jeudi, janvier 18, 2007

ESA PORTA CARA A INMENSIDADE


O anfibio mirou no espello cun riso acosado de dentes finos como agullas e verqueu unhas gotas de esencia de lama noxenta polo pescozo. Estaba incandescentemente fermoso¡ Si. Tiña que pór ese xesto de ledicia para derrubar as vontades alleas e facer das Caperuchiñas auténticas cobras do deserto. Asor II de Zeuquirne era a única que lle facía fronte pero xa a arrastraría cara ao profundo averno, detrás do espello...
O espello era o obxecto preferido do anfibio. A través del podía atravesar a maré de lixivias e coller a orixe, o gran punto negro de mediocridade do que abrollaba todo iso que retorcía no bandullo como un animal enfermo. De súpeto algo sucedeu, algo que o anfibio xamáis vira no seu espello : unha porta enorme aberta cara ás aforas, cara a un mundo de raro descoñecemento cunha gran luz brillando... Alí esta Asor, a deliberante, a máis fermosa das D-I-S-T-I-N-T-A-S, a gran marabilla feita ideas en expansión, como unha nebulosa que medra e medra.
..........................................................................................................................................................
Asor virou a cabeza e comprendeu que algo estraño pasaba. Alguén a observaba e o Gran Unicelular tridiversificou a súa presencia. Entón non o dudou, interrompeu a meditación e colleu a Gran L na man disposta a pelexar. Asor creu que era O XIGANTE que viña por ela, pero nada diso sucedeu. No canto de ver ao XIGANTE, atopou ao anfibio no outro lado do seu espello dando voltas coma un tolo. Parecía que ía estoupar. Entón berrou: Que fas nos meus pensamentos retorcendo a dor?. O animal viscoso e mentireiro non foi quen de contestar. Realmente a maldade non ten moita explicación.

2 commentaires:

Anonyme a dit…

Ola Rosa! Que tal te atoas? que tal defin de semana? eu por fin fun de fin de semana a Coruña a ver á miña sobriña! está como unha cabra! e é tan cariñosa! este capítulo como sempre chamoume a atención. tes razón, a maldade non ten explicación, bueno habería que remontarse a séculos atrás para explicala. Entre portas e espellos, hai tantas barreiras que nos separan, incluso de nós mesmos!
Mándoche un besazo de humana boa.
Yoli :-) moralla

Anonyme a dit…

"Asor a deliberante", "A máis fermosa das D-I-S-T-I-N-T-A-S..."
paréceme a min que Asor é unha loitadora, que á gañar tódalas batallas. Contra o anfibio, contra o xigante... e a cada batalla á se facer máis forte.
Conquerirá que a súa estirpe, a de Zeuquirne acade o lugar que lle corresponde.
Porqueela ten a "luz", e a súa "Luz" iluminaralle a inmensidade.

Rifo I de Zeuquirne.