corte Inglés)

x. ROUPA INTERIOR DAS MARCAS: [b] VICTORIA SECRET, WARNACO, GAP, NIKE

x. [b]ROUPA DAS MARCAS: Marks&Spencer, Gap, Kmart, C&A, Nike, Hugo Boss, Polo Ralph Lauren, Sara Lee

x. Epilady (máquinas de depilaçom e massagem)

x. Aparelhos de ar acondicionado JOHNSON, WHITE WESTINGHOUSE, AIRWELL e ELECTRA

x. Livros de texto em inglês para E.S.O e Primária ( Burlington Books)

x. Carros SEAT Grupo Volkswagen (é o principal exportador de carros a Israel)

x. Terra (associada a Babylon, tradutor de internet)



"Neste momento da historia cómpre aceptar que o Estado de Israel nunca tivo intención ningunha de permitir a existencia dun estado palestino a carón das súas fronteiras"(Ver artigo de Alfredo Iglesias Diéguez no Galicia Hoxe)





Estes son os restos, as consecuencias do masacre, a espeluznante visión do abuso

8 commentaires:

Carlos Callón a dit…

Concordo totalmente coa necesidade do boicote aos produtos israelís e ás empresas que negocian con Israel. Agardo que na reunión de mañá para organizar algo a nivel nacional de apoio a Palestina se mire de coordinar o tema.

Ademais, urxe lembrar que o Goberno de Rodríguez Zapatero autoriza a venda de armas a Israel, algo que non fan nin Reino Unido nin Francia nin Alemaña. É unha vergoña que nos implica directamente, como cidadáns dun Estado que vende o armamento para o masacre.

Chousa da Alcandra a dit…

Resulta vergoñento ver como a ONU da, unha vez máis, testemuña da sua absoluta inoperancia. Sobre todo neste tema que tanto ten que ver con ela, precisamente.
E todos os gobernantes (de oriente e de occidente) semella que quedaron sin arrestos para deter esta masacre sin xeito.

rosa enriquez a dit…

Pois penso o mesmo. Convén facer ruído, molestar, provocar a reflexión.O negocio das armas é vergoñento, sobre todo se pensamos que eses cartos poderían estar destinados a países subdesenvolvidos que precisan urxentemente da nosa axuda.
O baticano tamén está metido no tema das armas co seu banco Ambrosiano. Sorprendente porque sempre andan a vender a súa preocupación polo Terceiro Mundo...

Bicos

Eulogio Diéguez Pérez (Logio) a dit…

E Obama...¿que dí Obama?

Marinha de Allegue a dit…

É unha situación durísima, perder tantas vidas diariamente é unha atrocidade.

Unha aperta Rosa.

Eulogio Diéguez Pérez (Logio) a dit…

Hola de novo.
Graciñas pola túa visita ó meu blog.
Unha aperta dende A Rua.

xOsedorrio a dit…

Non sei si os boicots lles afectarán moito, máis ben, parece que xa están afeitos e, tratandose de xudéos, seguro que ata o teñen calculado. Iso sí, postos a boicotear, tampouco deberíamos comparar productos chinos (polas agresións ó pobo tibetano), nin americanos, anglosaxóns, australianos(polas agresións o pobo iraquí),... e así podería seguir todo o día.

Eu aposto polo comercio local, polo comercio xusto. É a mellor forma de non financiar os conflitos cos que as grandes potencias agreden ós pobos indefensos.

Menos carrefour's e máis prazas de abastos!

Unha aperta!

Anonyme a dit…

O pobo xudeo e o vivo reflexo do que con eles fixeron os seos torturadores Nazis. O pobo palestino ten direito a sua patria e o seu estado, iso non se negocia nin con deus.
Pan e terra pra todos