mardi, janvier 02, 2007

FOS, O CAN DE ASOR

A RELACIÓN
Fos é un can precioso. Asor mercouno nunha tenda de animais hai un ano e medio e agora vive vencellada ao cuzo coma unha nena pequena. É tan amistoso que cando ve que Asor entra pola porta salta de contento. Está toliño de todo. É marabilloso que un ser vivo celebre así a túa chegada. Así a recibía o XIGANTE cada vez que Asor se presentaba ante el. Porén á lealdade no xénero humán e á sinceiridade dos afectos quédalle moito para estar a altura do que lle quere o can a Asor. Ás veces xorde unha especie de campo invisíbel que os conecta aos dous e xa con tocarse son felices.
A DENUNCIA
Por todo isto Asor levou un disgusto enorme ao saber cun home matou dun machadazo ao seu pastor alemán. Como pode alguén facer iso pregúntase todo o tempo... Ninguén ten resposta para explicar esa brutalidade. HOMO HOMINI LUPUS?dixo espantada,pois se somos coma lobos cos conxéneres, canto máis non o seremos cos seres que consideramos inferiores.
A CARTA
Non me chegou aínda a resposta de Asor á carta que lle enviei.

2 commentaires:

OSIÁN a dit…

A uneca explicacion sería que son mentes enfermas que deberían estar a tratamento. Pero deseguido poden aparecer veciños que din que é unha persona maravillosa, nese caso soio cabe que sexa un individuo malvado e cobarde amparado por outrOS que tampouco son de fiar.
Que texto tan fermoso. Noraboa

Moralla a dit…

PRECIOSA: creo que o problema xa o teño solucionado, se les esta mensaxe, claro. Mándoche un fermoso bico damizade, a semana que vén quedamos novamente na nosa cita semanal, vale?
Un abrazo, bailarina de emocións
Yoli :-)