Weblog de Rosa Enríquez Para o repouso teño palabras coma esferas, redondas e suaves. Para a loita, finas poutas de lanza e este bravo corazón infatigábel.
mardi, février 22, 2011
TON MONSTRE
TON MONSTRE
Así é que te desafío.Entro no teu celme-como se for area diversificada nun insólito feixe de luz. Ninguén poderá apedrearme por iso.
Lo imaginas-Antoine?. Podes -sen incomodarte- entregar a prenda prezada -ton tout petit monstre- à cet empire à moi: gazeux et colérique?
Podes -e o farás- porque amas toda esta furia atravesándonos. Sientes sobre ti el peso de mi alma. Eu sinto a túa.
E o monstro encherá de auga os canos-e faremos un fillo: unha explosión eléctrica e memorábel dos abrazos.
Pauline en éxtase: viviendo en tu boca.
(Poema de "DESOBEDIENCIA")
Inscription à :
Publier les commentaires (Atom)
3 commentaires:
Lendo o teu derradeiro artigo, deime conta de que hai máis persoas que pensan coma min ante certa parte da realidade social que nos toca vivir; de feito, síntome bastante identificado co teu particular xeito de ve-la vida en xeral, ese que expresa dende o sentimento dunha poeta ante a vivencia deses pequenos sucesos que chegan a formar parte de ambientes que gozan de aparente normalidade, pero enfermiza nalgúns ámbitos; é unha especie de sistema sumido na histeria colectiva, nos prexuizos de crase, na burocratización das relacións sociais e laborais e, por último, nos estereotipos patriarcais herdados da influencia xudeo-cristiá que, dende o catolicismo, se infilitrou en gran parte da conciencia colectiva.
Dicía Manuel Azaña que o mellor xeito de gardar un segredo no noso país era o de escribir un libro; os teus sentimentos se expresan con claridade, nitidez, pero tamén coa firmeza necesaria ante ese vacío de irracionalidade que disfraza a parte tráxica da vida e impide o noso desenrolo persoal baseado no reencontro ca nosa esencia verdadeira; o mellor xeito de denunciar a antedita situación é a de deixar fluir as verbas a través da tinta dunha POETA...
Unha aperta dende a terra da chispa.
Era pra comentarche que non publique-lo meu comentario anterior. Hoxe, cando lía o teu derradeioro artigo publicado na Rexión, conseguiches emocionarme.
Sempre te leo.
Unha aperta,
Alberto
Desculpa, Alberto, mais pareceume moi interesante o teu primeiro comentario e non puiden resistir publicalo. Manuel Azaña dixo ben. Concordo. Unha aperta, Alberto! Obrigada por deixar aquí o teu punto de vista. Agardemos agora que exista aire que respirar fóra de Nevermore... Necesitámolo.
Enregistrer un commentaire